Rosalía de Castro: Obras e Legado Literario

Lingua e literatura3,04 KB

Obras en galego: Cantares gallegos

Cantares gallegos é o primeiro libro en galego. Estrutúrase cunha dedicatoria a Fernán Caballero e defínese como un libro folclórico e dignificador de Galicia. Consta de 36 poemas precedidos dun prólogo, no que a autora pide perdón polas faltas do libro. Ten un triplo obxectivo:

  • Reivindicar a capacidade do galego para o verso.
  • Denunciar o maltrato e a marxinación de Galicia.
  • Combater a falsa e negativa imaxe que tiña Galiza nesa época.

Os catro grupos de Cantares gallegos

  1. O prólogo e o epílogo: son a introdución e a despedida.
  2. Poemas folclórico-etnográficos: describen aspectos da vida en Galicia.
  3. Poemas de temática social e patriótica: tratan a situación de penuria e marxinación, con denuncia social do drama da emigración e ideoloxía galeguista.
  4. Poemas de temática intimista: nos que expresa vivencias e sentimentos.

Follas Novas

Follas Novas foi publicado en Madrid. A obra ten un prólogo e 137 poemas divididos en 5 partes: Vaguedás, Do íntimo, Varia, Da terra, e As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos. Divídese en dúas grandes seccións:

  • A lírica subxectiva: composta por dous libros, Vaguedás (20 poemas) e Do íntimo (36 poemas).
  • Lírica solidaria ou obxectiva: formada polos poemas que compoñen as partes Da terra (9), As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos (31) e Varia (40). A obra expresa unha viaxe dende o EU ao NÓS.

Obras en castelán

Entre as súas obras en castelán destacan: Lieders, El caballero de las botas azules e El primer loco.

A figura de Rosalía de Castro

Rosalía naceu en 1837. Publicou o seu primeiro poemario en 1857 (La flor) e en 1863 Cantares gallegos. En 1880 publica a súa última novela en castelán (El primer loco) e o último libro en galego (Follas novas). Rosalía morre en 1885 en Padrón. Rosalía resulta, ao tempo, precursora e pioneira de correntes de pensamento social e político de plena actualidade tanto en Galiza como no resto do mundo: o feminismo e o anticapitalismo.

O compromiso de Rosalía como escritora

O compromiso de Rosalía plásmase en:

  • Defensa da cultura e da lingua galega como dignas, naturais e normais.
  • A defensa de valores sociais e morais do pobo galego.
  • A identificación cos problemas, sufrimentos e aspiracións das clases populares, especialmente das campesiñas.
  • A denuncia das inxustizas, incomprensións e abusos contra os galegos.
  • A reivindicación dos dereitos da muller, comezando polo dereito a escribir.

Descargar

PDF Word HTML