Normalización Lingüística en Galicia: Retos e Accións Institucionais e Sociais

Lingua e literatura3,71 KB

1. Normalización Lingüística

A normalización lingüística é a recuperación dunha lingua que, sendo propia dunha comunidade, foi desprazada por outra foránea e viu restrinxidos os seus usos.

Está constituída por todas as medidas e accións legais, políticas, sociais e lingüísticas que teñen como obxectivo o uso normal dunha lingua.

O Caso Galego: Precedentes Históricos

Dende finais da Idade Media produciuse unha imposición do castelán. Esta política fixo que o galego se desenvolvese nunha situación de anormalidade lingüística durante máis de cinco séculos.

No último cuarto do século XX iniciouse o proceso de recuperación institucional. Na década dos 80, o proceso de normalización lingüística prodúcese dentro dun marco legal:

  • A Constitución española de 1978;
  • O Estatuto de autonomía de 1981;
  • A Lei de normalización lingüística de 1983.

Acción Normalizadora Institucional

A nivel gobernativo, o organismo que legalmente desenvolve e centraliza a acción normalizadora é na actualidade a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Na administración local existen tamén os Servizos de Normalización Lingüística (SNL).

Outras entidades que desenvolveron iniciativas destinadas a promover o uso da nosa lingua son:

  • As universidades galegas;
  • A Real Academia Galega (RAG);
  • O Consello da Cultura Galega (CCG).

No ano 2004, o Parlamento de Galiza aprobou por unanimidade o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), un documento que propuña medidas para potenciar o noso idioma en distintos ámbitos sociais. Foron moi escasas, porén, as iniciativas desenvolvidas polo Goberno autonómico dende a súa aprobación.

Acción Normalizadora Non Institucional

A limitada acción institucional deu lugar a que fosen xurdindo colectivos que pretenden impulsar a normalización lingüística. Podemos distinguir entre:

  • Ámbito de actuación xeral: A Mesa pola Normalización Lingüística, Prolingua e Queremos Galego.
  • Ámbitos específicos:
    • Ensino: Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG);
    • Administración pública: Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística;
    • Actividade económica e empresarial: Fundación Galicia Empresa.

Ao seu carón, o traballo realizado por numerosas entidades socioculturais foi e segue a ser imprescindible.

Acción Normalizadora Individual

Supón un esforzo persoal e consciente romper hábitos e condutas de desleixamento cara á situación social do idioma.

2. A Lingua Galega entre a Mocidade

A transmisión xeracional garantiu a vitalidade da lingua galega ao longo dos séculos. Con todo, está a crebarse. As xeracións máis novas presentan niveis de emprego do idioma que resultan preocupantes.

A pesar da vitalidade que segue a presentar o galego, obsérvase un descenso progresivo a medida que pasamos da lingua falada cos avós á lingua falada cos fillos e fillas.

Uso segundo o Hábitat e a Competencia

O comportamento varía segundo o hábitat:

  • A media de uso nas cidades e grandes vilas é favorable ao español.
  • A media dos que viven no rural é predominantemente favorable ao galego.

En canto á competencia, é a mocidade quen presenta unha porcentaxe superior no dominio das catro destrezas básicas.

É urxente que as institucións e os axentes sociais favorezan o fenómeno da regaleguización, de xeito que as capacidades adquiridas se poidan traducir en uso efectivo.

Descargar

PDF Word HTML