Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Bacharelato

A Dramaturxia Galega no Primeiro Terzo do Século XX

Lingua e literatura2,89 KB

Teatro Galego (1900-1936): Irmandades, Vangardas e Grupo Nós

A principios do século XX atopamos unha modernización da economía e o esmorecemento da sociedade agraria anterior. Malia os avances, a emigración continuou, sobre todo cara a América.

Contexto e Xéneros

A dramaturxia da época sitúase entre o teatro costumista e histórico do século XIX e o teatro nacionalista das Irmandades. Para o seu asentamento foron esenciais os coros populares (como Cantigas da Terra). Neste xénero destacan tres grandes movementos:

  • As Irmandades da Fala
  • O Grupo Nós
  • As Vangardas

As Irmandades da Fala

Nas Irmandades da Fala acolléronse novos temas e formas:

  • Temas: Episodios singulares da nosa historia e reivindicación social (a través da emigración).
  • Formas:
...
Seguir lendo "A Dramaturxia Galega no Primeiro Terzo do Século XX" »

A Recuperación Cultural e o Nacionalismo Galego (1950-1970)

Lingua e literatura3,41 KB

A recuperación cultural da década de 1950: Editorial Galaxia

Nesta década, o réxime ditatorial consolidouse grazas aos pactos de Franco con EUA. Este feito supuxo unha inxección económica. Neste contexto, apareceron intentos de recuperar o labor cultural e literario interrompido bruscamente pola guerra.

No ano 1950 morreu Castelao, o máximo referente da acción política nacionalista no exilio. Os antigos membros do Partido Galeguista, disolto nese mesmo ano, orientaron o labor nacionalista en Galicia cara a posicións exclusivamente culturalistas, afastadas da loita política. Neste contexto, o 25 de xullo de 1950 xorde a Editorial Galaxia como núcleo deste traballo cultural.

Arredor do chamado «Grupo Galaxia» reuniuse unha serie de...

Seguir lendo "A Recuperación Cultural e o Nacionalismo Galego (1950-1970)" »

Propiedades Textuais e Movementos de Vangarda na Literatura Galega

Lingua e literatura3,04 KB

Propiedades Textuais Fundamentais

As propiedades textuais son requisitos que debe cumprir un texto para ser considerado unha unidade comunicativa eficaz:

  • A Adecuación

    É a propiedade que ten que ver coa observación en que se produce o texto. O emisor debe ter en conta a quen (receptor) dirixe o texto e en que circunstancias (lugar, tempo, contexto social) para que este cumpra a intención para a que foi feito. Se o texto é adecuado, o receptor entenderá a mensaxe e minimízase a posibilidade de que sexa mal interpretado.

  • A Corrección

    Ten que ver co respecto ás normas ortográficas e aos correctos usos morfolóxicos e sintácticos da lingua.

  • A Coherencia

    É unha propiedade fundamental, pois dota ao texto de unidade, orde e lóxica. Permite que

...
Seguir lendo "Propiedades Textuais e Movementos de Vangarda na Literatura Galega" »

Teoría Ecolóxica de Bronfenbrenner: Análise do Desenvolvemento Humano

Lingua e literatura2,6 KB

4 A Teoría Ecolóxica de U. Bronfenbrenner

Urie Bronfenbrenner formulou a teoría chamada ecoloxía do desenvolvemento. Esta teoría pon a énfase na análise dos entornos ou contextos nos que se produce o desenvolvemento do ser humano e nas relacións que se xeran entre eles como determinantes de dito desenvolvemento. O desenvolvemento do ser humano vese afectado polas relacións que se producen nos diferentes contextos nos que participa, dende os entornos máis inmediatos ata os máis amplos. Estes contextos van variando e modificándose ao longo da vida da persoa. Bronfenbrenner concibe os contextos como estruturas concéntricas, incluídas unha dentro de outra. Estas estruturas nas que ten lugar o desenvolvemento do ser humano son:

Microsistema

O...

Seguir lendo "Teoría Ecolóxica de Bronfenbrenner: Análise do Desenvolvemento Humano" »

A Normalización Lingüística do Galego: Conflito e Situación Actual

Lingua e literatura2,73 KB

Diversidade Lingüística e Contexto Político Global

Actualmente existen no mundo unhas seis ou sete mil linguas. Esta gran diversidade lingüística correspóndese tamén cunha gran variedade de situacións nas que se poden atopar as linguas desde o punto de vista político:

  • Linguas con estado e linguas sen estado (as que representan de forma oficial e legal e as propias de territorios que non teñen dependencia política).
  • Linguas oficiais en máis dun estado.
  • Estados unilingües.
  • Estados plurilingües.

