Propiedades Textuais e Movementos de Vangarda na Literatura Galega

Lingua e literatura3,04 KB

Propiedades Textuais Fundamentais

As propiedades textuais son requisitos que debe cumprir un texto para ser considerado unha unidade comunicativa eficaz:

  • A Adecuación

    É a propiedade que ten que ver coa observación en que se produce o texto. O emisor debe ter en conta a quen (receptor) dirixe o texto e en que circunstancias (lugar, tempo, contexto social) para que este cumpra a intención para a que foi feito. Se o texto é adecuado, o receptor entenderá a mensaxe e minimízase a posibilidade de que sexa mal interpretado.

  • A Corrección

    Ten que ver co respecto ás normas ortográficas e aos correctos usos morfolóxicos e sintácticos da lingua.

  • A Coherencia

    É unha propiedade fundamental, pois dota ao texto de unidade, orde e lóxica. Permite que percibamos un texto como unha unidade e que o comprendamos.

  • A Cohesión

    Ligada á coherencia, permite que a unidade e sentido lóxico sexan posibles a través de mecanismos gramaticais e semánticos.

  • A Isotopía

    É a repetición de conceptos que axudan a crear un núcleo informativo xeral que fai posible que se perciba no texto un tema unitario. A isotopía ten que ver coa coherencia do texto pero tamén coa cohesión.

Tipos de Vangardas Galegas

A vangarda galega divídese en dous grandes grupos:

Vangarda Plena (Creacionismo)

Caracterízase por unha poesía novidosa, como é o caso do Creacionismo de Manuel Antonio. Este ismo baséase na creación dunha nova realidade por medio da xustaposición de imaxes ou na utilización de imaxes insólitas ata ese momento.

O principal representante é Manuel Antonio, con obras como o manifesto ¡Máis Alá! (1922) e o Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribiu (1924).

Vangarda Moderada

Inclúe o Hilozoísmo e o Neotrobadorismo.

O Hilozoísmo

Representado por Amado Carballo e Euxenio Montes, foi un movemento máis seguido. Baséase na combinación de recursos metafóricos propios das vangardas coas formas tradicionais da nosa poesía. O recurso máis utilizado é a personificación ou animación dos elementos da natureza, xunto coas sinestesias.

Autores destacados:

  • Luis Amado Carballo (Proel, 1927, e O Galo, 1928)
  • Roberto Blanco Torres
  • Euxenio Montes, entre outros.

O Neotrobadorismo

Foi unha corrente que empezou en 1933 co poemario Nao Senlleira de Fermín Bouza Brey, co gallo da descuberta da poesía medieval e da súa difusión en 1928. Remata en 1953 co Cancioneiro de Monfero de Xosé María Álvarez Blázquez.

Características e autores:

  • Recupera procedementos estilísticos propios das cantigas medievais (paralelismo ou leixaprén).
  • Utiliza léxico propio da cantiga de amigo e a voz lírica feminina.
  • Outros autores: Álvaro Cunqueiro, Xoán Vicente Viqueira e Fermín Bouza Brey.

Descargar

PDF Word HTML