Sofistas: Crítica de Sócrates e Platón ao Relativismo

Filosofía e ética2,56 KB

Por outra banda, Sócrates compartiu con Platón o seu rexeitamento aos sofistas polo seu utilitarismo, a súa orientación da educación cara o éxito na política e a súa actitude sensista, subxectivista e relativista (Emilio Lledó e outros, Historia da Filosofía).

Escepticismo Sofista e Negación da Realidade

Os sofistas exerceron un escepticismo burlón e disolvente (Jesús Mosterín, op. Cit). Negaron a distinción, establecida por Parménides e recollida posteriormente por Platón, entre o que as cousas parecen ser e o que son en realidade; para eles non hai máis realidade que a das aparencias. Así mesmo, opoñíanse á dicotomía (tamén platónica e de orixe parmenídea) entre saber indubidable e opinión ilusoria, xa que todas as nosas opinións están no mesmo plano, e todas cambian por efecto da persuasión (Jesús Mosterín, op. Cit).

Gorxias, como Protágoras, negou a posibilidade dun coñecemento obxectivo, ridiculizando as doutrinas parmenídeas da distinción entre saber e opinar, entre verdade e aparencia, adoptando un punto de vista escéptico que se traduce na negación da realidade, da posibilidade do coñecemento e da capacidade da nosa linguaxe para expresalo.

A Persuasión Política e as Ideas Morais

Os sofistas adicábanse a ensinar a arte de persuadir para triunfar en política. A filosofía de Protágoras, o primeiro sofista e o máis importante, constituía unha especie de fundamentación teórica da democracia. Toda ela baseábase na liberdade de expresión, nun gran respecto polas opinións dos demais, na xustiza do proceso democrático, na necesidade de instaurar a persuasión pacífica en vez do uso da forza como base da vida política (Jesús Mosterín, op. Cit).

Trasímaco e a Xustiza

No ámbito da reflexión moral e política destaca Trasímaco, quen define a xustiza como o interese do máis forte. Esta afirmación non pretende, sen embargo, prescribir ningún tipo de acción política; limítase a describir a situación da súa época, na que, segundo cre, as leis son ditaminadas polos que exercen o poder para o seu propio beneficio.

Igualdade e Conflito co Platonismo

Hipias e Antifón establecen, por vez primeira, o principio de igualdade entre os homes, anticipando en gran medida unha concepción da democracia non excluínte. Tales consideracións entran en conflito co punto de vista platónico, partidario, como xa temos dito, dunha orde moral caracterizada pola xerarquización das funcións e, conseguintemente, dos cidadáns.

Descargar

PDF Word HTML