A Normalización Lingüística do Galego: Conflito e Situación Actual

Lingua e literatura2,73 KB

Diversidade Lingüística e Contexto Político Global

Actualmente existen no mundo unhas seis ou sete mil linguas. Esta gran diversidade lingüística correspóndese tamén cunha gran variedade de situacións nas que se poden atopar as linguas desde o punto de vista político:

  • Linguas con estado e linguas sen estado (as que representan de forma oficial e legal e as propias de territorios que non teñen dependencia política).
  • Linguas oficiais en máis dun estado.
  • Estados unilingües.
  • Estados plurilingües.

Diferenzas Conceptuais: Linguas Minoritarias vs. Minorizadas

As linguas hexemónicas gozan dun prestixio social. É fundamental distinguir entre dous conceptos clave:

  • Linguas minoritarias: Aquelas que no territorio de seu teñen un número realmente reducido de falantes (exemplo: o aragonés).
  • Linguas minorizadas: Aquelas variedades lingüísticas de pequena extensión pero claramente maioritarias no seu territorio propio.

O galego, un idioma que nunca perdeu a súa condición de lingua maioritaria no seu territorio, padeceu durante séculos unha marxinación, que o converteu en lingua minorizada.

O Conflito Lingüístico e as Súas Saídas

Un conflito lingüístico que se produce pola primacía social entre un idioma hexemónico e unha lingua minorizada soamente coñece dúas saídas posibles:

  1. A substitución lingüística.
  2. A normalización lingüística (establecemento de medidas políticas, legais, sociais, etc.).

O Proceso de Normalización Lingüística do Galego

Denominamos normalización lingüística o proceso de adquisición por parte do galego de funcións e ámbitos de uso e a recuperación daqueles que lle foron usurpados polo castelán.

Normalizar o galego significa recuperar a presenza en todo tipo de ocasións e actividades da vida social e cultural. O novo marco político deseñado a partir da Constitución de 1978 e do Estatuto de Autonomía de Galicia provocaron importantes avances.

O galego chega ao século XXI con presenza en todos os ámbitos e emprego real en todas as funcións da sociedade que constitúe o seu espazo cultural natural. Pero o proceso de normalización lingüística non está rematado, xa que existen actitudes que seguen a considerar o galego como unha lingua máis axeitada para falar cos amigos e familiares. Segundo os datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia, a porcentaxe dos que falan galego decrece drasticamente conforme diminúe a idade das persoas.

Descargar

PDF Word HTML