Perder peso suando: Por que é un mito perigoso?

Bioloxía2,5 KB

O mito de que suar abundantemente axuda a perder peso

Os valores medios de graxa corporal sitúanse entre o 15 e o 25 % nos homes, e entre o 25 e o 35 % nas mulleres. As causas da obesidade son diversas e céntranse, especialmente, nunha dieta pouco equilibrada —con exceso de calorías que non achegan vitaminas nin minerais (azucre branco, alcol, pan branco)— e no sedentarismo. Noutras ocasións, a obesidade responde a factores hormonais ou xenéticos, sendo o seu tratamento máis complexo.

Por que suar non é perder graxa

Algunhas persoas pensan que para perder o peso que lles sobra hai que realizar un exercicio físico que produza gran cantidade de suor. O obxectivo é perder a maior cantidade posible de líquidos e aumentar a temperatura para que a graxa se “disolva” por arte de maxia. Porén, esta perda é de auga, non de peso real.

A importancia da hidratación

A auga é necesaria e o organismo ten que recuperala para funcionar correctamente. Aínda que non contén calorías nin aporta nutrientes, é vital para:

  • O transporte de nutrientes, gases e produtos de desfeito.
  • A regulación da temperatura corporal.

Un organismo mal hidratado non podería soportar un aumento de temperatura. O golpe de calor é un trastorno que pon en perigo a vida e require atención médica inmediata, especialmente cando se practica exercicio físico impedindo que a suor refresque o noso corpo.

Consellos para un exercicio saudable

Cada día perdemos unha cantidade de auga variable en base ás condicións ambientais e á actividade realizada, que debemos recuperar a través dos alimentos e as bebidas. Unha correcta hidratación permite:

  • Unha menor elevación da temperatura interna.
  • Unha frecuencia cardíaca menos acelerada.
  • Un mellor rendemento e unha práctica de exercicio máis saudable.

Como perder peso de forma correcta

Para perder peso hai que combinar unha dieta lixeiramente hipocalórica e exercicio físico aeróbico. Esta combinación permite resultados a longo prazo, rexeitando efectos inmediatos que son unha fonte de antisaúde. Non se debería exceder a perda dun quilo por semana.

A mellor forma de hidratarse é facelo “sen presa, pero sen pausa”: non darse atracóns de auga, beber continuamente pequenos volumes e evitar que esta estea demasiado fría.

Descargar

PDF Word HTML