Explorando a Nova Narrativa Galega: Autores e Obras Clave
A Nova Narrativa Galega: Características, Autores e Obras Representativas
Na década dos 50 comeza a recuperación da literatura galega. Xorde un grupo de mozos que incorporan á narrativa galega novas técnicas relatoras, igual que fixera o Grupo Nós. Son os integrantes da Nova Narrativa Galega. Nela, procúrase elaborar unha novela sen tema, non hai heroe, nin historia nin anécdota. Características:
- Desaparición da trama argumental, mestura do mundo real-ficticio e o onírico.
- Ruptura da liña na narración, úsanse técnicas de montaxe cinematográfica para alterar a orde dos acontecementos.
- Perda da unidade do suxeito narrativo, emprego do monólogo interior e técnica epistolar, espazos urbanos.
- Concepción obxectalista evitando o concepto tradicional de personaxe coherente.
- Reiteración das situacións violentas, agresividade nas relacións humanas.
Gonzalo R. Mourullo
A súa obra caracterízase pola superposición de planos e a introspección do subconsciente. O simbolismo, o subxectivismo e o discurso metaliterarios configuran outros trazos no seu labor. Nace un árbore, Memorias de Tains.
X. L. Méndez Ferrín
Caracterízase pola mestura da realidade-ficción, experimentalismo e presenza de espazos pechados. Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas, Arrabaldo do norte, Retorno a Tagen Ata, Elipsis e outras sombras, Antón e os inocentes, Crónicas de nós, Amor de Artur, Arnoia, Arnoia, Bretaña Esmeraldina, Arraianos, No ventre do silencio.
Carlos Casares
Caracterízase polo monólogo, narrador protagonista e por estar a medio camiño entre o realismo e o experimentalismo. Vento ferido, Cambio en tres, Xoguetes para un tempo prohibido, Os escuros soños de Clio, Os mortos daquel verán, Ilustrísima, Deus sentado nun sillón azul, O sol do verán.
Camilo Gonsar
Caracterízase polo discurso ambiguo, realismo obxectalista e personaxes inadaptados ao medio. Lonxe de nós e dentro, Como calquera outro día, Cara Times Square, A Desfeita, Arredor do non, Noite de aurora.
Outros autores cuxas primeiras obras poden encadrarse no espazo da NNG:
María Xosé Queizán
Directora da revista feminista "Festa da palabra". A orella no buraco, Amantia, O segredo da pedra figueira, O solpor da cupletista, A muller en Galiza, A muller galega no ensino.
Lois Diéguez
A torre de Babel, O tempo sen saída, Artusa, Viaxe ás terras encantadas de Lemos, O ferro dos días, Ónfalos.
Xohán Casal
Un dos creadores da "Asociación de Artistas Ceibes". O camiño de abaixo.