Literatura Galega do Exilio: Autores, Obras e Contexto Histórico

Outras linguas estranxeiras3,52 KB

A Literatura Galega do Exilio

A literatura galega do exilio é a produción literaria en galego despois da Guerra Civil desenvolvida fóra de Galicia. A maior parte da actividade literaria estaba concentrada en México e Bos Aires. Nesta última cidade, os exiliados contactaron coas persoas que emigraran antes da sublevación militar para intentar manter viva a nosa cultura. Esta literatura estaba marcada polo compromiso galeguista, o auxe da poesía cívico-social, a mestizaxe e o cosmopolitismo.

A Poesía do Exilio

A poesía vai ser un dos xéneros máis cultivados, caracterizado por retomar o ton cívico e social de Cabanillas, o predominio do discurso comprometido e a mitificación do pasado. O poeta Luís Seoane escribe Fardel de eisilado e As cicatrices, cuxos trazos principais son a recreación histórica, o ton cívico e a sinxeleza na linguaxe. Lorenzo Varela, caracterizado pola poesía cívica e a preocupación formal, escribe a obra Catro poemas para catro gravados. Emilio Pita desenvolve unha poesía combativa cun forte compromiso cívico como en Polos camiños dos pobos e tamén unha poesía próxima á literatura popular e neotrobadoresca como en Cántigas de nenos.

A Produción Literaria en América

De 1940 a 1944 publícanse en América 18 libros en galego e varios en castelán; en Galicia, nada. Eduardo Blanco Amor publica A esmorga e Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego.

A Narrativa do Exilio

A narrativa do exilio está marcada pola experiencia vital dos seus autores, pola Guerra Civil e polo sufrimento do exilio. Ramón de Valenzuela exiliouse en Bos Aires, onde colaborou en "Galicia emigrante" e publica Non agardei por ninguén e Era tempo de apandar. En cambio, Silvio Santiago foxe a Portugal ata que consegue chegar a Venezuela mentres escribe Vilardevós e O silencio redimido. Antón Alonso Ríos fíxose pasar por esmoleiro ata que pasou a Portugal, á vez que foi vendo como os seus compañeiros foron apresados, torturados e asasinados. Escribe Da saudade, Amore, Arte e Misticismo e O siñor Afranio. Ou como me rispei das gadoupas da morte (novela autobiográfica).

O Teatro Galego no Exilio

O teatro galego tivo máis fortuna no exilio americano ca na propia Galicia durante a ditadura debido á supervivencia dalgunhas compañías de teatro como a Compañía Galega Maruja Villanueva ou a creación dalgunhas novas como o Teatro Popular Galego. Cómpre mencionar aos seguintes autores coas súas obras:

  • Ánxel Fole (Pauto do demo)
  • Eduardo Blanco Amor (Farsas para títeres e Teatro pra a xente)
  • Luís Seoane (A soldadeira)
  • Isaac Diaz Pardo (Midas)
  • Manuel Daniel Varela Buxán (Taberna sin dono)
  • Castelao (Os vellos non deben namorarse)

O Ensaio no Exilio

Moitos autores impulsaron o xénero ensaístico como Castelao con Sempre en Galiza, Antón Alonso Ríos con Co pensamento na patria galega e Xerardo Álvarez Gallego con Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda.

Resumo

En resumo, como consecuencia da Guerra Civil desaparece case por completo a produción literaria en galego durante máis dunha década e a actividade cultural continuada só é posible no exilio.

Descargar

PDF Word HTML