Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

A comunicación humana: linguaxe, lingua e fala

Informática2,51 KB

1. A comunicación

A comunicación non é un fenómeno exclusivamente humano; moitas especies animais dispoñen de sistemas para comunicarse cos seus semellantes e mesmo poden recibir información doutros.

Os seres humanos son os únicos que poden expresarse a través de símbolos, verbais e non verbais.

A comunicación humana ten como forma fundamental a linguaxe verbal (oral e escrita) e por iso se denomina comunicación linguística. Pero existen tamén sistemas non verbais que empregamos para transmitir información, denominados paralinguísticos e extralinguísticos.

Tipos de comunicación

  • A comunicación linguística: a comunicación oral emprega a canle acústica para transmitir as mensaxes orais. A comunicación escrita non é unha simple
...
Seguir lendo "A comunicación humana: linguaxe, lingua e fala" »

Formación Xeolóxica da Península Ibérica e Vocabulario

Xeografía2,77 KB

1. Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e as Illas

  • Era Arcaica: Emerxeu do mar unha banda arqueada formada por lousas e gneis de noroeste a sueste, a actual Galicia. Tamén xurdiron elevacións no Sistema Central e nos Montes de Toledo. Esta era foi arrasada pola erosión e cuberta polos mares paleozoicos.
  • Paleozoico: Tivo lugar a Oroxénese Herciniana ou Varisca, onde xurdiron cordilleiras formadas por granito, lousa e cuarcita. Elevouse o Macizo Ibérico, que foi arrasado pola erosión e convertido máis tarde nun zócalo.
  • Mesozoico: Período de calma con predominio da erosión e sedimentación, que axudaron ao aplanamento das cordilleiras hercinianas. A inclinación do zócalo da Meseta permitiu a entrada do mar, depositando
...
Seguir lendo "Formación Xeolóxica da Península Ibérica e Vocabulario" »

O galego no primeiro terzo do século XX: Historia e lingua

Lingua e literatura3,31 KB

O galego no primeiro terzo do século XX

Características lingüísticas fundamentais

Inquedanza pola elaboración dun estándar para o galego. As Irmandades e o Seminario de Estudos Galegos levarán a iniciativa coa publicación do Vocabulario castellano-gallego e algunhas normas para a unificación do idioma galego. Algunhas son:

  • A escolla do i latino fronte ao grego.
  • As grafías ll e ñ.
  • A elección de x.
  • O abandono do apóstrofo.
  • A redución do uso do guión.
  • O uso do h etimolóxico.

Ademais, nesta época apareceron varias gramáticas, como a de Carré Alvarellos e a de Lugrís Freire.

Contexto histórico

  • Fúndase a RAG en 1905.
  • O movemento agrario remove as vellas estruturas sociais galegas.
  • Fúndanse as Irmandades da Fala; un obxectivo fundamental
...
Seguir lendo "O galego no primeiro terzo do século XX: Historia e lingua" »

A Literatura Galega na Postguerra: Xeracións e Autores

Lingua e literatura2,92 KB

A literatura galega na postguerra

Como consecuencia da Guerra Civil, desaparece case por completo a produción literaria en galego. Só continúa no exilio, onde poetas como Luis Seoane ou Emilio Pita fan poesía crítica e de compromiso. En Galicia hai unha tímida recuperación en 1947 coa publicación de “Cómaros verdes” e, dous anos despois, coa creación da editorial Galaxia.

Esta situación provoca que vexan a luz obras de tres xeracións diferentes:

  • Xeración do 36: Poetas nacidos entre 1910 e 1920. A guerra cólleos na súa xuventude e son de culturas e estilos moi diferentes. Destacan: Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro...
  • Nacidos entre 1920 e 1930: Viven o drama da posguerra e a pobreza cultural dunha sociedade censurada. Destacan:
...
Seguir lendo "A Literatura Galega na Postguerra: Xeracións e Autores" »

Historia de Galicia: galego e literatura (s. XV–XVIII)

Lingua e literatura2,57 KB

Galicia a fins da Idade Media (s. XV)

O reino de Galicia na Coroa de Castela

  • Desgaleguización da nobreza.
  • Desgaleguización da Igrexa.
  • Centralización do poder a partir do reinado dos Reis Católicos.
  • Galicia asiste ao desenvolvemento da Idade Moderna desde unha posición marginal.
  • Existía unha corrente de opinión defensora dos intereses galegos.

Galego-portugués, galego e portugués

  • Os portugueses inician unha expansión ultramarina que vai supoñer tamén o espallamento do idioma por África, Asia e América.
  • En Galicia non será posible a conformación dunha norma culta debido á crecente castelanización.

