David Hume: vida, obras e teoría do coñecemento

Filosofía e ética2,67 KB

David Hume: vida e obras

Hume naceu en 1711 en Edimburgo (Escocia). Cursou estudos universitarios de dereito na mesma cidade, pero as leis non eran o seu oficio e marchou a Francia co desexo de dedicarse á filosofía. No colexio de La Flèche escribiu a súa primeira obra antes dos 25 anos, pero foi un fracaso. Intentou, sen conseguilo, ser profesor nas universidades de Edimburgo e de Glasgow e, finalmente, logrou ser contratado como bibliotecario da Facultade de Dereito de Edimburgo.

Os seus escritos posteriores sobre política e relixión tiveron máis trascendencia, pero foron moi criticados dende a igrexa. Anos despois viaxou a París como secretario dun conde; alí coñeceu ilustrados e enciclopedistas franceses, vivindo rodeado de fame. En 1776 morreu en Edimburgo sen conseguir a cátedra universitaria por ter fama de escéptico e de ateo.

Obras principais

As súas obras principais foron:

  • Tratado da natureza humana
  • Ensaios políticos

Teoría do coñecemento

A experiencia, fonte de todo coñecemento: a teoría do coñecemento de Hume coincide coa de Locke: a experiencia é a única fonte de coñecemento. Para Hume, os elementos do coñecemento son impresións e ideas, sendo as impresións o único orixe das ideas.

Impresións e ideas

As impresións poden ser de dous tipos:

  • Sensación: xorde na mente a partir de causas descoñecidas.
  • Reflexión: derivan dos nosos estados internos.

As ideas son o resultado dunha operación da mente sobre datos obtidos polas impresións; son unha imaxe mental destas últimas. Poden ser:

  • Ideas simples: corresponden a impresións individuais.
  • Ideas complexas: resultan da unión de varias ideas simples.

Tipos de coñecemento

Sobre estas ideas establécense dous tipos de coñecemento:

  • Relacións de ideas: a súa verdade pode ser coñecida a priori; pódense descubrir pola mera operación do entendemento. É o ámbito propio das ciencias formais, que constitúen a máxima certeza.
  • Cuestións de feito: a verdade destas proposicións só se coñece a posteriori e non poden ter outra xustificación que as impresións. Coñecémolas por experiencia e non por demostración. Son contingentes: a experiencia dinos que se deron así, pero poderían ter acontecido doutro modo. Representan o mundo dos feitos, ao que pertencen as ciencias empíricas.

Descargar

PDF Word HTML