O panorama narrativo galego das últimas décadas
O panorama narrativo das últimas décadas
O exercicio da narrativa en galego nas últimas décadas xorde da man do proceso de democratización das institucións, da consecución dun status de oficialidade para a lingua e do seu posterior proceso de normalización en todos os ámbitos de uso.
A narrativa posfranquista (1975-1979)
Neste lustro desenvólvese o processo de adaptación da narrativa à nova situação social e cultural. Conviven autores consolidados como Álvaro Cunqueiro ou Eduardo Blanco Amor, obras editadas na diáspora e o experimentalismo da Nova Narrativa Galega que comezara nos anos sessenta. É unha etapa de ensaio, na que se tratan contidos como a evocación das memorias infantís, fanse esforzos por construír unha novela galega popular ou de «quiosco» e téntase renovar o xénero temática e formalmente. É un período no que predomina a denominada «novela de iniciación» na que un adulto tenta recuperar o paraíso perdido da nenez.
Autores destacados
- Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931)
- Paco Martín (Lugo, 1940)
A narrativa dos oitenta
Neste decenio téntase a consolidación do xénero e a experimentación e ampliación das súas fronteiras. A maior parte das novelas deste período xiran arredor dos certames literarios; nos primeiros anos da década optan a eles persoeiros nacidos na posguerra que narran desde diferentes enfoques, pero sempre cunha visión crítica da realidade e desde a perspectiva da retrospección reivindicativa. A este conxunto de autores déuselles en chamar a Promoción dos premios.