Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Filosofía e ética

Platón e o mito da Auriga: antropoloxía e ideas

Filosofía e ética2,56 KB

Auriga: Este texto pertence a Platón, discípulo de Sócrates e mestre de Aristóteles, situado no s. IV a. C., no período clásico da filosofía antiga. Con Platón, a filosofía grega acada a súa madurez e plenitude. O pensamento de Platón ten claramente un obxectivo político: atopar unhas bases sólidas para construír unha sociedade xusta. Ten tamén unha intención ética, que defende a existencia dunha idea eterna e inmutable de xustiza que será a base da súa utopía política: a sociedade gobernada por filósofos.

As obras platónicas que se conservan están escritas en forma de diálogo; nelas Platón emprega mitos coa finalidade de que os contemporáneos poidan entendelas mellor. O texto que imos comentar pertence ao diálogo...

Seguir lendo "Platón e o mito da Auriga: antropoloxía e ideas" »

Metafísica Aristotélica: Motor Inmóbil e Teoría do Coñecemento

Filosofía e ética2,78 KB

Texto sobre Metafísica

Este fragmento pertence á metafísica, que trata das realidades metaempíricas e da realidade suprema. Estuda os primeiros principios e causas do ser, o ser en canto ser, a substancia, e a teoloxía, que estuda a primeira causa do movemento.

A Teoría Hilemórfica e o Motor Inmóbil

Polo tanto, o texto céntrase na teoría Hilemórfica no seo da physis: o motor inmóbil, e como idea principal, a metafísica como teoloxía. Hai unha necesidade de existencia dunha entidade non sensible e inmóbil para explicar o movemento.

Como di o texto, existe unha entidade eterna e inmóbil:

  • "Non pode ter extensión..."
  • "...e indivisible..."

Dita entidade non pode ter extensión, polo que é unha forma pura, que non ten materia, pero imprime...

Seguir lendo "Metafísica Aristotélica: Motor Inmóbil e Teoría do Coñecemento" »

René Descartes: Racionalismo, Obras e Contexto Histórico

Filosofía e ética2,61 KB

René Descartes: Biografía e Racionalismo (1596-1650)

René Descartes (1596-1650), un dos principais expoñentes do Racionalismo do século XVII, pertence á filosofía moderna. Naceu na Haia (Francia) no seo dunha familia nobre e acomodada. Educouse no colexio dos xesuítas de La Flèche.

A súa moderada fortuna permitiulle dedicar a súa vida ao estudo, á ciencia e á filosofía. En 1618 decidiuse pola carreira militar e participou na Guerra dos Trinta Anos. De 1629 a 1649 permaneceu nos Países Baixos. Este último ano trasladouse a Estocolmo, onde impartía clases á raíña Cristina de Suecia. Morreu dunha pneumonía en 1650.

Obras Fundamentais de Descartes

Descartes é un dos primeiros pensadores que publica a súa obra na súa lingua vernácula,...

Seguir lendo "René Descartes: Racionalismo, Obras e Contexto Histórico" »

Utilitarismo e Ética Discursiva: Teorías e Desafíos

Filosofía e ética2,82 KB

O Utilitarismo na Filosofía Moral

O utilitarismo é a teoría ética moi próxima ao eudemonismo e ao hedonismo. Defende que a finalidade humana é a felicidade ou o pracer. Un utilitarista afirma que a fin de toda acción correcta é a felicidade. O pracer é, polo tanto, un ben común ou ben xeral. Hai dúas versións desta filosofía moral:

  • Utilitarismo do acto: é necesario xulgar a moralidade de cada acción, sexan boas ou malas.
  • Utilitarismo da regra: recomenda axustar as nosas accións ás regras habituais, consideradas morais pola utilidade e pola bondade das súas consecuencias.

Actualmente, o utilitarismo segue aínda patente nas teorías económicas da democracia e tivo influencia no chamado "Estado do Benestar".

A Ética Discursiva

É...

Seguir lendo "Utilitarismo e Ética Discursiva: Teorías e Desafíos" »

Platón e a Orixe da Polis Grega: Historia e Sociedade

Filosofía e ética2,63 KB

Platón: A formación da polis grega

Durante a época arcaica (séculos VIII-VI a.C.), a Hélade estaba formada por pequenas comunidades políticas illadas fisicamente. Eran independentes e chamábanse “poleis” (plural de polis), termo que se traduce como cidade, aínda que abarca máis que unha simple urbe. Contaban cunha poboación maioritariamente agrícola e unha clase dominante composta por terratenentes hereditarios.

Causas da formación da polis na época clásica (séculos V-IV a.C.)

Entre os séculos VII e VI a.C. prodúcense grandes transformacións: a expansión dos helenos cara a fóra (debido ao aumento de poboación e problemas internos) e a caída da monarquía e da aristocracia, procesos que levaron á formación da polis.

Este...

