Teoría Ecolóxica de Bronfenbrenner: Análise do Desenvolvemento Humano
4 A Teoría Ecolóxica de U. Bronfenbrenner
Urie Bronfenbrenner formulou a teoría chamada ecoloxía do desenvolvemento. Esta teoría pon a énfase na análise dos entornos ou contextos nos que se produce o desenvolvemento do ser humano e nas relacións que se xeran entre eles como determinantes de dito desenvolvemento. O desenvolvemento do ser humano vese afectado polas relacións que se producen nos diferentes contextos nos que participa, dende os entornos máis inmediatos ata os máis amplos. Estes contextos van variando e modificándose ao longo da vida da persoa. Bronfenbrenner concibe os contextos como estruturas concéntricas, incluídas unha dentro de outra. Estas estruturas nas que ten lugar o desenvolvemento do ser humano son:
Microsistema
O microsistema é o contexto inmediato do desenvolvemento e caracterízase porque nel prodúcense relacións interpersoais directas (relacións cara a cara). A persoa asume un determinado rol no microsistema e existen uns patróns de actividade (hai actividades que se espera que se dean no microsistema e outras que non). Para un neno/a, tanto a familia como a escola son contextos nos que se producen relacións significativas e son exemplos de microsistema.
Mesosistema
O mesosistema é un sistema de microsistemas, é dicir, para poder falar de mesosistema os contextos correspondentes deben constituír microsistemas para as persoas. Exemplo: relación entre traballo e familia, escola e familia.
Exosistema
A persoa non participa de forma directa nos exosistemas, pero todo o que ten lugar neles inflúe no que ocorre no resto de contextos do desenvolvemento. O impacto do que se produce nestes contextos non afecta de forma directa á persoa, son contextos inmediatos e a súa influencia é evidente. Exemplo: situación laboral do pai ou nai.
Macrosistema
Trátase do contexto máis global e é o que se encontra na capa máis externa, exercendo a súa influencia sobre todos os demais sistemas de desenvolvemento. Inclúe aspectos relacionados coa cultura, ideoloxía e crenzas predominantes, que determinan que diferentes contextos sexan similares e que se poida falar dunha certa coherencia entre eles. Exemplo: o propio país. É importante destacar que o desenvolvemento se ve favorecido cando as relacións entre contextos diferentes son bidireccionais, xa que así foméntase a confianza mutua e o consenso en canto ás expectativas e aos obxectivos. Pénsese nos microsistemas familia e escola infantil, é evidente que unha boa relación entre ambos favorece o desenvolvemento do neno/a.