Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

A Literatura Galega no Século XX: Das Irmandades á Posguerra

Lingua e literatura2,93 KB

A renovación literaria no século XX

A principios do século XX, a calidade dos textos poéticos era inferior á dos do Rexurdimento. No 1916 xorden na Coruña as Irmandades da Fala, co obxectivo de expandir e dignificar o noso idioma. Para iso, botaron man da creación de editoriais como Lar e Céltiga, a tradución de obras universais e a diversificación dos xéneros literarios.

Os autores desta asociación intentaron superar a dexeneración estética que se estaba a dar na poesía do momento, caracterizada pola imitación dos tópicos e liñas temáticas do Rexurdimento (costumismo, reivindicación social e anticaciquil). Pretendían diversificar e renovar a poesía combinando a innovación das correntes europeas cos elementos tradicionais....

Seguir lendo "A Literatura Galega no Século XX: Das Irmandades á Posguerra" »

Concepto de Empresa e as súas Áreas Funcionais

Economía2,58 KB

Concepto de empresa

  • Explotación: Unidade técnica formada por procesos tecnolóxicos aplicados a un conxunto de factores para obter un produto.
  • Sociedade mercantil: Unidade xurídica que regula o conxunto de relacións que produce o patrimonio, do que son titulares dúas ou máis persoas.
  • Empresa:
    • Perspectiva macroeconómica: Unidade ou axente económico de produción de bens e servizos (BBSS) para satisfacer as necesidades económicas.
    • Perspectiva microeconómica: Conxunto de elementos coordinados polo empresario para obter un lucro.

Funcións que cumpre no sistema económico

  • Dirixir e coordinar os factores produtivos: A crecente división do traballo, coa conseguinte especialización e complexidade dos procesos produtivos, fai aparecer como necesaria
...
Seguir lendo "Concepto de Empresa e as súas Áreas Funcionais" »

A Ética do Discurso: Apel e Habermas e a Razón Dialóxica

Filosofía e ética2,28 KB

A ética do discurso

A partir dos anos 70 do século XX, Karl-Otto Apel (Alemaña, 1921) e Jürgen Habermas (Alemaña, 1929), profesores da Universidade de Frankfurt, propóñense continuar a tradición da ética kantiana, pero superando as súas insuficiencias. Chaman á súa teoría «ética do discurso» e están de acordo con Kant en que o mundo moral é o da autonomía humana, é dicir, o daquelas normas que os seres humanos nos impoñemos a nós mesmos. Precisamente porque nolas impoñemos nós, e non a natureza, podemos promulgalas ou rexeitalas, aceptalas ou abolilas.

Non obstante, discrepan de Kant –entre outras cousas– á hora de determinar o que significa «impoñémonos as nosas propias normas». É dicir, non están de acordo...

Seguir lendo "A Ética do Discurso: Apel e Habermas e a Razón Dialóxica" »

Movementos naturais e réximes demográficos en España

Xeografía2,99 KB

Movementos naturais e réximes demográficos

Os movementos naturais prestan atención aos fenómenos da fecundidade, a natalidade, a mortalidade xeral e infantil, e tamén á esperanza de vida. Os réximes demográficos diferencian tres etapas: réxime demográfico antigo e moderno, e transición demográfica, atendendo á evolución das taxas de natalidade e mortalidade.

A) Desequilibrios territoriais

Todas as comunidades autónomas (CCAA) posúen baixas taxas de natalidade, de mortalidade e de crecemento natural (CN). Pero existen certos contrastes debido á diferente estrutura por idade, ao grao de xuventude ou envellecemento da poboación. Esta estrutura depende de causas herdadas e actuais:

  • 1) As causas herdadas: Son o distinto comportamento
...
Seguir lendo "Movementos naturais e réximes demográficos en España" »

Semántica: Sinonimia, Polisemia e Homonimia

Outras materias3,18 KB

Sinonimia

A sinonimia é a relación de semellanza de significados entre dúas ou máis palabras. Os sinónimos poden ser:

  • Absolutos: Teñen exactamente o mesmo significado.
  • Parciais: Son máis abundantes e pódense intercambiar só en determinados contextos.

Polisemia

A polisemia é a propiedade pola cal unha palabra ten varios significados. As súas causas son:

  • Especialización: Aplícaselle unha acepción a unha voz dependendo do contexto.
  • Linguaxe figurada: Unha palabra pode recibir un ou máis sentidos figurados sen perder o significado orixinal.
  • Influencia estranxeira: Prodúcese cando se cambia ou se engade un significado a unha palabra xa existente no noso idioma.

Homonimia

A homonimia refírese a palabras cun mesmo significante e distinto significado....

