Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Perder peso suando: Por que é un mito perigoso?

Bioloxía2,5 KB

O mito de que suar abundantemente axuda a perder peso

Os valores medios de graxa corporal sitúanse entre o 15 e o 25 % nos homes, e entre o 25 e o 35 % nas mulleres. As causas da obesidade son diversas e céntranse, especialmente, nunha dieta pouco equilibrada —con exceso de calorías que non achegan vitaminas nin minerais (azucre branco, alcol, pan branco)— e no sedentarismo. Noutras ocasións, a obesidade responde a factores hormonais ou xenéticos, sendo o seu tratamento máis complexo.

Por que suar non é perder graxa

Algunhas persoas pensan que para perder o peso que lles sobra hai que realizar un exercicio físico que produza gran cantidade de suor. O obxectivo é perder a maior cantidade posible de líquidos e aumentar a temperatura...

Seguir lendo "Perder peso suando: Por que é un mito perigoso?" »

Conceptos Fundamentais da Filosofía: De Platón a Descartes

Filosofía e ética2,96 KB

A Idea en Platón

Platón chama ideas ás realidades perfectas, que nunca cambian e sempre permanecen idénticas. Estas só se poden captar mediante a razón; son eternas, perfectas e inmutables.

Metafísica idealista

Platón defendía que as esencias existen por si mesmas, independentemente de nós. As esencias son transcendentes, xa que posúen unha realidade intelixible, distinta do que podemos percibir polos sentidos. Afirmaba que, se queriamos coñecer as esencias reais, tiñamos que desconfiar dos sentidos e empregar unicamente a nosa razón.

Metafísica realista de Aristóteles

Aristóteles non cría que as esencias existisen de forma independente nun mundo separado. A verdadeira realidade está constituída polos individuos particulares...

Seguir lendo "Conceptos Fundamentais da Filosofía: De Platón a Descartes" »

Conceptos Clave da Historia de España e Galicia

Historia6,5 KB

Glosario de Termos Históricos

Economía predadora

Economía predadora caracterizada por consumir os recursos da natureza sen xerar produción e que está baseada na caza de animais, a pesca e a recolección de froitos silvestres. É característica do Paleolítico. Oponse á economía produtiva.

Megalitismo

Megalitismo: cultura xurdida no Calcolítico en numerosas áreas peninsulares e europeas e caracterizada polas construcións con finalidades funerarias, feitas a base de grandes pedras que dan nome á cultura megalítica. A súa tipoloxía é variada: dólmenes, menhires, taulas...

Castro

Castro: poboado característico dos pobos prerromanos no noroeste peninsular. Estaban situados en lugares defensivos e rodeados de fortificacións de pedra...

Seguir lendo "Conceptos Clave da Historia de España e Galicia" »

A Reforma Agraria da II República Española: Obxectivos e Consecuencias

Historia4,04 KB

A Reforma Agraria da II República

Un dos elementos centrais do proceso reformista impulsado polos gobernos republicanos foi a reforma agraria. O seu obxectivo era facer fronte á desigual distribución da propiedade da terra, para mellorar a situación do campesiñado e incrementar a produtividade agrícola.

A existencia de masas de campesiños sen terras, xornaleiros das rexións latifundistas do sur, e de pequenos propietarios e arrendatarios ao límite da subsistencia nas rexións setentrionais, constituía un problema endémico en España. Por iso a reforma agraria converteuse nunha das principais reivindicacións do campesiñado.

Medidas Precursoras (Goberno Provisional)

Antes da súa aprobación en 1932, o goberno provisional de Niceto Alcalá-...

Seguir lendo "A Reforma Agraria da II República Española: Obxectivos e Consecuencias" »

Literatura Galega do Exilio: Autores, Obras e Contexto Histórico

Outras linguas estranxeiras3,52 KB

A Literatura Galega do Exilio

A literatura galega do exilio é a produción literaria en galego despois da Guerra Civil desenvolvida fóra de Galicia. A maior parte da actividade literaria estaba concentrada en México e Bos Aires. Nesta última cidade, os exiliados contactaron coas persoas que emigraran antes da sublevación militar para intentar manter viva a nosa cultura. Esta literatura estaba marcada polo compromiso galeguista, o auxe da poesía cívico-social, a mestizaxe e o cosmopolitismo.

A Poesía do Exilio

A poesía vai ser un dos xéneros máis cultivados, caracterizado por retomar o ton cívico e social de Cabanillas, o predominio do discurso comprometido e a mitificación do pasado. O poeta Luís Seoane escribe Fardel de eisilado...