A etapa do galego medio (s. XVI–XVIII)

  • A decadencia política produciu un retroceso no ámbito da administración.
  • 300 anos nos que non houbo
...
Seguir lendo "Historia de Galicia: galego e literatura (s. XV–XVIII)" »

Glosario de Termos de Lingua, Cinema e Literatura

Maxisterio3,1 KB

Conceptos de Lingua, Literatura e Cinema

O texto argumentativo

Texto argumentativo: aquel no que o autor presenta unha opinión acerca dun tema, defende o seu punto de vista e achega datos, informacións e argumentos para probar a veracidade das súas ideas.

Linguaxe cinematográfica: planos e encadramentos

  • Plano: conxunto de imaxes que se filman desde que se pulsa o botón da cámara ata que se solta.
  • Escena: conxunto de planos delimitados por un mesmo escenario, uns mesmos personaxes e unha mesma acción.
  • Secuencia: sucesión de planos integrados nunha ou máis escenas, que forman unha unidade dentro da película; a formada por un só plano chámase plano-secuencia e nela o tempo narrado é igual ao tempo real.
  • Gran plano xeral: abarca un espazo
...
Seguir lendo "Glosario de Termos de Lingua, Cinema e Literatura" »

A UCD e a Transición Española: Crise, Golpes e Consolidación da Democracia

Historia3,79 KB

A UCD e a Transición Española

A UCD, formación política creada por Adolfo Suárez, logrou gañar dúas convocatorias electorais, a de 1977 e a de 1979, pero en ambas non tiña a maioría absoluta. Esta formación era un partido moi heteroxéneo, resultado da confluencia de individualidades políticas procedentes do antigo franquismo, democristiáns, liberais e incluso da socialdemocracia.

Os Primeiros Anos da Transición

Os primeiros anos da Transición foron moi duros por varios factores: a crise económica do 73, sentida en España dun xeito máis tardío, xerou taxas de inflación altas e un paro crecente que xerou un enorme malestar social con numerosas folgas. A gravidade da situación motivou os Pactos da Moncloa como un acordo global...

Seguir lendo "A UCD e a Transición Española: Crise, Golpes e Consolidación da Democracia" »

A narrativa galega nos anos 90: Xéneros e autores

Outras linguas estranxeiras4,7 KB

A narrativa galega na década dos noventa

Neste decenio establécese de xeito definitivo o xénero novelesco no sistema literario galego, pois os mecanismos de promoción, edición, produción e crítica están xa plenamente consolidados.

Por outra banda, no primeiro quinquenio da década, autores que se dedicaban á produción de relatos ou de poesía optan polo xénero central da narrativa. É o caso de Ramiro Fonte, M. Forcadela, Darío X. Cabana, Manuel Rivas, etc. Ademais, continúan publicando autores xa consagrados como Anxo A. Rei Ballesteros, Víctor F. Freixanes, Carlos Casares e Méndez Ferrín.

Un dos feitos máis significativos desta década é a tendencia, xa iniciada nos oitenta, á diversificación xenérica; deste xeito, proliferan...

Seguir lendo "A narrativa galega nos anos 90: Xéneros e autores" »

Explorando a Literatura Galega do Exilio entre 1936 e 1976

Outras linguas estranxeiras3,03 KB

A Literatura do Exilio entre 1936 e 1976

Poesía, prosa e teatro

A Guerra Civil e a conseguinte ditadura franquista (1936-1975) supuxo o desmantelamento do sistema literario galego en Galicia. A maior parte da actividade literaria estaba concentrada en México e Bos Aires. Nesta última cidade, os exiliados entraron en contacto cos emigrantes antes da sublevación militar e comezaron a impulsar revistas, libros e reimpresións para intentar manter viva a nosa cultura. As características da literatura galega do exilio son o compromiso galeguista, a auxe da poesía cívico-social, a mestizaxe e o cosmopolitismo.

Poesía

Luís Seoane: Polifacético en Bos Aires, tivo unha actividade variada e intensa: funda revistas, fai radio, ilustra libros…...

Seguir lendo "Explorando a Literatura Galega do Exilio entre 1936 e 1976" »

Principais Acontecimentos da Transición Española

Historia3,17 KB

Contubernio de Múnic

Contubernio de Múnic: termo dado polo réxime franquista á reunión celebrada en Múnic en 1962 do Congreso do Movemento Europeo, organizado por Salvador de Madariaga, onde participan membros da oposición antifranquista, tanto do interior como do exilio, na que se esixe que os países que queiran entrar en institucións europeas teñen que ter un réxime democrático ante o intento de España de entrar na CEE.

Lei para a Reforma Política

Lei para a reforma política: instrumento legal para articular a transición dende as institucións da ditadura a unhas novas institucións democráticas. Foi elaborado por Torcuato Fernández de Miranda (presidente das últimas Cortes da ditadura) co respaldo da Coroa e do Goberno de

...
Seguir lendo "Principais Acontecimentos da Transición Española" »