O galego no primeiro terzo do século XX: Historia e lingua

Lingua e literatura3,31 KB

O galego no primeiro terzo do século XX

Características lingüísticas fundamentais

Inquedanza pola elaboración dun estándar para o galego. As Irmandades e o Seminario de Estudos Galegos levarán a iniciativa coa publicación do Vocabulario castellano-gallego e algunhas normas para a unificación do idioma galego. Algunhas son:

  • A escolla do i latino fronte ao grego.
  • As grafías ll e ñ.
  • A elección de x.
  • O abandono do apóstrofo.
  • A redución do uso do guión.
  • O uso do h etimolóxico.

Ademais, nesta época apareceron varias gramáticas, como a de Carré Alvarellos e a de Lugrís Freire.

Contexto histórico

  • Fúndase a RAG en 1905.
  • O movemento agrario remove as vellas estruturas sociais galegas.
  • Fúndanse as Irmandades da Fala; un obxectivo fundamental é a promoción da lingua galega e a cooficialidade co castelán en Galiza.
  • Fúndanse revistas literarias como A Nosa Terra e Nós, entre outras.
  • Créase o Seminario de Estudos Galegos.
  • Todos estes feitos conclúen coa fundación do Partido Galeguista en 1931.

Situación sociolingüística

  • A lingua galega é maioritaria en Galicia.
  • Os ámbitos cultos permanecen fóra da lingua, agás o terreo da literatura, onde o galego estaba presente dende o século XIX.
  • O agrarismo, as Irmandades e a actividade política abren un novo ámbito.
  • O Seminario de Estudos Galegos abre o campo das ciencias ao galego pola súa relación coa Universidade.
  • Reclámase a súa presenza no ensino e a cooficialidade co castelán en Galicia.

As Irmandades da Fala

Antonio Noriega Varela

Estudou nun seminario que abandonou para dedicarse a ser mestre. Viaxou por Galicia mentres traballaba; nestes lugares visitados tivo contacto con diferentes figuras políticas e literarias do galeguismo. Xubilouse e pasou a súa vellez en Viveiro.

Produción poética

Pódese dicir que é autor dunha soa obra: Do ermo.

  • Poesía costumista e ruralista: Realismo costumista e dominio da lingua e da métrica popular. Na temática predominan os motivos paisaxísticos e a descrición da vida rural.
  • Poesía lírica pura: Mantén temática e lingua, pero abandona o realismo costumista para achegarse á íntima natureza.

Ramón Cabanillas

En Cuba entra en contacto cos galeguistas emigrados e, ao volver a Galicia, comezou a súa colaboración coas Irmandades; máis tarde entraría na RAG e na RAE. Morreu en Cambados en 1959.

Produción poética

Etapas:
  • De formación (1910-1915): Temática intimista, aínda que hai poemas sociais.
  • Galeguista (1916-1920): Ideario galeguista das Irmandades.
  • Mitolóxica (1921-1930): Reconstrución do pasado mítico de Galicia.
  • De posguerra (1940-1959): Axuda na rexeneración do galego cun elevado nivel técnico.

Descargar

PDF Word HTML