Os Movimentos de Vanguardia en Galicia

Lingua e literatura3,7 KB

OS MOVEMENTOS DE VANGARDA

Características, autores e obras

  • Nados arredor de 1900
  • Xeración seguinte á das Irmandades da Fala e do Grupo Nós.
  • Renovación das letras galegas.
  • Coñecidos co nome de Novecentistas, Vangardistas ou Xeración do 25.
  • Relacionados cos membros da Xeración Nós.
  • Tiveron un papel decisivo na formación do PG (Partido Galeguista).
  • Os poetas vangardistas danse a coñecer en revistas como "Alfar" ou "Cristal".

5 ISMOS GALEGOS:

Neotrobadorismo

  • Iniciador: Fermín Bouza Brey (iniciou a escola neotrobadoresca).
  • Cultivador: Álvaro Cunqueiro:
    • "Cantiga nova que se chama Riveira"
    • "A dona do corpo delgado"
  • Caracterízase por unha perfección formal, con procedementos estilísticos propios da lírica dos cancioneiros (paralelismo, refrán, leixaprén).
  • Xosé María Álvarez Blázquez púxolle fin coa publicación do seu "Cancioneiro de Monfero"

Hilozoísmo

  • Incide na personalización da paisaxe, presenta unha métrica sinxela baseada nas formas populares
  • Fundador: Luís Amado Carballo
    • "Proel"
    • "O galo"
  • Outros autores: Blanco Amor
    • "Romances galegos" (preguerra)
    • "Poema en catro tempos" (posguerra)
    • "Cancioneiro" (posguerra)

Creacionismo

  • Creador: Vicente Huidobro
  • A imaxe como recurso case exclusivo; o poeta pretende crear unha realidade autónoma
  • Maniféstase na obra de Manuel Antonio.
    • Procurou a orixinalidade e universalidade escribindo en galego
    • "De catro a catro"
      • Pasou bastante inadvertida para a crítica contemporánea
      • Características:
        • Sen apenas referencias explícitas en Galicia
        • De difícil lectura e escura interpretación
        • Tendencia á abstracción
        • Afastada das estructuras rítmicas tradicionais
        • Sistema de imaxes poéticas
        • Modelo culto de lingua supradialectal
        • Léxico de termos da navegación
      • Consta de 19 poemas
        • En 4 fala do mar desta terra, os demais xa vistos desde o mar
        • Concibida como o diario dunha travesía
        • No centro da temática creacionista está o mar, e a soidade do poeta
  • Manifesto "¡Mais Alá!"
    • Arremete contra os vellos da poesía: os novos en idade quedaron ancorados nunha poética do pasado.
    • Ataca os escritores que sendo galegos escriben en castelán.
    • É un manifesto político

Surrealismo ou superrealismo

  • Creador: Álvaro Cunqueiro
    • "Poemas do si e non"
    • "Mar ao norde"
  • Seguidor: Luís Pimentel
    • "Barco sen luces" no que destaca o surrealismo humanista

Neovirxilianismo

  • Visión poética da paisaxe da cal tenta captar os seus matices fuxitivos: luces, flores, orballo.
  • Admírase a natureza, que se nos ofrece núa, case sempre privada de presenza humana ou de conflitos anímicos.
  • Toman como modelo a Noriega Varela
  • Crecente Vega
  • Aquilino Iglesias
    • "Señardá" (vangardistas)
    • "Corazón ao vento"
    • "Cómaros verdes"
  • Días Castro
    • "Nimbos"

Conclusión

Manuel Antonio é o máximo representante das nosas vangardas. Non creou escola, sen embargo, novas xeracións tomárono como modelo.

Descargar

PDF Word HTML