Seguir lendo "Literatura Galega do Exilio: Autores, Obras e Contexto Histórico" »

A Literatura Galega entre 1800 e 1833: O Prerreurdimento

Outras linguas estranxeiras3,29 KB

A literatura galega entre 1800 e 1833

Nos primeiros anos do século houbo unha gran axitación política por mor da invasión francesa e as loitas entre absolutistas e liberais. Isto favoreceu unha literatura de carácter propagandista que, aínda que carece de valor literario, ten importancia documental e lingüística; estes textos significaron un paso na revalorización do galego. Neste período destacan autores como Antonio Benito Fandiño, Nicomedes Pastor Díaz e as panxoliñas de Nadal formadas por diversos autores.

Escritos propagandísticos

Entre 1808 e 1810 aparecen textos de propaganda antifrancesa para poñer o pobo en contra da invasión napoleónica. Estes textos estaban escritos en galego para que tivesen unha mellor comprensión

...
Seguir lendo "A Literatura Galega entre 1800 e 1833: O Prerreurdimento" »

Estrutura e Tipos de Argumentos: Guía de Retórica Galega

Filosofía e ética2,85 KB

Cuestións I: Estrutura e Tipos de Argumentos

Un argumento é un discurso no que o autor dá razóns para sustentar unha opinión, de maneira que un enunciado, ao que chamamos conclusión, está sustentado por outros enunciados chamados premisas.

Pódense distinguir dous dominios argumentativos e tres tipos de argumentos:

  • Dominio Teórico

    • Argumentos teóricos: Son os que tratan de que crer ou ter por verdadeiro. A conclusión expresa que tal cousa é un feito.
  • Dominio Práctico

    • Argumentos normativos: Tratan de que facer. A conclusión indica unha recomendación ou unha orde.
    • Argumentos valorativos: Tratan de que preferir ou valorar. A conclusión é unha valoración, tanto positiva como negativa.

Os Tres Métodos para Convencer

Aristóteles explicou...

Seguir lendo "Estrutura e Tipos de Argumentos: Guía de Retórica Galega" »

Os Grandes Imperios Coloniais: Expansión e Conflitos

Ciencias sociais2,34 KB

Os grandes imperios coloniais

  • Imperio británico: Foi o máis grande dos imperios. Os seus intereses básicos centráronse fundamentalmente na India, a "xoia da Coroa", e no control das principais rutas comerciais. Dentro do imperio colonial británico cómpre destacar un tipo especial de colonias: os dominios, que son aquelas zonas de ultramar nas que se instalaron importantes continxentes de poboación inglesa.
  • Imperio francés: Francia foi a potencia que logrou formar un imperio colonial de importancia mundial. No entanto, a súa expansión foi máis reducida e orientouse, principalmente, ao control da África mediterránea e do Extremo Oriente asiático.
  • Alemaña: Non amosou un excesivo interese pola carreira colonial. O seu chanceler, Bismarck,
...
Seguir lendo "Os Grandes Imperios Coloniais: Expansión e Conflitos" »

Conceptos Clave da Historia de España no Século XIX

Historia3,43 KB

Abdicacións de Baiona

Renuncias sucesivas, acontecidas na cidade francesa de Baiona en 1808, de Carlos IV e o seu fillo Fernando VII ao trono de España en favor de Napoleón Bonaparte, quen pouco despois cedeu eses dereitos ao seu irmán, que reinou co nome de Xosé I Bonaparte.

Afrancesados

Reducido grupo de españois que apoiou a Xosé I Bonaparte nas tarefas de goberno. Consideraban que o reformismo autoritario francés era o único medio para lograr a renovación e o cambio en España. Ao finalizar a Guerra de Independencia foron perseguidos e moitos exiliáronse a Francia.

Cantonalismo

Modelo de organización territorial que defende a creación dun estado composto por unidades políticas territoriais soberanas —os cantóns— que mediante

...

Seguir lendo "Conceptos Clave da Historia de España no Século XIX" »

Crise Económica do Século XVII en España: Causas e Recuperación

Historia2,67 KB

A diminución da produción agraria e gandeira

O despoboamento das zonas rurais, o aumento das cargas impositivas e a substitución dos cereais por outros cultivos comerciais reduciron a produción. A gandería de Filipe II tamén se resentiu da perda de poboación e produciuse unha caída da produción de lana.

A crise das actividades téxtiles, sobre todo en Castela

A diminución da demanda, o aumento dos impostos e mais a competencia da produción estranxeira (flamenga, inglesa, etc.) arruinaron os artesáns casteláns.

A decadencia doutras actividades artesanais

As actividades relacionadas coas necesidades do Estado, como a construción naval e a metalurxia, víronse afectadas polos problemas económicos da coroa.

A diminución da chegada de

...
Seguir lendo "Crise Económica do Século XVII en España: Causas e Recuperación" »