Diferenzas Conceptuais: Linguas Minoritarias vs. Minorizadas

As linguas hexemónicas gozan dun prestixio social. É fundamental distinguir entre dous conceptos clave:

  • Linguas minoritarias: Aquelas que no territorio de seu teñen un número realmente
...
Seguir lendo "A Normalización Lingüística do Galego: Conflito e Situación Actual" »

Os Movimentos de Vanguardia en Galicia

Lingua e literatura3,7 KB

OS MOVEMENTOS DE VANGARDA

Características, autores e obras

  • Nados arredor de 1900
  • Xeración seguinte á das Irmandades da Fala e do Grupo Nós.
  • Renovación das letras galegas.
  • Coñecidos co nome de Novecentistas, Vangardistas ou Xeración do 25.
  • Relacionados cos membros da Xeración Nós.
  • Tiveron un papel decisivo na formación do PG (Partido Galeguista).
  • Os poetas vangardistas danse a coñecer en revistas como "Alfar" ou "Cristal".

5 ISMOS GALEGOS:

Neotrobadorismo

  • Iniciador: Fermín Bouza Brey (iniciou a escola neotrobadoresca).
  • Cultivador: Álvaro Cunqueiro:
    • "Cantiga nova que se chama Riveira"
    • "A dona do corpo delgado"
  • Caracterízase por unha perfección formal, con procedementos estilísticos propios da lírica dos cancioneiros (paralelismo, refrán, leixaprén)
...
Seguir lendo "Os Movimentos de Vanguardia en Galicia" »

Narrativa Medieval: Obras e Autores

Lingua e literatura2,86 KB

Século XIII: Prosa Didáctica e *As mil e unha noites*

Un pouco apartado destes presupostos está o Roman de la Rose, unha alegoría sobre o amor cos presupostos do amor cortés, aínda que con algunhas diferenzas: a moza non está casada. As primeiras obras de prosa narrativa danse no século XIII en forma de prosa didáctica. Presenta dúas modalidades: a prosa doutrinal, que instrúe mediante máximas e proverbios, e o apólogo, que presenta a súa ensinanza a través do exemplo dun conto ou unha fábula. O ton deste tipo de narracións é serio, teñen unha estrutura moi formalizada (presentación das personaxes e o conflito, corpo do relato e moralexa). A colección de apólogos medievais máis importante é a do español Don Juan Manuel:...

Seguir lendo "Narrativa Medieval: Obras e Autores" »

Grandes Autores do Grupo Nós: Literatura Galega do Século XX

Lingua e literatura3,59 KB

Ramón Otero Pedrayo: Traxectoria e Obra

A traxectoria de Ramón Otero Pedrayo foi similar á de Risco ata pouco antes da Guerra Civil. Impulsou a creación da Editorial Galaxia, constituíndo un símbolo de resistencia da nosa cultura ante o franquismo.

A súa obra narrativa divídese en dous tipos:

  • Narracións realistas: Ofrecen unha visión obxectiva da vida rural galega do século XIX. Destacan Os camiños da vida, a súa novela máis ambiciosa, e Contos do Camiño e da rúa, que inclúe sete relatos sobre a decadencia da fidalguía.
  • Narracións culturalistas: Caracterízanse pola exposición de ideas e referencias culturais. Neste eido, sobresae Arredor de si, onde se retrata a conversión dos homes do Grupo Nós ao galeguismo.

Nas súas novelas,...

Seguir lendo "Grandes Autores do Grupo Nós: Literatura Galega do Século XX" »

Irmandades da Fala: Poesía e Nacionalismo Galego

Lingua e literatura3,95 KB

A Poesía das Irmandades da Fala

1. Introdución Xeral

No período de Nós, que abrangue dende 1900 ata 1936, consolídase a lingua, coa creación da Real Academia Galega (RAG) en 1906, impulsada por Curros Enríquez e Murguía; a nación, coas Irmandades da Fala en 1916; e a literatura, coa consolidación dun sistema literario, ademais de diversas iniciativas e editoriais.

Existen tres textos de referencia deste período:

  • Dos nosos tempos, de Cuevillas.
  • "Nós" os inadaptados, de Risco.
  • Arredor de si, de Otero Pedrayo.

En canto ao contexto histórico, sitúanse a Revolución Bolxevique e a II República Española. Ademais, o inicio do século XX está marcado por importantes transformacións económicas e sociais, como a abolición do sistema foral...

Seguir lendo "Irmandades da Fala: Poesía e Nacionalismo Galego" »

Vida e obra de Rosalía de Castro: unha análise da súa traxectoria literaria

Lingua e literatura2,77 KB

Rosalía de Castro: Unha vida marcada pola literatura

Infancia e mocidade

Rosalía de Castro naceu froito dunha relación ilexítima. O seu pai estudaba para sacerdote e os seus pais non estaban casados. Foi acollida por unha tía paterna en Padrón, onde entrou en contacto co mundo popular e coa lingua galega, algo fundamental na súa obra.

Aos trece anos, a súa nai recoñécea e van vivir a Santiago de Compostela. Alí, Rosalía estuda na Sociedade Económica de Amigos do País, unha institución da Ilustración que promovía a cultura. Tamén acude ao Liceo da Xuventude, un centro cultural frecuentado pola primeira xeración de intelectuais galegos. Sábese que Rosalía participou activamente neste lugar, onde coñeceu a Eduardo Pondal e a...

Seguir lendo "Vida e obra de Rosalía de Castro: unha análise da súa traxectoria literaria" »