Seguir lendo "Semántica: Sinonimia, Polisemia e Homonimia" »

A Transmisión Xeracional do Galego e os Prexuízos Lingüísticos

Lingua e literatura1,57 MB

A perda do galego como lingua inicial: datos e tendencias

Nesta gráfica observamos unha tendencia moi significativa en relación á lingua inicial: a adquisición do galego descende a medida que se descende en idade. Analizando os grupos de idade, vemos:

  • No grupo de persoas de máis idade (65 ou máis), o galego é a lingua inicial de case o 70% da poboación.
  • Para o grupo máis novo (de 5 a 14 anos), éo para apenas un 17,5% (aprox.).

Entre ambas franxas de idade, o descenso é gradual, pero é máis brusco nas bandas de idade de entre 50 e 64 anos e de 40 e 49 anos, que se corresponden cos proxenitores dos máis novos. Nesta xeración de 40 a 49 anos xa non é maioritario o galego como lingua inicial (case un 35%) fronte ao castelán (superior...

Seguir lendo "A Transmisión Xeracional do Galego e os Prexuízos Lingüísticos" »

Historia da Literatura Galega: Preguerra e Posguerra

Outras linguas estranxeiras2,56 KB

ETAPA DA PREGUERRA (1916-1936)
1)Etapa das Irmandades da Fala (1916-1920)
• Xeración antre dous séculos: (autores nados entre 1869 e 1879)
- Continúan as pautas dos autores do Rexurdimento (Rosalía, Curros e Pondal).
- O xénero máis cultivado é a poesía con temáticas intimistas, amorosas, costumistas
e social-patrióticas.
-Poesía: Ramón Cabanillas, Antonio Noriega Varela. -Teatro: Ramón Cabanillas
2) Época do seminario de estudos galegos (1920-1936) • Xeración NÓS: -Nacen arredor de 1885. -Características comúns: procedencia social acomodada, evolución cara o
galeguismo desde posturas cosmopolitas e esteticistas, gran preparación
intelectual, etc. -Modernización e europeización da cultura galega. Época de esplendor...

Seguir lendo "Historia da Literatura Galega: Preguerra e Posguerra" »

Conceptos clave de xeografía e economía agraria

Xeografía2,81 KB

Conceptos fundamentais de xeografía e economía

Actividades económicas e sector primario

  • Acuicultura: Cría e cultivo de animais ou plantas con fins comerciais, como peixes, moluscos e crustáceos.
  • Agricultura ecolóxica: Sistema de produción agrícola que busca o máximo equilibrio co medio ambiente e a saúde humana. Fai un uso racional dos recursos (auga, solo e patrimonio xenético), emprega métodos de fertilización natural e non utiliza produtos químicos de síntese.
  • Denominación de orixe: Concepto administrativo que refire á distinción outorgada a certos produtos, xeralmente de alta calidade, para certificar o seu lugar de procedencia e evitar falsificacións e invasións de mercado.
  • Desagrarización: Perda de poboación dedicada
...
Seguir lendo "Conceptos clave de xeografía e economía agraria" »

O Rexurdimento e a obra de Rosalía de Castro

Outras linguas estranxeiras3,33 KB

O Rexurdimento e a figura de Rosalía de Castro

A mediados do século XIX comezou o Rexurdimento, un movemento fundamentalmente lírico que tivo como característica principal a revitalización da lingua galega como vehículo de expresión social e cultural tras o período dos Séculos Escuros. O inicio deste movemento comeza en 1863 coa publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. O incremento da produción literaria en galego nesta época viuse estimulado polo nacemento das primeiras gramáticas, unha maior presenza do galeguismo na prensa xeral e a recuperación dunha prensa propia con publicacións integramente en galego. Neste contexto consolídanse as tres grandes figuras do Rexurdimento: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal...

Seguir lendo "O Rexurdimento e a obra de Rosalía de Castro" »

A Política Económica do Franquismo (1936-1975): Autarquía e Desenvolvemento

Xeografía14 KB

A Política Económica do Franquismo (1936-1975)

Os documentos propostos permítennos facer unha composición sobre a política económica do período franquista, que se estendeu desde 1936 ata 1975.

Contexto Inicial e Etapas Económicas

O franquismo iníciase nun contexto internacional pouco favorable, cunha Europa sumida na Segunda Guerra Mundial e aínda non recuperada da Gran Depresión mundial dos anos 30. España non era allea a esta situación internacional e, ademais, carecía dunha estrutura económica forte, tanto na agricultura coma na industria, que lle permitise unha boa posición económica. A Guerra Civil agravou severamente o panorama ao que o franquismo tivo que enfrontarse desde o seu inicio.

A economía española durante o franquismo...

Seguir lendo "A Política Económica do Franquismo (1936-1975): Autarquía e Desenvolvemento" »