Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Filosofía e ética

Conceptos Fundamentais da Filosofía: De Platón a Descartes

Filosofía e ética2,96 KB

A Idea en Platón

Platón chama ideas ás realidades perfectas, que nunca cambian e sempre permanecen idénticas. Estas só se poden captar mediante a razón; son eternas, perfectas e inmutables.

Metafísica idealista

Platón defendía que as esencias existen por si mesmas, independentemente de nós. As esencias son transcendentes, xa que posúen unha realidade intelixible, distinta do que podemos percibir polos sentidos. Afirmaba que, se queriamos coñecer as esencias reais, tiñamos que desconfiar dos sentidos e empregar unicamente a nosa razón.

Metafísica realista de Aristóteles

Aristóteles non cría que as esencias existisen de forma independente nun mundo separado. A verdadeira realidade está constituída polos individuos particulares...

Seguir lendo "Conceptos Fundamentais da Filosofía: De Platón a Descartes" »

''o coñecemento teorico''

Filosofía e ética3,59 KB

-Percepción: facultade de coñecmento que nos pon en contacto coa realidade e permítenos construír representacións desta a partir dos datos que nos proporcionan os nosos sentidos.

-Memoria: facultade de coñecemento que nos permite reter e recordar nun futuro as imaxes que a percepción nos proporciona posibilitando o aprendizaxe e a construción da nosa propia identidade.

-Imaxinación: capacidade de representar mentalmente situacións que non existen. Hai dous tipos:

·Reprodutora: representa a realidade.

·Creadora: recrea un mundo diferente ao real.

-Intelixencia: é a capacidade que nos permite procesar a información e comprendela.

-Abstración: proceso que nos permite pasar do coñecemento dos obxectos concretos que nos proporciona a percepción...

Seguir lendo "''o coñecemento teorico''" »

Estrutura e Tipos de Argumentos: Guía de Retórica Galega

Filosofía e ética2,85 KB

Cuestións I: Estrutura e Tipos de Argumentos

Un argumento é un discurso no que o autor dá razóns para sustentar unha opinión, de maneira que un enunciado, ao que chamamos conclusión, está sustentado por outros enunciados chamados premisas.

Pódense distinguir dous dominios argumentativos e tres tipos de argumentos:

  • Dominio Teórico

    • Argumentos teóricos: Son os que tratan de que crer ou ter por verdadeiro. A conclusión expresa que tal cousa é un feito.
  • Dominio Práctico

    • Argumentos normativos: Tratan de que facer. A conclusión indica unha recomendación ou unha orde.
    • Argumentos valorativos: Tratan de que preferir ou valorar. A conclusión é unha valoración, tanto positiva como negativa.

Os Tres Métodos para Convencer

Aristóteles explicou...

Seguir lendo "Estrutura e Tipos de Argumentos: Guía de Retórica Galega" »

O concepto de home e traballo na filosofía de Karl Marx

Filosofía e ética2,53 KB

O ser humano na filosofía de Marx

Para Marx, o ser do home é a base da súa crítica ao idealismo e ao materialismo mecanicista (o do século XVIII e o de Feuerbach), e da explicación da posibilidade da alienación a partir da actividade produtiva ou traballo do home, así como da necesidade dunha superación das formas da alienación.

O home como ser material e produtivo

O home é un ser material con necesidades materiais que satisfai a través da interacción coa natureza mediante o traballo. Para Marx, non existe unha “esencia humana” en xeral: o home faise a si mesmo a través da historia, na sociedade e transformando a natureza:

“O home produce ao home, a si mesmo e ao outro home (…). Así como é a sociedade mesma a que produce
...
Seguir lendo "O concepto de home e traballo na filosofía de Karl Marx" »

Moral e natureza: ética, virtude e determinismo humano

Filosofía e ética2,35 KB

Moral e natureza

A conduta do ser humano xorde a partir da súa constitución natural, biolóxica, do medio natural no que vive e do medio social no que nace e crece.

A dimensión moral do ser humano ten a súa base, por tanto, na propia natureza deste, unha natureza que lle é dada.

Para Dewey, a moral debe basearse no coñecemento que nos proporcionan as ciencias da natureza e as ciencias sociais do home. Para propoñer e resolver intelixentemente os problemas que máis preocupan ás persoas, hai que recoñecer a unión entre a moral e a natureza humana.

Kant defende que existe unha separación entre a razón teórica, a razón científica e a razón práctica.

Hume tamén separa o mundo dos feitos do mundo dos valores.

Nacemos bos?

A integración...

Seguir lendo "Moral e natureza: ética, virtude e determinismo humano" »

Que é a filosofía? Orixe, obxectivos e perspectiva

Filosofía e ética2,68 KB

Orixe e definición da filosofía

A filosofía aparece na antiga Grecia cara ao século V a.C. O termo procede das palabras gregas philos ('amante') e sophía ('coñecemento'). Naceu grazas ás achegas dos filósofos presocráticos.

