Historia de Galicia: galego e literatura (s. XV–XVIII)

Lingua e literatura2,57 KB

Galicia a fins da Idade Media (s. XV)

O reino de Galicia na Coroa de Castela

  • Desgaleguización da nobreza.
  • Desgaleguización da Igrexa.
  • Centralización do poder a partir do reinado dos Reis Católicos.
  • Galicia asiste ao desenvolvemento da Idade Moderna desde unha posición marginal.
  • Existía unha corrente de opinión defensora dos intereses galegos.

Galego-portugués, galego e portugués

  • Os portugueses inician unha expansión ultramarina que vai supoñer tamén o espallamento do idioma por África, Asia e América.
  • En Galicia non será posible a conformación dunha norma culta debido á crecente castelanización.

A etapa do galego medio (s. XVI–XVIII)

  • A decadencia política produciu un retroceso no ámbito da administración.
  • 300 anos nos que non houbo literatura galega (séculos escuros).
  • O galego continuou sendo a lingua (oral) maioritaria de Galicia.
  • Durante os séculos XIX e XX o castelán introduciuse nas capas medias da sociedade debido á chegada da escola, dos novos medios de comunicación e do Estado liberal.

Literatura culta

  • Escasas manifestacións.

Textos líricos

  • Canción galega en loor de Don Diego das Mariñas Parragués.
  • Exequias da raíña Margarida.
  • Décimas ao Apóstolo Santiago.

Textos teatrais

  • Entremés famoso sobre a pesca no río Miño — enfrontamento con final feliz entre os habitantes das dúas beiras do río Miño polos dereitos de pesca; Gabriel Feixó de Araúxo.

Literatura popularizante

  • Villancico galego: composicións en verso, musicadas e con certo aire popular.
  • Teñen como autores músicos de sólida formación.
  • Teñen tido éxito nas catedrais de Mondoñedo e de Santiago de Compostela, así como en Toledo, Sevilla e Lisboa.

Pranto da Frouseira.

A Ilustración (s. XVIII)

  • Cura de Fruíme.
  • Padre Feijóo.
  • Xosé Andrés Cornide e Saavedra.
  • Frei Martín Sarmiento:
  • Defensa e reivindicación do idioma galego.
  • O ensino das primeiras letras debe ser na lingua propia.
  • Denuncia o desprezo cara á nosa lingua.
  • Reclama o emprego da lingua nativa na Igrexa.
  • Coloquio de 24 gallegos rústicos.

Descargar

PDF Word HTML