Poesía Galega de Posguerra (1936-1976): Autores e Obras
Poesía Galega entre 1936 e 1976
A poesía galega sufriu unha gran paralización despois da Guerra Civil. A primeira obra poética publicada relevante foi Cómaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño.
En 1950 fundouse a Editorial Galaxia. Esta editorial, aínda que se dedicou máis á narrativa e ao ensaio, tamén publicou importantes obras poéticas como Antifonía da cantiga de Ramón Cabanillas.
Principais tendencias da poesía de posguerra
As principais tendencias desta poesía, onde se produciron numerosos cambios sociais e culturais, foron:
- Tendencias herdadas da preguerra: imaxinismo ou hilozoísmo, neotrobadorismo e ruralismo.
- Paisaxismo renovador: céntrase na paisaxe dun sitio diferente.
- Clasicismo e culturalismo: integra referencias doutras culturas (destaca Ricardo Carvalho Calero).
- Intimismo e Escola da Tebra: destacan Luís Pimentel e Xosé Luís Méndez Ferrín respectivamente.
- Realismo social: iníciase coa poesía dos exiliados como Luís Seoane.
1. Xeración do 36
1.1 Aquilino Iglesia Alvariño (Lugo, 1909)
Obras poéticas destacadas: Señardá e Cómaros verdes (libro heteroxéneo que emprega as principais correntes da poesía de posguerra).
1.2 Xosé María Díaz Castro (Lugo, 1914)
Obra principal: Nimbos (onde domina unha poesía trascendental).
1.3 Celso Emilio Ferreiro (Ourense, 1912)
Escribiu poesía de denuncia e cívica na posguerra. Obras poéticas: Longa noite de pedra (libro capital para entender a poesía de posguerra) e Viaxe ao país dos ananos (que parte dunha experiencia persoal).
2. Promoción de Enlace
Os poetas desta xeración son considerados como epígonos da Xeración de 1936.
2.1 Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922)
A súa poética é basicamente intimista. Destaca a súa obra O paxaro na boca.
2.2 Manuel Cuña Novás
Un dos iniciadores da chamada Escola da Tebra.
3. Xeración das Festas Minervais
Algúns autores desta xeración integraron o grupo Brais Pinto, formado en 1958 por mozos galegos.
3.1 Uxío Novoneyra (Courel, Lugo, 1930)
A súa poesía érguese como un canto telúrico nun marco natural grandioso que resalta a insignificancia do home. Obras: Os eidos e Poemas caligráficos.
3.2 Xosé Luís Méndez Ferrín
Fundou o grupo Brais Pinto en 1957. Obras: Voce na néboa (poesía existencialista e angustiada) e Con pólvora e magnolios.
3.3 Manuel María (Outeiro de Rei, 1929)
Foi un dos autores máis prolíficos. Destaca a súa obra Terra Chá.
3.4 Xohana Torres (Santiago de Compostela, 1931)
Autora de obras como Tempo de ría.
3.5 Antón Avilés de Taramancos
Obras destacadas: Cantos caucanos e As torres no ar.