A Dramaturxia Galega no Primeiro Terzo do Século XX

Lingua e literatura2,89 KB

Teatro Galego (1900-1936): Irmandades, Vangardas e Grupo Nós

A principios do século XX atopamos unha modernización da economía e o esmorecemento da sociedade agraria anterior. Malia os avances, a emigración continuou, sobre todo cara a América.

Contexto e Xéneros

A dramaturxia da época sitúase entre o teatro costumista e histórico do século XIX e o teatro nacionalista das Irmandades. Para o seu asentamento foron esenciais os coros populares (como Cantigas da Terra). Neste xénero destacan tres grandes movementos:

  • As Irmandades da Fala
  • O Grupo Nós
  • As Vangardas

As Irmandades da Fala

Nas Irmandades da Fala acolléronse novos temas e formas:

  • Temas: Episodios singulares da nosa historia e reivindicación social (a través da emigración).
  • Formas: Teatro cómico e teatro infantil.

Destacan dous autores fundamentais: Manuel Lugrís Freire e Ramón Cabanillas.

Manuel Lugrís Freire

Cofundador da RAG e das Irmandades, Lugrís Freire apostou polo teatro social ou de tese con afán didáctico. Escribiu a primeira peza teatral en prosa do noso teatro, A ponte, de forte carga reivindicativa contra o caciquismo.

Ramón Cabanillas

Cabanillas é autor de dúas obras principais:

  • A man de Santiña: Intento de comedia burguesa, onde os personaxes aparecen psicoloxicamente ben caracterizados.
  • O mariscal: Traxedia histórica en verso centrada en Pedro Pardo de Cela, símbolo da oposición a Castela.

As Vangardas

No marco das Vangardas débese mencionar a Rafael Dieste, autor de A fiestra valdeira, unha comedia centrada no retrato de don Miguel. A aceptación e o rexeitamento do cadro representan as dúas posturas da identidade galega: asumila ou rexeitala.

O Grupo Nós: Espectáculo Total

O Grupo Nós caracterízase por incluír elementos poéticos e simbólicos e por incorporar tendencias europeas, considerando o teatro como un espectáculo total. Salientan Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Castelao.

Vicente Risco

Risco é autor de O bufón de El-Rei, onde un bufón é o protagonista. A través del cuestiónase a relación entre deformidade física e moral.

Ramón Otero Pedrayo

O teatro de Otero Pedrayo ten un carácter experimental e novidoso. A súa primeira peza é A lagarada, co subtítulo de Farsada tráxica para ler, debido á súa dificultade de representación.

Castelao

A única peza teatral de Castelao, Os vellos non deben namorarse, estrouse no exilio do autor en Bos Aires. A obra contén tres versións do vello namorado dunha rapaza nova. A súa posta en escena é moi expresionista, xa que foi, segundo Castelao, «imaxinada por un pintor e non por un literato».

Descargar

PDF Word HTML