Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Filosofía e ética

Traballo, Tecnoloxía e Tecnocracia: Unha Análise Filosófica

Filosofía e ética2,85 KB

      TRABALLO,TECNOLOXÍ A E TECNOCRACIA

+TRABALLO ,SER HUMANO E SOCIEDADE
?
ACCIÓN PRODUCTIVA con finalidade CONSCIENTE e INTERSUBXECTIVA
• Ten lugar : SOCIDADE e ESTRUCTURAA = base da orde social ( E.M. Nobres-servos etc? Determina:
MARCO ECONÓMICO??
MERCADO ( producto= prezo
•Relación coa natureza inmediata ou con mediacións?Relación coa natureza inmediata ou con mediacións? SATISFACCIÓN de necesidades primarias ou secundarias?A diferenza do animal ( = aproveita o medio) supón a ESENCIA DO HOME ( revela a súa universalidade)
•Elabora ferramentas producindo obras e bens
•A traveso del transformase o Home ( se obxetiva e plasma)e a natureza conforme a un fin

+ PROPIEDADE E TRABALLO ALIENADO
PROPIEDADE= dereito...

Seguir lendo "Traballo, Tecnoloxía e Tecnocracia: Unha Análise Filosófica" »

A alienación e o materialismo histórico en Karl Marx

Filosofía e ética3,14 KB

A alienación nos Manuscritos de 1844

O texto pertence aos Manuscritos económico-filosóficos de 1844, obra do chamado “Marx novo”, na que desenvolve unha análise humanista da alienación no contexto da sociedade capitalista. Esta reflexión sitúase no século XIX, nun momento marcado pola Revolución Industrial, que transformou profundamente as estruturas económicas e sociais.

O paso do traballo artesanal á produción industrial deu lugar ao capitalismo, sistema baseado na propiedade privada dos medios de produción. Neste contexto xorden dúas clases sociais enfrontadas: a burguesía e o proletariado. Marx, influído por Hegel, Feuerbach e a economía política inglesa, elabora unha crítica radical deste sistema.

A idea principal:

...
Seguir lendo "A alienación e o materialismo histórico en Karl Marx" »

Marx e a Ideoloxía Alemá: O Materialismo Histórico

Filosofía e ética3,73 KB

Contexto Histórico e Filosófico

O texto pertence á obra A ideoloxía alemá de Karl Marx e Friedrich Engels, e sitúase no contexto do século XIX, unha etapa marcada pola Revolución Industrial e pola consolidación do sistema capitalista. Neste período prodúcese, por unha banda, un notable avance das forzas produtivas e, por outra, un aumento das desigualdades sociais entre a burguesía e o proletariado. Neste marco, Marx desenvolve o seu pensamento a partir dunha crítica ao idealismo de Georg Wilhelm Friedrich Hegel, defendendo unha visión materialista da realidade.

A Relación entre Vida Material e Conciencia

O tema principal do texto é a relación entre a vida material e a conciencia, sostendo que é a realidade material a que condiciona...

Seguir lendo "Marx e a Ideoloxía Alemá: O Materialismo Histórico" »

Alegoría da liña de Platón: Dianoia e coñecemento

Filosofía e ética2,91 KB

Alegoría da liña de Platón

No libro A República, Platón usa a metáfora da liña para explicar os distintos niveis de coñecemento. Con esta comparación mostra que non todos os tipos de saber teñen o mesmo valor. O coñecemento divídese en catro niveis:

  1. Eikasía: imaxinación, sombras e imaxes.
  2. Pistis: crenza nas cousas que vemos cos sentidos.
  3. Dianoia: pensamento racional propio das ciencias e das matemáticas.
  4. Noesis: coñecemento puro das Ideas, o máis alto de todos.

A Dianoia: pensamento científico e xeométrico

Este fragmento céntrase na dianoia, que é o pensamento dos científicos e xeómetras.

Platón di que este tipo de pensamento é superior á simple opinión, pero non é o coñecemento definitivo, porque parte de hipóteses sen...

Seguir lendo "Alegoría da liña de Platón: Dianoia e coñecemento" »

''o coñecemento teorico''

Filosofía e ética8,21 KB

ANÁLISE

O mito da caverna, segundo Platón, amosa que o que percibimos cos sentidos, o chamado mundo sensible, non é a verdadeira realidade, senón unha copia ou ilusión. Para Platón existe un mundo máis real, o mundo das ideas, onde se atopan as formas perfectas de todas as cousas, como a beleza, a xustiza ou a bondade.

No mito, uns prisioneiros permanecen encadeados dentro dunha caverna, vendo só as sombras que se proxectan nas paredes e crendo que esas sombras son a única realidade. Cando un prisioneiro consegue liberarse e saír ao exterior, a luz do sol faino sufrir, pero pouco a pouco descobre o verdadeiro mundo que o rodea. O sol simboliza a verdade e o ben, a fonte do coñecemento. Ao volver á caverna para contarlles aos demais...

