Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Bacharelato

Rosalía de Castro: Biografía, Feminismo e Obra

Lingua e literatura2,64 KB

Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela en 1837, filla ilexítima dunha fidalga. A súa primeira novela publicouse en 1880 en castelán, e o seu derradeiro libro foi *El primer loco*. *Follas novas* publicouse tamén en 1880. Morreu en Padrón en xullo de 1885 con 48 anos.

A figura de Rosalía

  • Figura representativa e universal da literatura galega.
  • Muller culta que falaba francés e lía filosofía.
  • Tiña un carácter rexo cunha clara vontade de ser escritora.
  • Foi precursora e rompía os moldes literarios, idiomáticos, ideolóxicos e temáticos dominantes.
  • Feminista, anticapitalista, nacionalista progresista, etc.

Era unha figura singular e participou na posta en marcha dun sistema literario galego autónomo usando unha lingua marxinada....

Seguir lendo "Rosalía de Castro: Biografía, Feminismo e Obra" »

A Poesía de Celso Emilio Ferreiro: Rexistros e Obras Clave

Lingua e literatura2,71 KB

A Poesía de Celso Emilio Ferreiro

Como consecuencia da Guerra Civil desaparece case por completo a promoción literaria da fala. El, vinculado á fundación Emilio Soto e á UPG, no 1966 emigra a Venezuela.

Rexistros da súa obra poética

A súa obra poética ten tres grandes rexistros:

  • Poesía Intimista

    Ten como temas fundamentais: recordos da infancia, o paso do tempo, a saudade e o amor. Destacan obras como O Soño Sulagado e Onde o Mundo se Chama Celanova.

  • Poesía Sarcástica

    Vinculada á poesía social-realista. Son sobre todo ataques persoais contra persoas e asociacións. Destacan Cantigas de Escarnio e Maldicer e O Paco Pixiñas.

  • Poesía Social

    Entronca coa poesía de Cabanillas, social, etc. Iníciase a partir da publicación de Longa Noite

...
Seguir lendo "A Poesía de Celso Emilio Ferreiro: Rexistros e Obras Clave" »

Recursos Literarios: Guía Completa e Definicións

Lingua e literatura2,84 KB

Recursos Literarios: Guía Completa

A

Acróstico: Recurso que consiste na formación dun vocábulo ou dunha frase coas letras iniciais, medias ou finais dos versos.

Aférese: Suspensión dun ou varios sons ó principio dunha palabra.

Alegoría: Todo un texto que presenta un sentido global figurado xunto ao sentido que aparece directamente.

Aliteración: Repetición de fonemas ou sílabas en palabras próximas.

Anacoluto: Construción gramatical onde a segunda parte non liga sintacticamente coa primeira; inconsecuencia gramatical.

Anadiplose: Repetición dun ou varios elementos finais dun verso ou dun grupo sintáctico ao comezo do seguinte.

Anáfora: Repetición dun ou máis elementos ao comezo de varios versos ou grupos sintácticos.

Animalización:...

Seguir lendo "Recursos Literarios: Guía Completa e Definicións" »

Normalización Lingüística do Galego: Situación Actual e Perspectivas

Lingua e literatura3,8 KB

Situación Actual do Proceso de Normalización Lingüística do Galego

O proceso de normalización consiste en aplicar un conxunto de medidas oficiais para suprimir os prexuízos iniciais contra a lingua minorizada e que esta poida ser utilizada de novo en calquera situación cotiá.

No caso do galego, este proceso normalizador iniciouse ao final da Ditadura, co recoñecemento legal na Constitución de 1978 e no Estatuto de Autonomía de 1981, mediante diferentes actuacións lexislativas como a aprobación do Decreto de bilingüismo ou o Plan Xeral de Normalización Lingüística. Aínda así, a situación deste idioma na actualidade segue a ser irregular por varios motivos: o primeiro é que, a nivel legal, o galego ten todo o recoñecemento...

Seguir lendo "Normalización Lingüística do Galego: Situación Actual e Perspectivas" »

Estereotipos e prexuízos sobre o galego

Lingua e literatura4 KB

Repercusión dos estereotipos nos usos do galego

A maior parte dos galegos son bilingües, isto quere dicir que no noso territorio conviven á vez dúas linguas. Por diferenzas sociais, unha destas linguas sofre un desprestixio fronte á outra e pasa a ser usada só en ámbitos informais, quedando así como lingua minorizada. Neste caso, é o galego o prexudicado.

Diglosia e prexuízos lingüísticos

Este prexuízo comeza cunha repartición desigual no uso das linguas nos distintos contextos, coñecida como diglosia, de modo que os falantes rexeitan un idioma por determinados prexuízos negativos que este carrexa. No caso do galego, estes prexuízos levan á creación de estereotipos que provocan no pobo un autoodio e un rexeitamento cara á súa...

