Linguas en Galicia: Conflito, Lexislación e Sociedade
Funcións Sociais da Lingua
A función básica da lingua é ser o vehículo de comunicación entre os membros dunha sociedade. Existen máis funcións:
- Función de identidade: É aquela que realiza a lingua en cada individuo.
- Familiar: É a que desempeña dentro da familia.
- Laboral: É a que se desenvolve no mundo do traballo.
- Local, institucional, cultural, internacional.
O Conflito Lingüístico
É a tensión que se produce entre dúas linguas no interior dun territorio. Unha situación de conflito ten dúas saídas antagónicas:
A Substitución Lingüística
Este proceso ten tres fases:
- Implantación dunha lingua foránea nun territorio con lingua propia.
- Bilingüismo social ou uso diglósico da lingua propia e foránea, tendo esta segunda os usos máis importantes.
- Abandono total do uso da lingua propia e completa asimilación á lingua de fóra.
Normalización Lingüística
Recuperación de usos e funcións sociais para unha lingua que está nunha situación de subordinación.
Bilingüismo e Diglosia
Distinguimos dous tipos:
Individual
É a capacidade dun individuo para desenvolverse en dúas linguas, a súa propia e outra distinta. O bilingüismo individual constitúe o grao mínimo do poliglotismo.
Social ou Diglosia
Prodúcese cando dentro dunha unidade territorial existen individuos que empregan dous idiomas: un propio e outro diferente. Esta alternancia idiomática preséntase sempre desequilibrada a favor dunha das linguas. Esta situación chámase diglosia.
Lexislación Lingüística
Ante unha situación de conflito lingüístico, os estados adoptan distintas estratexias legais para intervir nel. A lexislación lingüística sobre o galego deriva da Constitución Española, do Estatuto de Autonomía e da Lei de Normalización Lingüística.
Sociedades Multilingües, Individuos Plurilingües
Os individuos plurilingües son aqueles que coñecen e teñen a capacidade de empregar diferentes idiomas ademais do propio. As sociedades multilingües son aquelas nas que existen comunidades lingüísticas diferentes á autóctona; este fenómeno prodúcese por mor das migracións masivas.
Factores Psicosociais
Estereotipos
Son categorizacións que nos permiten simplificar o mundo que nos rodea para facilitar o proceso de comprensión. Os estereotipos non son negativos, resultan de grande axuda para comprender a sociedade que nos rodea. Os problemas xorden cando se realiza un mal uso deles. Estes casos de mal uso dos estereotipos denomínanse prexuízos.
Prexuízos
Valoracións baseadas en ideas erradas ou realizadas con descoñecemento do asunto que se xulga e teñen como consecuencias negativas.
A Evolución dos Prexuízos
Prexuízos Vellos
Galego = Incultura = Rural = Atraso
Castelán = Cultura = Urbano = Progreso
Novos Prexuízos
- Cara ao proceso de recuperación das linguas minorizadas.
- Cara aos galegofalantes que se adaptan mal ao perfil social tradicional.
- Sobre a propia competencia do falante para empregar o galego.