A Poesía Galega na Posguerra: Xeracións e Autores (1936-1975)

Lingua e literatura3,12 KB

A poesía galega na posguerra (1936-1975)

Na posguerra, o silencio literario imposto polo franquismo impediu a publicación de calquera obra escrita en galego. Ata que, en 1947, Aquilino Iglesia Alvariño publicou Cómaros verdes. Máis tarde, en 1950, fundouse a Editorial Galaxia, un fito histórico para recuperar a cultura galega desde o propio país. Nesta época de férrea censura, os autores cultivaron o paisaxismo, o intimismo e outras correntes de preguerra como o imaxinismo e o neotrobadorismo.

A falta de publicacións nos anos seguintes á guerra tivo como consecuencia que, na década dos 50, coincidisen case simultaneamente tres grupos xeracionais distintos:

A Xeración do 36

Está constituída por poetas que naceron entre 1910 e 1920. Formáronse na República e viviron a guerra, motivo que está sempre presente na súa poesía. Son escritores entre a preguerra e a posguerra: a través deles transmitiuse o legado da Xeración Nós. Cultivaron tendencias poéticas de preguerra como o imaxinismo, o neotrobadorismo e o paisaxismo.

Autores da Xeración do 36:

  • Aquilino Iglesia Alvariño: Cómaros verdes, o primeiro libro publicado en galego despois da guerra.
  • Celso Emilio Ferreiro: A súa obra máis importante foi O soño sulagado.

A Promoción de Enlace

Está formada por poetas nacidos entre 1920 e 1930. A súa poesía é un reflexo tráxico do home que sobrevive resignado nun ambiente sen esperanza, nun país pechado sobre si mesmo, nunha autarquía económica e belixerante ante todo o estranxeiro.

Autores da Promoción de Enlace:

  • Manuel Cuña Novás: A súa obra clave é Fabulario novo. Os poemas desta obra céntranse na anguria existencial, expresada a través do medo.

A Xeración das Festas Minervais

Está constituída por poetas nacidos na década dos 30. Reciben esta denominación por se daren a coñecer nas Festas Minervais celebradas en Santiago para a promoción de novos valores. Os poetas desta xeración son maioritariamente universitarios, viaxaron por Europa e entraron en contacto con outras correntes literarias e de pensamento.

Autores da Xeración das Festas Minervais:

  • Manuel María: Os seus traballos máis representativos da primeira etapa son: Muiñeiro de Brétemas, Morrendo a cada intre e Advento.
  • Uxío Novoneyra: É o poeta dese Courel natal, das paisaxes e das terras altas de Lugo, ás que dedicará obras como Os eidos, Elexías do Courel e Os eidos 2. Trátase dunha poesía que destaca pola expresión breve. A súa poesía reflicte o seu compromiso coa realidade social de Galicia.
  • Xosé Luís Méndez Ferrín: Fundador do grupo Brais Pinto. Publicou Voce na néboa. En 1976 viu a luz Con pólvora e magnolias, que supuxo a fin da poesía socialrealista. Esta obra pecha definitivamente o período de posguerra na poesía galega.

Descargar

PDF Word HTML