Historicamente, a filosofía foi o esforzo do pensamento que trataba de construír unha teoría universal e racional sobre o ser humano, aínda que hoxe non existe unha definición única. A filosofía non busca a verdade para obter un beneficio práctico, senón polo simple feito de que é a verdade. A curiosidade de querer sabelo todo é propia do filósofo.

Obxectivos e finalidade

  • Obxecto de estudo: A explicación, análise e crítica da comprensión da realidade.
  • Instrumento: Cultívase para modificar o mundo natural
...
Seguir lendo "Que é a filosofía? Orixe, obxectivos e perspectiva" »

Aristóteles e as Escolas Helenísticas: Guía de Filosofía

Filosofía e ética2,85 KB

Aristóteles: Vida e Obra

Aristóteles foi discípulo e rival de Platón. Estudou na Academia e logo creou a súa propia escola. Mostrou moito interese polo coñecemento, foi mestre de Alexandre Magno e sempre se preocupou de mandarlle mostras de animais, plantas, etc.

Aristóteles sempre estaba investigando. O seu método, coñecido como peripatético, consistía en que o mestre e o alumno daban voltas ao Liceo mentres falaban. Escribiu obras fundamentais como Metafísica, Política e Sobre a alma, sendo o filósofo máis importante da Idade Media.

Escolas Helenísticas

Coa chegada de Alexandre Magno aparece unha nova visión do mundo: desaparece a idea das cidades-estado de Grecia e xorde unha visión dun espazo político e xeográfico baixo...

Seguir lendo "Aristóteles e as Escolas Helenísticas: Guía de Filosofía" »

A Física e Metafísica de Aristóteles: Hilomorfismo, Cambio e Causalidade

Filosofía e ética4,57 KB

Física e Metafísica en Aristóteles: Hilomorfismo, Cambio e Causalidade

Aristóteles establece unha distinción entre as ciencias teóricas e as ciencias non teóricas (ou do posible). Estas últimas inclúen:

  • As ciencias prácticas, que se ocupan das accións, é dicir, de cuestións referentes á natureza humana, á ética e á política.
  • As ciencias poéticas, que se ocupan do relacionado coa produción técnica e artística.

Clasificación das Ciencias Teóricas

Entre as ciencias teóricas, Aristóteles distingue:

  1. As Matemáticas, que estudan a cantidade.
  2. A Filosofía Natural (Física da Physis), que estuda "aquelas cousas que teñen en si mesmas o principio do movemento e do repouso".
  3. A Filosofía Primeira (Metafísica), que se divide en:
    • A Ontoloxía,
...
Seguir lendo "A Física e Metafísica de Aristóteles: Hilomorfismo, Cambio e Causalidade" »

A Ilustración Kantiana: Razón, Liberdade e Progreso

Filosofía e ética2,45 KB

A Idea Kantiana de Ilustración (Texto 1)
O pensamento de Kant representa a culminación da filosofía do século XVIII. Na súa obra, conflúen todos os temas que interesan á Ilustración, entre os que destacan a razón e a liberdade.

O Concepto Kantiano da Razón Ilustrada

Kant ocúpase de xeito fundamental da razón: as súas obras máis importantes son investigacións sobre a razón, do novo concepto da razón ilustrada:
  1. Unha razón crítica, que fronte ao dogmatismo racionalista que lle confería un poder ilimitado, analiza as posibilidades e límites do noso coñecemento, situados na experiencia, coa conseguinte crítica da metafísica (que trata obxectos máis alá da experiencia); unha razón crítica coa tradición, chea de erros e supersticións.
...
Seguir lendo "A Ilustración Kantiana: Razón, Liberdade e Progreso" »

A Síntese Kantiana: Racionalismo, Empirismo e Legado

Filosofía e ética2,56 KB

Síntese entre racionalismo e empirismo

Non se trata dun pensamento dualista, senón dun pensamento dos límites, unha crítica de toda forma de dogmatismo, fanatismo ou misticismo que pretenda ir máis alá do posible. O que se revela é o que o home pode saber, facer ou esperar. Abre o home ás súas verdadeiras posibilidades e libérao de todo o demais.

A repercusión no idealismo alemán

A repercusión directa máis clara atopámola no idealismo alemán (Fichte, Schelling e Hegel), movemento filosófico da primeira metade do século XIX, que radicaliza as súas formulacións. Por exemplo, potencian o papel activo do suxeito:

  • Kant: cría que no suxeito había unha dimensión de pasividade, xa que elabora o fenómeno a partir do material bruto
...
Seguir lendo "A Síntese Kantiana: Racionalismo, Empirismo e Legado" »