Platón e a Orixe da Polis Grega: Historia e Sociedade
Platón: A formación da polis grega
Durante a época arcaica (séculos VIII-VI a.C.), a Hélade estaba formada por pequenas comunidades políticas illadas fisicamente. Eran independentes e chamábanse “poleis” (plural de polis), termo que se traduce como cidade, aínda que abarca máis que unha simple urbe. Contaban cunha poboación maioritariamente agrícola e unha clase dominante composta por terratenentes hereditarios.
Causas da formación da polis na época clásica (séculos V-IV a.C.)
Entre os séculos VII e VI a.C. prodúcense grandes transformacións: a expansión dos helenos cara a fóra (debido ao aumento de poboación e problemas internos) e a caída da monarquía e da aristocracia, procesos que levaron á formación da polis.
Este proceso viuse favorecido polo acceso ao poder da burguesía, impulsada pola transformación da economía de troco en monetaria, da propiedade territorial en capital móbil e polo desenvolvemento do comercio marítimo no Mediterráneo.
Unha cultura común
Todas as poleis compartían unha mesma cultura: falaban dialectos dunha mesma lingua e honraban aos mesmos deuses olímpicos. As principais institucións comúns eran:
- Os Xogos Olímpicos, celebrados cada catro anos en honra a Zeus.
- O Oráculo do deus Apolo en Delfos.
Existían, porén, diferenzas en canto á extensión, poboación e estrutura política e social.
A importancia da lei no contexto socio-político da polis
Durante a época arcaica, a maioría das poleis estaban gobernadas pola aristocracia terratenente. Os conflitos eran dirimidos polos aristócratas, que pretendían guiarse polas leis tradicionais de cada polis. Pero, ao non estar escritas estas leis, había abusos e arbitrariedades. Polo que os gregos van pedir que as leis se poñan por escrito e se fagan públicas.
Durante os séculos VII e VI a.C. xorden lexisladores que poñen por escrito as leis. Así, a finais do século VII a.C., Dracón escribe as leis de Atenas, as cales foron reformadas por Solón. Grazas aos lexisladores, na época clásica, as diversas clases de cidadáns participaban no goberno da cidade.
Os gregos estaban sometidos ás súas propias leis. Só nunha polis soberana e autónoma podía o home realizarse plenamente. Nisto estiveron de acordo todos os helenos, incluídos Platón e Aristóteles, que nunca superaron o horizonte da polis.
4fh