Cultura Galega: Exilio, Nova Narrativa e Estandarización
O Traballo Cultural do Exilio Galego
Entre os exiliados, figuras como Luis Seoane, Eduardo Blanco Amor, Emilio Pita, etcétera, puxeron en marcha diversas iniciativas para manter viva a cultura galega:
- Edición de revistas culturais e literarias.
- Creación de canles para a publicación de libros galegos.
- Consolidación dun teatro galego, coa fundación do Teatro Popular Galego.
- Creación de textos orixinais por parte de autores como Eduardo Blanco Amor e Rafael Dieste.
Realizouse un extenso labor de divulgación da cultura galega entre a colectividade emigrante. En México, houbo outro foco importante de vida cultural no exilio. Alí creáronse revistas como Saudade, Loita e Vieiros, dirixidas por Luis Soto. Tamén en Londres, creouse un programa...