Cantigas de amigo na poesía galego-portuguesa
Cantigas de amigo
Tratan sobre a ausencia do namorado. A amiga lamentase a un confidente. Danse unhas situacións:
Lamentos e loas
Lamentase pola ausencia do amigo. A amiga loa a súa propia fermosura. Tenta remover os obstáculos. Fai propósito de reunirse co namorado. Canta as alegrias do amor.
Subxéneros temáticos
Mariñas ou barcarolas
Composicións de ambientación mariña, con referencias ao mar e río.
Cantigas de romaría
Caracterizadas pola referencia a santuarios ou ermidas.
Bailadas
Cantigas con referencia á danza.
Albas
Composicións de orixe provenzal sobre a despedida dos namorados ao romper o día.
Personaxes
Amiga
Caracterizada pola inxenuidade e pulsión erótica.
Amigo
Mostra actitudes diversas, desde distante a traidor.
Irmás e amigas
Confidentes ou rivais amorosas.
Nai
Figura clave que censura e aconsella contra o amigo.
Natureza nas cantigas
A natureza ten diferentes funcións: referencial, personificada e simbólica.