Historia da Lingua Galega: Séculos XVI-XVIII
Introdución
Reis Católicos (finais s. XV – principios XVI): centralismo e uniformidade político-administrativa. En Galicia o castelán pasa a ser a lingua oficial e de cultura. O galego continúa a ser usado pola maioría da poboación, mais nun rexistro coloquial.
Durante os séculos XVI, XVII e XVIII o castelán esténdese polas clases sociais dominantes que, malia ser minoritarias, teñen moito poder e capacidade de impoñer gustos e modas (tamén a nivel de lingua). No século XIX as clases máis acomodadas das cidades e das vilas están castelanizadas. As clases humildes continúan a falar un galego, pero un galego moi castelanizado.
Séculos XVI e XVII
Mentres outras linguas romances son obxecto de estudo e aparecen as primeiras gramáticas, a galega redúcese ó uso oral e popular. As linguas romances adquiren prestixio e carácter culto, coincidindo coa capacidade de difusión que permitiu a invención da imprenta. Nesta época en Galicia tan só se imprimían libros en latín e en castelán. A Igrexa, responsable da cultura e da educación naquela altura, foi un importante instrumento castelanizador, tal e como denunciarían o Padre Feijóo e o Padre Sarmiento xa no s. XVIII.
Século XVIII
No século XVIII hai un pequeno cambio na consideración do galego grazas en grande medida ó papel dos ilustrados (segunda metade do século). Neste momento tómase conciencia da situación de bilingüismo diglósico que existe en Galicia e comézase a facer por superala. Estes ilustrados procuran unha mellora na educación e na cultura da poboación. Propoñen introducir o galego na educación e na doutrina católica, incluso propoñen a obrigatoriedade de coñecer esta lingua por parte do funcionariado galego. Emprenden tamén os primeiros estudos etimolóxicos e lexicográficos. O galego convértese en obxecto de preocupación lingüística e ideolóxica, servindo como caldo de cultivo do Rexurdimento.
Ilustrados destacados:
- Padre Sarmiento
- Padre Sobreira
- Padre Feijóo
- Cernadas de Castro (o cura de Fruíme)
Características do galego medio
- Vulgarización e castelanización.