Normalización e normativización do galego
As linguas, ademais de seren instrumentos de comunicación, desempeñan outras funcións máis específicas. Manuel Portas estableceu sete funcións: internacional, cultural, institucional, local, laboral, familiar e individual. A coexistencia de dúas ou máis linguas nunha mesma sociedade terá como consecuencia a competencia entre elas por acadar o máximo número de funcións posibles. Cantas menos funcións posúa, máis risco ten de desaparecer. Con frecuencia, para referirse a esta convivencia das linguas nunha sociedade tense usado o termo bilingüismo. Pero, neste punto, é necesario distinguir entre bilingüismo social e individual. Xa que no bilingüismo social a aparición doutra lingua non serve para enriquecer ao falante, senón...