Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Filosofía e ética

O Idealismo Transcendental de Kant: O Xiro Copernicano

Filosofía e ética2,16 KB

A síntese de Kant: Empirismo e Racionalismo

Immanuel Kant reflexiona sobre os límites do coñecemento humano e propón unha síntese entre as dúas grandes correntes filosóficas do seu tempo: o empirismo e o racionalismo. Mentres que os empiristas, como Hume, defendían que o coñecemento só pode provir da experiencia e que, máis alá do percibido, nada se pode coñecer, os racionalistas, como Descartes, sostiñan que a razón pode chegar a verdades universais sen necesidade de recorrer á experiencia. Kant considera que ambas as posturas son insuficientes e busca un punto intermedio, dando lugar ao que se coñece como idealismo transcendental.

O xiro copernicano na teoría do coñecemento

Segundo Kant, o coñecemento necesita dous elementos:...

Seguir lendo "O Idealismo Transcendental de Kant: O Xiro Copernicano" »

Filosofía Moral: Relativismo, Escepticismo e a Natureza do Xuízo Ético

Filosofía e ética2,6 KB

O Relativismo Cultural e a Ausencia de Moral Absoluta

Segundo o relativismo, cando dúas persoas de culturas diferentes manteñen discrepancias, ambas teñen razón. Como é isto posible? Porque cada postura é correcta dentro do ámbito da propia cultura.

Os termos bo e malo non posúen un significado absoluto. As normas morais virían ser como as regras dun deporte, que só teñen validez dentro dun determinado xogo. Coas normas morais ocorrería exactamente o mesmo:

  • É lícito que os proxenitores escollan un marido para a súa filla?

A resposta depende da cultura desde a que esteamos falando. Sería absurdo determinar que código moral é máis correcto.

O Escepticismo: A Imposibilidade da Certeza Moral

Tamén o escepticismo considera que é imposible

...

Seguir lendo "Filosofía Moral: Relativismo, Escepticismo e a Natureza do Xuízo Ético" »

Platón e o Menón: Realidade, Coñecemento e Educación

Filosofía e ética3,18 KB

Segundo exame: Análise de Platón e o Menón

Análise do texto: Platón; Menón, 81c—82a

Características das obras de Platón

Platón, filósofo grego, destaca polos seus diálogos filosóficos que evolucionan dende a exposición das ideas de Sócrates ata a presentación sistemática das súas propias teorías.

Contexto de "Menón"

Menón pertence á fase socrática de Platón, explorando temas da virtude e a posibilidade de ensinala.

Ideas principais do texto

O fragmento aborda conceptos como a virtude, o coñecemento e, posiblemente, a teoría das Ideas.

Realidade e coñecemento en Platón

  • Teoría das Ideas: propón que as cousas sensibles son imitacións imperfectas das Ideas eternas e perfectas.
  • Dualismo ontolóxico: divide o mundo en sensible
...
Seguir lendo "Platón e o Menón: Realidade, Coñecemento e Educación" »

John Locke: O pai do liberalismo clásico

Filosofía e ética7,51 KB

O pensamento político de John Locke

Tema: O liberalismo clásico

O tema principal deste texto é o pensamento político de John Locke. El foi considerado un dos máis influentes pensadores do empirismo e coñecido como o «Pai do Liberalismo Clásico». O seu traballo afectou en gran medida ao desenvolvemento da epistemoloxía e da filosofía política; os seus escritos influíron en Voltaire e Rousseau, pensadores da Ilustración francesa. Nesta ocasión imos concretar na postura contractualista de Locke, a cal consiste no liberalismo.

Contexto histórico

John Locke foi un filósofo e médico inglés da época moderna nacido en Wrington, Inglaterra, no ano 1632 e falecido no ano 1704. Situámolo no contexto do gran conflito entre os liberais...

Seguir lendo "John Locke: O pai do liberalismo clásico" »

A Filosofía de Kant: Do Período Precrítico ao Crítico

Filosofía e ética3,65 KB

Introdución

A partir de 1750 xurdiron novos cambios que transformaron o panorama filosófico en Europa. Estes cambios podemos dividilos territorialmente en dous: o río Elba actúa como fronteira. No lado oeste, a zona máis activa, en Prusia, a nobreza era iletrada e a burguesía carecía de peso, polo que o rei era quen promovía a cultura e o xurdimento de novas correntes.

Período precrítico

Dende a publicación da súa primeira obra ata a Crítica da razón pura, pasan máis de 30 anos nos que Kant vive unha lenta evolución filosófica. Neste período, Kant interésase pola física de Newton e asume o racionalismo dogmático, admitindo que a razón carece de límites.

Período crítico

É o período fundamental na súa traxectoria. Xorde...

