A Nova Narrativa Galega: Características e Autores Clave
A Nova Narrativa Galega
Escribe cunha prosa áxil e a lingua é a propia das zonas de Lugo onde transcorren as historias. Utiliza un galego vivo, cheo de vulgarismos, castelanismos, etc.
Xosé Neira Vilas, estuda Comercio e marcha emigrado a Buenos Aires. Participa nas “Mocidades Galeguistas” e funda a editorial Follas Novas coa súa muller. Transládanse a Cuba e anos despois volve a Galicia. A aportación do autor á literatura galega foron libros e novelas que poden dividirse en historias que transcorren en Galicia ou en América, ou en historias nas que o protagonista é infantil ou adulto. As súas obras caracterízanse pola presenza do mundo rural galego de posguerra e a opresión. Trata temas como a emigración, a explotación, a incomprensión… As súas obras máis coñecidas son Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho.
Introdución
Na década dos sesenta diversifícase o galeguismo coa aparición do “Consello da Mocidade” e a “Unión do Pobo Galego”. Os anos setenta tamén son os anos finais da ditadura con loitas obreiras.
Economicamente, era unha época de crecemento na que aumenta a emigración. Coa morte de Franco e a elaboración da Constitución iníciase o nacionalismo galego e a etapa parlamentaria. Comeza un período de ruptura co período anterior e na poesía móstrase un lirismo máis sinxelo e maduro.
Na segunda metade da década dos cincuenta unha nova xeración intenta incorporar á literatura galega renovacións da literatura universal, chamados “Nova Narrativa Galega”. Algunhas características comúns son o europeísmo, estilo preciso, falta de valores afectivos, etc. Presentan unha visión realista da nosa sociedade, escapando do sentimentalismo. Retrata os conflitos humanos a través de recursos temáticos como personaxes anónimos e marxinais, violentos e frustrados e a narración desenvólvese en cidades inexistentes e absurdas. Tamén a través de recursos formais como o monólogo interior e a pluralidade das voces narrativas e o narrador “ollo cinematográfico”.