A Literatura Galega na Postguerra: Xeracións e Autores
A literatura galega na postguerra
Como consecuencia da Guerra Civil, desaparece case por completo a produción literaria en galego. Só continúa no exilio, onde poetas como Luis Seoane ou Emilio Pita fan poesía crítica e de compromiso. En Galicia hai unha tímida recuperación en 1947 coa publicación de “Cómaros verdes” e, dous anos despois, coa creación da editorial Galaxia.
Esta situación provoca que vexan a luz obras de tres xeracións diferentes:
- Xeración do 36: Poetas nacidos entre 1910 e 1920. A guerra cólleos na súa xuventude e son de culturas e estilos moi diferentes. Destacan: Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro...
- Nacidos entre 1920 e 1930: Viven o drama da posguerra e a pobreza cultural dunha sociedade censurada. Destacan: Luz Pozo Garza, Manuel Cuña Novás...
- Poetas das Festas Minervais: Nacidos entre 1930 e 1940. Non coñecen a Guerra Civil, pero existe unha conciencia de grupo e comparten afinidades ideolóxicas, creando as organizacións nacionalistas de esquerdas. Destacan: Uxío Novoneyra, Manuel María e Méndez Ferrín.
Novas correntes poéticas
Irán aparecendo formas novas como o intimismo. A forma poética máis característica será a Escola da Tebra, que é unha poesía intimista pero pesimista da vida. A finais dos anos 50 xorde o realismo coloquial, que domina ata os anos 70 cunha linguaxe de rúa.
Autores destacados
Celso Emilio Ferreiro
Cultivou tres tipos de poesía:
- Intimista: Influenciada polo existencialismo, mostra un presente pesimista. Dentro desta poesía escribiu poemas amorosos para a súa muller cheos de optimismo: “O soño sulagado” e “Onde o mundo se chama Celanova”.
- Satírica: Moi crítica e corrosiva.
- Social realista: Cunha linguaxe moi coloquial, con temas como a guerra e as súas consecuencias, a emigración e a explotación dos traballadores. Destaca “Longa noite de pedra”.
Manuel Cuña Novás
Representante da Escola da Tebra, a súa obra “Fabulario novo” reflicte un sentimento de angustia e desesperación.
Uxío Novoneyra
Poesía paisaxística e persoal: o ser humano é mínimo ante a inmensidade cósmica. Destaca “Os eidos”.
Xosé Luis Méndez Ferrín
Ao principio está unido á Escola da Tebra e destaca “Voce na néboa”. Porén, o seu libro máis importante é “Con pólvora e magnolias”, onde aporta novos temas e unha nova linguaxe poética. Combina a poesía revolucionaria con poesía intimista (amor, morte, lembranza do pasado...) cun ton nostálxico. Coa morte de Franco, esta obra marca o cambio dado por un autor metido de cheo na política.