Seguir lendo "A Filosofía de Kant: Do Período Precrítico ao Crítico" »

Antropoloxía e Coñecemento: Teorías e Problemas

Filosofía e ética5,83 KB

O Ser Humano: Teorías Antropolóxicas

Michel Foucault sostén que o ser humano está ligado a épocas de cultura e que as obras dos autores antigos interesábanse polas persoas, non polo «ser humano» como concepto. O ser humano é aquel que se pode educar, encarcerar ou levar ao médico.

Dualismo e Monismo

  • Animismo: Crenza de que as cousas teñen alma.
  • Dualismo (Platón e Descartes): Autores que defenden a existencia de corpo e alma como dous elementos distintos.
  • Dualismo antropolóxico: Afirma a existencia de corpo e alma como dúas realidades distintas.
  • Visión de Platón: Establece unha completa separación. O corpo é material, imperfecto, cambiante e finito; a alma é inmortal e espiritual.
  • Teoría dualista de Descartes: O corpo é a substancia
...
Seguir lendo "Antropoloxía e Coñecemento: Teorías e Problemas" »

Métodos da Ciencia e o Xiro Histórico-Sociolóxico

Filosofía e ética3,71 KB

Métodos da ciencia

Nas ciencias, os modos de demostrar máis usados son a indución e a dedución.

A dedución

A dedución é un proceso de razoamento no que, a partir de proposicións dadas chamadas premisas, derívase outra proposición que é a consecuencia lóxica necesaria e que se denomina conclusión. O ideal metodolóxico das ciencias formais é constituírse nun sistema axiomático, que conta cos seguintes elementos:

  • Axiomas: os principios fundamentais indemostrables dentro do sistema.
  • Regras de formación e transformación: permiten acadar novos resultados válidos para ampliar o sistema.
  • Teoremas: enunciados obtidos dedutivamente a partir dos axiomas ou de outros teoremas xa demostrados.

A indución

A indución é un razoamento no que,...

Seguir lendo "Métodos da Ciencia e o Xiro Histórico-Sociolóxico" »

A Ética do Discurso: Apel e Habermas e a Razón Dialóxica

Filosofía e ética2,28 KB

A ética do discurso

A partir dos anos 70 do século XX, Karl-Otto Apel (Alemaña, 1921) e Jürgen Habermas (Alemaña, 1929), profesores da Universidade de Frankfurt, propóñense continuar a tradición da ética kantiana, pero superando as súas insuficiencias. Chaman á súa teoría «ética do discurso» e están de acordo con Kant en que o mundo moral é o da autonomía humana, é dicir, o daquelas normas que os seres humanos nos impoñemos a nós mesmos. Precisamente porque nolas impoñemos nós, e non a natureza, podemos promulgalas ou rexeitalas, aceptalas ou abolilas.

Non obstante, discrepan de Kant –entre outras cousas– á hora de determinar o que significa «impoñémonos as nosas propias normas». É dicir, non están de acordo...

Seguir lendo "A Ética do Discurso: Apel e Habermas e a Razón Dialóxica" »

Dicionario de Termos Galegos: Vocabulario Esencial

Filosofía e ética6,66 KB

Explora e aprende o significado de diversas palabras e expresións da lingua galega. Unha guía completa para enriquecer o teu léxico e comprender mellor o galego cotián.

Escintilar
Brillar de maneira intermitente, con intensidade e cor variable.
Trousar
Lanzar pola boca [algo que estaba contido no estómago].
Van
Que só se preocupa de cousas sen importancia.
Transexual
Persoa que ten a convicción de pertencer ao sexo oposto.
Carrapicho
  • Peiteado que se fai entretecendo tres ou máis guechos de pelo.
  • Trenza.
Rifar
Decidir, mediante un procedemento no que intervén o azar, a quen lle vai tocar [algo].
Laio
Acción e efecto de laiar ou laiarse.
Matutina
Que ten lugar durante as horas da mañá.
Balbordo
Ruído de moitas voces xuntas.
Quenda
Tempo en que lle corresponde
...
Seguir lendo "Dicionario de Termos Galegos: Vocabulario Esencial" »

A Ontoloxía de Platón: Teoría dos Dous Mundos e o Símil da Liña

Filosofía e ética3,4 KB

A Teoría dos Dous Mundos de Platón

Na súa ontoloxía, Platón afirma a existencia de dous mundos:

  • O Mundo Sensible: O mundo que nos rodea e que podemos ver e tocar.
  • O Mundo Intelixible: Onde, segundo Platón, existen os conceptos permanentes e inmutables chamados formas ou ideas.

Neste mundo sensible non existiría a auténtica realidade, xa que nel están só as copias imperfectas das ideas do Mundo Intelixible.

Argumentos Centrais da Ontoloxía Platónica

Os principais argumentos que sustentan esta teoría da ontoloxía de Platón son:

  • A ciencia só é posible se ten obxecto propio.
  • A realidade é exterior e independente das cousas particulares.
  • Cando se lle chama algo polo mesmo nome é porque ten semellanza, xa que participa nun mesmo modelo.
...
Seguir lendo "A Ontoloxía de Platón: Teoría dos Dous Mundos e o Símil da Liña" »