Pronomes e texto dialogado: unha análise completa
Pronomes persoais átonos: colocación
Posicións dos pronomes átonos
- En oracións negativas ou introducidas por adverbios, pronomes ou conxuncións con este valor.
- Con pronomes interrogativos ou exclamativos.
- En oracións desiderativas e subordinadas.
- Con algúns pronomes indefinidos "cada", "certo".
- Cando se tematiza unha unidade que normalmente non introduce a oración ou se lle dá énfase ao suxeito.
- Con infinitivos e xerundios, o xeral é a énclise.
- Con perífrases verbais que teñen infinitivo ou xerundio como segundo elemento, o pronome sitúase despois do auxiliar.
O texto dialogado
É o modo de relación social espontáneo máis común. Consiste na creación dun texto por medio de dous ou máis interlocutores.
Características lingüísticas e formais
- Organízase no tempo seguindo a estrutura de réplicas.
- Textos efémeros.
- Textos abertos, sen unha elaboración final nin conclusa.
Características a nivel lingüístico
- Importancia da linguaxe non verbal.
- Continuas referencias ao contexto extralingüístico, en relación co marco espazo-temporal.
- Predominio da 1ª e 2ª persoas gramaticais, referidas ao emisor e receptor.
- Emprego das tres modalidades oracionais.
- Importante uso de interxeccións, pronomes interrogativos e exclamativos.
Tipos de texto dialogado
Conversa
É o diálogo informal e espontáneo entre dúas ou máis persoas (apertura - preparación e orientación - tema - conclusión - peche).
Entrevista
Diálogo no que o entrevistador pretende acadar información do entrevistado.
Enquisa
Preténdese obter unha serie de datos sobre un tema concreto preguntándolle a varios interlocutores representativos dun sector social por idade, sexo, estudos...
Mesa redonda
Un grupo de persoas mostra a súa opinión sobre un tema ante un auditorio.
Debate
Un grupo de interlocutores discute ante un auditorio un tema sobre o cal presentan ideas diverxentes.
Rolda de prensa
Presentación dun personaxe ante os medios de comunicación para que lle fagan preguntas e expoñer o seu posicionamento.
Interrogatorio
O interrogador realízalle preguntas ao interrogado coa finalidade de esclarecer ou comprender uns feitos.