Rosalía de Castro: figura literaria e compromiso social

Lingua e literatura4,13 KB

Rosalía de Castro

Figura

Rosalía é a figura máis importante, representativa e universal da Literatura Galega xa que era unha muller culta e con criterios propios. Rosalía foi precursora e pioneira do pensamento social e político de plena actualidade: feminismo, anticapitalismo, nacionalismo progresista. Poren a súa obra é traducida e ten moita atención.

Sobre ela teceuse unha imaxe distorsionada, presentada como unha chorona ou santiña que escribía o que lle mandaba o marido.

Tivo sempre enormes dificultades para publicar debido a súa condición de muller e a súa condición económica. Como exemplo Follas novas que se publicou seis anos máis tarde, e grazas ós inmigrantes galegos de Cuba.

A Rosalía agrupouse no romanticismo erroneamente polos seguintes motivos:

  • Non ten actitude escapista, identifica a realidade tal e como é
  • Destácase a súa denuncia social
  • Ton de sinceridade dos seus versos
  • Distinta forma de tratar os temas románticos como a morte e o suicidio

Compromiso social

O compromiso de Rosalía como escritora plásmase nestes aspectos:

  • Defensa da cultura e do idioma galegos, da nosa maneira de ser colectiva fronte a visión de atraso e ignorancia de Galicia
  • Defensa dos valores sociais e morais do pobo galego
  • Identificación cos problemas das clases populares galegas
  • Denuncias das inxustizas e abusos cometidos contra Galicia e cos galegos
  • Reivindicación dos dereitos da muller

Feminismo

Durante o debate entre os sectores que postulaban o dereito a muller, Rosalía escribe mentres que o 93% de mulleres eran analfabetas. O pensamento feminista de Rosalía está presente en toda a súa obra. En La hija del mar protesta contra a vulgar idea de que a muller só serve para os labores domésticos. En Las literatas. Cartas a Eduarda denuncia a incomprensión e o rexeitamento ás mulleres intelectuais

Obra literaria

Cantares gallegos. Primeiro libro publicado en galego que consta de 36 poemas vinculados cunha cantiga popular. Teñen como protagonista á propia Rosalía pero nalgúns cede a voz a outras personaxes. Os personaxes compoñen unha imaxe da Galicia da época.

Os 36 poemas van precedidos por un prólogo en galego, a autora pide desculpas polo posíbeis defectos do seu libro. Ten como obxectivo:

  • Reivindicar a validez e capacidade do noso idioma
  • Denuncia o maltrato que padece o noso país
  • Combater a falsa e negativa imaxe de Galicia que se tiña nesa época

Temática:

  • Prólogo e o Epílogo poéticos que serven de introdución e despedida
  • Poemas de temática folclórico-etnográfica grupo de poemas máis numerosos no que reflicte a idiosincracia do pobo galego
  • Poemas de temática social. Tratan a situación de penuria en que viven os galegos nese tempo. Denuncia social do drama da emigración.
  • Poemas de temática intimista. Vivencias e sentimentos persoais, como saudade, lembranza

Follas novas

Obra que consta dun prólogo en prosa e 137 poemas clasificados en cinco apartados.

Clasificou o libro en dous apartados:

  • Solitaria. 20 poemas, no que se reflexiona sobre a escrita feminina e sobre os trazos e contidos da súa própria obra. Tamén manifesta o seu estado anímico. No prólogo a cualificar os sei poemas como enxendros da miña tristura. No segundo libro con 36 poemas exterioriza as súas particulares reflexións filosóficas
  • Solidaria. Divídese en ``Da Terra´´ e ``As viúvas de vivos e mortos´´.

No primeiro, hai unha plena identificación co pobo galego. Atópanse personaxes e escenas populares e denuncia a discriminación da explotación da muller.

No segundo céntrase no fenómeno da emigración e nas causas que o provoca. Faino dende a solidariedade cás mulleres condenadas a vivir en soidade valéndose por si mesmas.

Descargar

PDF Word HTML