Seguir lendo "Estereotipos e prexuízos sobre o galego" »

Labor cultural do exilio galego na posguerra

Lingua e literatura2,43 KB

Labor cultural dos exiliados galegos

Co golpe de estado do 36 comezou a represión sistemática do galego, co medo como factor de dominación. Algúns optaron pola fuxida por Portugal e outros pola resistencia armada. O exilio mantivo a chama da cultura galega, que non se puido manter pola represión franquista. Destacan iniciativas como:
  • Organización de conferencias, recitais, exposicións, certames...
  • Fundación de editoriais que reeditan os clásicos e publican obras dos exiliados.
  • Programas de radio.
  • Edición de revistas e xornais.
  • Constitución de grupos musicais e compañías de teatro.

Poesía no exilio

Recibiu o maior número de achegas, nas temáticas de denuncia social, desafogo do drama vivido e emigración.

Luís Seoane

Fardel do exiliado:
...
Seguir lendo "Labor cultural do exilio galego na posguerra" »

Influencia celta e evolución do galego: desde a fonética medieval á moderna

Lingua e literatura2,99 KB

Influencia do substrato celta na fonética do galego

Crese que foi un factor determinante na simplificación das consoantes dobres latinas -LL- e -NN- en posición intervocálica, así como na sonorización das consoantes oclusivas xordas intervocálicas. A evolución do grupo -CT- a -it- tampouco é exclusivo do galego.

Outras evolucións fonéticas características do paso do latín vulgar ao galego

Favoreceu que na lingua falada nesta zona (Gallaecia) se manifestasen tendencias evolutivas particulares, como a desaparición do -L- e -N- intervocálicos ou o resultado palatal africano ch dos grupos iniciais PL-, KL-, FL-. O galego tamén mantivo sen ditongar as vogais tónicas breves de grao medio latinas que o castelán ditongou.

Características

...
Seguir lendo "Influencia celta e evolución do galego: desde a fonética medieval á moderna" »

Esplendor e Decadencia do Galego na Idade Media

Lingua e literatura3,97 KB

O Esplendor Medieval (séculos IX-XIII)

A lingua galega, dende o seu nacemento no século IX ata a actualidade, viuse obrigada a compartir espazos con outras linguas, primeiro co propio latín e despois co castelán. Na primeira parte da Idade Media (IX-XII), o latín era a lingua de prestixio: a lingua da Administración e a Igrexa, e a única que se empregaba na escrita. Nos ámbitos familiares e coloquiais, todo o mundo falaba xa o romance. Nesta época, polo tanto, atopamos unha situación de bilingüismo social na que o latín era a lingua alta e o galego-portugués a lingua baixa. Esta distribución lingüística de funcións recibe o nome de diglosia.

No século XIII, o galego comeza a disputarlle ao latín as funcións nobres, converténdose...

Seguir lendo "Esplendor e Decadencia do Galego na Idade Media" »

Irmandades da Fala e Xeración Nós: Prosa Galega Moderna

Lingua e literatura4,46 KB

As Irmandades da Fala procuraron crear os medios e canles de difusión necesarios para desenvolver aqueles xéneros literarios (narrativa, ensaio, teatro...) que no Rexurdimento do século anterior non lograran poñerse á altura da lírica. A prosa galega experimentou uns avances notables na época das Irmandades da Fala, pois foron obxectivos básicos destas crear editoras, conformar unha masa lectora cada vez máis ampla e fomentar o cultivo deses xéneros, abríndoos ao mesmo tempo ás tendencias estéticas máis modernas. Así, debemos ao seu labor:

  1. A aparición do ensaio como medio de difusión da ideoloxía nacionalista.
  2. O desenvolvemento da prensa en galego. Entre os periódicos máis representativos cómpre destacar A Nosa Terra, que
...
Seguir lendo "Irmandades da Fala e Xeración Nós: Prosa Galega Moderna" »

O Galego no Primeiro terzo do Século XX: Unha Recuperación Incompleta

Lingua e literatura2,52 KB

O Galego no Primeiro Terzo do Século XX

A Cova Céltiga e o Rexurdimento

Un dos centros máis activos do galeguismo de finais do século XIX e comezos do XX foi a Cova Céltiga, creadora da Revista Gallega. Centraron as súas actividades no problema agrario, sendo Acción Galega a organización máis importante do movemento agrarista. En 1916, un grupo de galeguistas fundou a primeira Irmandade da Fala. Os seus obxectivos eran a exaltación e fomento do idioma. Demandaban a galeguización da sociedade e levaban a cabo proxectos normalizadores.

O Grupo Nós e a Modernización da Prosa

O Grupo Nós foi o creador da moderna prosa literaria en lingua galega. Foron protagonistas da universalización da cultura e lingua galegas.

A Fundación do Partido

...
Seguir lendo "O Galego no Primeiro terzo do Século XX: Unha Recuperación Incompleta" »