Utilitarismo e Ética Discursiva: Teorías e Desafíos
O Utilitarismo na Filosofía Moral
O utilitarismo é a teoría ética moi próxima ao eudemonismo e ao hedonismo. Defende que a finalidade humana é a felicidade ou o pracer. Un utilitarista afirma que a fin de toda acción correcta é a felicidade. O pracer é, polo tanto, un ben común ou ben xeral. Hai dúas versións desta filosofía moral:
- Utilitarismo do acto: é necesario xulgar a moralidade de cada acción, sexan boas ou malas.
- Utilitarismo da regra: recomenda axustar as nosas accións ás regras habituais, consideradas morais pola utilidade e pola bondade das súas consecuencias.
Actualmente, o utilitarismo segue aínda patente nas teorías económicas da democracia e tivo influencia no chamado "Estado do Benestar".
A Ética Discursiva
É herdeira e continuadora da ética kantiana; é formal e procedemental, pois establece o procedemento para determinar que normas teñen validez ética. Para as éticas discursivas, é norma moral aquela que é aceptable pola comunidade de diálogo. O que diferencia esta ética discursiva da ética kantiana é que quen decide se unha norma é universalizable non é un individuo en solitario, senón toda a comunidade de falantes libres e racionais.
Jürgen Habermas desenvolveu unha ética discursiva deste tipo: só teñen validez aquelas normas aceptadas por consenso nunha situación ideal de diálogo. Esta situación ideal debe cumprir unha serie de requisitos:
- Todos os afectados deben participar na súa discusión.
- Deben ter os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades.
- Non pode existir coacción de ningún tipo.
- Todos os participantes deben intervir no diálogo.
Problemas Éticos Actuais
Moralidade e Legalidade
Entre ambas existe unha diferenza fundamental. As normas legais só esixen un cumprimento externo, mentres que as normas morais esixen a adhesión interior. A moral é autónoma (a miña propia conciencia impón as normas que debo acatar), mentres que o dereito é heterónomo (as leis que estou obrigado a obedecer sonme impostas desde fóra).
Aínda que moral e dereito sexan ámbitos distintos, entre eles dase unha relación. As leis dunha comunidade deben responder e reflectir, na medida do posible, a moral desa comunidade.
Problemas Ecolóxicos
Os novos mecanismos tecnolóxicos manipulan e modifican o medio e inflúen a escala planetaria. A conciencia ecolóxica xurdiu nos últimos anos cunha forza que poucos problemas máis logran igualar. En ámbitos coma este, xorden conflitos que requiren unha análise seria e rigorosa. A defensa da natureza pode suscitar dilemas éticos.