Normalización do galego: un proceso necesario

Lingua e literatura3,77 KB

O galego lingua e vías de normalización

Actualmente existen no mundo unhas seis ou sete mil linguas, aínda que só están censadas catro ou cinco mil. O número é difícil de precisar, porque hai zonas do planeta pouco estudadas e porque non sempre está claro que se considera lingua. Esta gran diversidade lingüística correspóndese tamén cunha gran variedade de situacións nas que se poden atopar as diferentes linguas desde o punto de vista político e xeográfico.

Linguas hexemónicas e minorizadas

A realidade é que hai unhas linguas dominantes, as hexemónicas, que son as que gozan dun gran prestixio social, determinado pola existencia dun poder político-económico que as potencia. Cantas máis funcións cumpra unha lingua, maior prestixio social acada. Destas, o inglés é hoxe a lingua hexemónica por excelencia, xa que é a que maior prestixio social posúe actualmente no mundo e tamén a que se emprega en moitos países de gran potencial económico.

Outras linguas, polo contrario, encádranse no grupo das ameazadas, as linguas minorizadas, que son aquelas que, sendo historicamente propias dun pobo, están sometidas a condicións sociais tales que ven restrinxidas as súas funcións de uso. A competencia desigual con unha ou varias linguas alleas de maior prestixio constitúe o factor básico desencadeante desta situación.

Lingua minorizada vs. lingua minoritaria

Neste caso, a lingua minorizada mantense entre a poboación rural e nas clases máis baixas, mentres que os habitantes das cidades ou as clases altas adoptan antes a lingua dominante. Así, a lingua autóctona pasa a ter escaso prestixio, fronte á lingua dominante, asociada á promoción social é á cultura dos estamentos dirixentes, de aí que as linguas minorizadas sexan linguas sen estado (hai algunha excepción como o gaélico irlandés ou o luxemburgués).

Normalización lingüística

A normalización lingüística é o proceso tendente a converter unha lingua no vehículo normal de comunicación dunha comunidade; significa, pois, a recuperación do estatus de 'lingua normal', isto é, que o seu uso oral e escrito sexa natural e espontáneo en todas as situacións que se poden producir na vida pública e privada dos habitantes dun país, e que o recurso a outra lingua só sexa voluntario e non por obriga.

Intervención social na normalización

Para levar a cabo o proceso de normalización cómpre a intervención dos diferentes sectores sociais:

  • A acción institucional do poder político (Xunta de Galicia, Parlamento Autonómico, deputacións provinciais, administracións locais, etc.)
  • A acción colectiva non institucional (asociacións culturais, de veciños, profesionais ...)
  • A acción individual asentada na vontade de normalización das persoas que forman a comunidade lingüística.

Sen esta vontade individual, o processo nunca se poderá levar a cabo. Cada un de nós ten que facer algo polo seu idioma e non esperar a que outros o fagan por el. Que pode facer un individuo pola lingua propia de súa comunidade?: USALA.

Hoxe podemos dicir que nos últimos anos houbo avances importantes que benefician o proceso de normalización do noso idioma: o galego goza dun recoñecemento oficial e dispón dunha lexislación propia; aumentou o seu uso nos diferentes niveis da Administración, nas institucións públicas, na actividade política, nos medios de comunicación, na igrexa, no mundo da cultura, é materia obrigatoria no ensino... Porén, en todos estes ámbitos maniféstase unha preferencia polo castelán e a práctica do galego segue a ser minoritaria. Ademais, segue retrocedendo como primeira lingua, sobre todo entre a mocidade, debido.

Descargar

PDF Word HTML