Seguir lendo "Platón e a Orixe da Polis Grega: Historia e Sociedade" »

A Filosofía de Kant: Ilustración, Razón e Ética Formal

Filosofía e ética21,86 KB

A Filosofía de Immanuel Kant

O texto que se nos presenta é un fragmento de [...] do filósofo alemán Kant.

Biografía e Obras Principais

Kant naceu no século XVIII en Königsberg (Prusia). Foi educado na relixión pietista. Estudou filosofía, teoloxía e ciencias naturais. Desempeñou a súa docencia na Universidade de Königsberg.

A súa filosofía reconcilia as dúas correntes filosóficas modernas máis importantes: o empirismo e o racionalismo. Os autores que máis influíron no seu pensamento foron Newton, os racionalistas Leibniz e o seu mestre Wolff, o empirista Hume e os ilustrados, sobre todo Rousseau.

Da súa produción filosófica destaca:

  • Crítica da razón pura
  • Fundamentación da metafísica dos costumes
  • Crítica da razón práctica
  • Crítica
...
Seguir lendo "A Filosofía de Kant: Ilustración, Razón e Ética Formal" »

John Locke: O Estado de Natureza, Dereitos Naturais e Pacto Social

Filosofía e ética3,29 KB

John Locke: O Estado de Natureza e o Pacto Social

O Empirismo e a Filosofía Política de Locke

Locke, un dos máximos expoñentes do empirismo, elaborou unha teoría do coñecemento cuxa orixe é a experiencia, negando as ideas innatas. Tamén estaba interesado nas cuestións político-morais.

O Estado de Natureza: Liberdade e Igualdade

El desenvolveu a ficción dun estado previo á sociedade e ao estado político, o da natureza. Cría que o estado de natureza se caracteriza pola liberdade e a igualdade dos humanos. Os homes permanecen nese estado ata que deciden converterse en membros dunha sociedade política.

A Lei Natural e os Dereitos Fundamentais

Locke defende que o ser humano está dirixido polas súas paixóns e desexos, pero é quen a través...

Seguir lendo "John Locke: O Estado de Natureza, Dereitos Naturais e Pacto Social" »

David Hume: vida, obras e teoría do coñecemento

Filosofía e ética2,67 KB

David Hume: vida e obras

Hume naceu en 1711 en Edimburgo (Escocia). Cursou estudos universitarios de dereito na mesma cidade, pero as leis non eran o seu oficio e marchou a Francia co desexo de dedicarse á filosofía. No colexio de La Flèche escribiu a súa primeira obra antes dos 25 anos, pero foi un fracaso. Intentou, sen conseguilo, ser profesor nas universidades de Edimburgo e de Glasgow e, finalmente, logrou ser contratado como bibliotecario da Facultade de Dereito de Edimburgo.

Os seus escritos posteriores sobre política e relixión tiveron máis trascendencia, pero foron moi criticados dende a igrexa. Anos despois viaxou a París como secretario dun conde; alí coñeceu ilustrados e enciclopedistas franceses, vivindo rodeado de fame....

Seguir lendo "David Hume: vida, obras e teoría do coñecemento" »

Teoría hilemórfica: materia, forma e cambio en Aristóteles

Filosofía e ética3,13 KB

Estes cambios poden ser cualitativos (cambia o accidente na calidade), cuantitativos (cando cambia o accidente na cantidade) e locais (cando un ser cambia de lugar). A causa formal é a forma ou esencia da teoría hilemórfica. A teoría hilemórfica surxiu dunha reflexión sobre o problema dos cambios substanciais. Esta teoría afirma que todas as substancias ou cousas sensibles, sexan seres naturais ou artificiais, compóñense de dous principios: materia e forma. A materia é aquilo de que está feito algo; os elementos que compoñen un ser.

A materia pode ser de dous tipos: materia segunda e materia primeira. A materia segunda está unida a unha forma determinada; en cambio, a materia primeira é unha realidade metafísica que é amorfa,...

Seguir lendo "Teoría hilemórfica: materia, forma e cambio en Aristóteles" »

Sofistas: Crítica de Sócrates e Platón ao Relativismo

Filosofía e ética2,56 KB

Por outra banda, Sócrates compartiu con Platón o seu rexeitamento aos sofistas polo seu utilitarismo, a súa orientación da educación cara o éxito na política e a súa actitude sensista, subxectivista e relativista (Emilio Lledó e outros, Historia da Filosofía).

Escepticismo Sofista e Negación da Realidade

Os sofistas exerceron un escepticismo burlón e disolvente (Jesús Mosterín, op. Cit). Negaron a distinción, establecida por Parménides e recollida posteriormente por Platón, entre o que as cousas parecen ser e o que son en realidade; para eles non hai máis realidade que a das aparencias. Así mesmo, opoñíanse á dicotomía (tamén platónica e de orixe parmenídea) entre saber indubidable e opinión ilusoria, xa que todas as

...
Seguir lendo "Sofistas: Crítica de Sócrates e Platón ao Relativismo" »