Seguir lendo "''o coñecemento teorico''" »

A Filosofía de Platón: Teoría das Ideas, Ética e Política

Filosofía e ética11,69 KB

Platón: Vida e Contexto Histórico

Platón naceu en Atenas no 427 a.C. e foi un dos grandes discípulos de Sócrates, o seu mestre. Criouse no seio dunha familia aristocrática. Ao volver a Atenas fundou unha escola chamada Academia, que se converteu no centro da vida intelectual. As súas últimas obras recollen un cambio no pensamento e estilo dos seus escritos.

A sociedade ateniense da época, marcada polas Guerras Médicas, estaba dividida xerarquicamente en cidadáns, metecos e escravos. Ademais disto, as mulleres, en xeral, estaban moi mal consideradas.

A Teoría das Ideas

A Teoría das Ideas inclúe as bases fundamentais sobre as que se apoia o pensamento de Platón. O filósofo ofrece, por unha banda, unha solución conciliadora ao problema...

Seguir lendo "A Filosofía de Platón: Teoría das Ideas, Ética e Política" »

Filosofía Moderna: Conceptos Clave de Descartes, Locke e Kant

Filosofía e ética19,76 KB

René Descartes: Conceptos Fundamentais

Método
Conxunto de preceptos racionais que orientan as operacións intelectuais (*intuición* e *dedución*) na súa busca da verdade. Neste autor son: *evidencia*, *análise*, *síntese*, *enumeración* ou *revisión*.
Dúbida
Consideración previa á aplicación do método cartesiano consistente en supoñer, provisionalmente, como falsos todos os coñecementos teóricos adquiridos, tanto sensibles como intelectuais, co fin de chegar á verdade.
Mathesis Universalis
Sistema universal de saber de estrutura matemática co que se resolverían todos os problemas tanto teóricos como prácticos. É construído a partir da aplicación rigorosa do método cartesiano.
Verdade
Evidencia, certeza, cuxos criterios se
...
Seguir lendo "Filosofía Moderna: Conceptos Clave de Descartes, Locke e Kant" »

O Contrato Social de John Locke e a División de Poderes

Filosofía e ética2,44 KB

O contrato social de John Locke

O filósofo ilustrado John Locke loitou contra o absolutismo e, na súa obra Segundo tratado sobre o goberno civil (1689), defendeu as liberdades individuais e a capacidade do ser humano de construír o seu destino. O gran problema do absolutismo que defendía Hobbes é que, ao dispoñer de todos os dereitos e non adquirir deberes de ningún tipo, o monarca absoluto queda fóra do contrato social: os seus privilexios fano estar en «estado de natureza» respecto aos seus súbditos. Quen nos protexe dese Estado que «nos protexe»?

Dereitos naturais e a necesidade do Estado

A razón descóbrenos que, no estado de natureza, os seres humanos posuímos algúns dereitos:

  • Dereito á vida.
  • Dereito á liberdade.
  • Dereito á
...
Seguir lendo "O Contrato Social de John Locke e a División de Poderes" »

Teoría do desenvolvemento moral de Lawrence Kohlberg

Filosofía e ética2,49 KB

A capacidade moral é un trazo exclusivo do ser humano, pero non nacemos con ela no seu pleno desenvolvemento, senón coa disposición para aprendela.

O desenvolvemento moral segundo Lawrence Kohlberg

En 1955, o psicólogo Lawrence Kohlberg realizou unha investigación ética con xente nova e descubriu que o razoamento moral atravesa tres niveis de desenvolvemento ata alcanzar a plenitude:

1. Nivel preconvencional

A persoa xustifica as súas decisións morais non por respecto a unha norma, senón por temor a ser castigada por unha autoridade. Cando o suxeito moral vai evolucionando, comeza a seguir os seus propios intereses, polo que a norma coincide co seu propio beneficio.

2. Nivel convencional

A persoa xustifica as súas decisións pola aprobación

...

Seguir lendo "Teoría do desenvolvemento moral de Lawrence Kohlberg" »

Descartes e as Ideas: O Camiño á Realidade Extramental

Filosofía e ética2,83 KB

O Punto de Partida: A Certeza do Eu Pensante

Temos xa unha verdade absolutamente certa: a existencia do eu como suxeito pensante. Esta existencia indubidable do eu non parece implicar, non obstante, a existencia de ningunha outra realidade. Como demostrar a existencia dunha realidade extramental, exterior ao pensamento?

O Desafío de Descartes: Deducir a Realidade

O problema é enorme, sen dúbida, xa que a Descartes non lle queda máis remedio que deducir a existencia da realidade a partir da existencia do pensamento. Fagamos balance e inventario dos elementos con que contamos:

  • O pensamento como actividade (o eu penso).
  • As ideas que pensa o eu.

A Natureza Dual das Ideas

A afirmación de que o obxecto do pensamento son as ideas (non as cousas) leva...

Seguir lendo "Descartes e as Ideas: O Camiño á Realidade Extramental" »