Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

O concepto de home e traballo na filosofía de Karl Marx

Filosofía e ética2,53 KB

O ser humano na filosofía de Marx

Para Marx, o ser do home é a base da súa crítica ao idealismo e ao materialismo mecanicista (o do século XVIII e o de Feuerbach), e da explicación da posibilidade da alienación a partir da actividade produtiva ou traballo do home, así como da necesidade dunha superación das formas da alienación.

O home como ser material e produtivo

O home é un ser material con necesidades materiais que satisfai a través da interacción coa natureza mediante o traballo. Para Marx, non existe unha “esencia humana” en xeral: o home faise a si mesmo a través da historia, na sociedade e transformando a natureza:

“O home produce ao home, a si mesmo e ao outro home (…). Así como é a sociedade mesma a que produce
...
Seguir lendo "O concepto de home e traballo na filosofía de Karl Marx" »

Transformación Urbana en Cidades Españolas: Da Cidade Difusa ao Centro Histórico

Xeografía2,69 KB

Evolución das Cidades Españolas: Estrutura e Transformación

As cidades españolas posúen elementos de épocas distintas: o centro histórico; os ensanches; os arrabaldes; os desenvolvementos urbanos densos; e as novas periferias, cada vez máis fragmentadas. As cidades transfórmanse: medrando cara ao exterior coa creación de novos espazos residenciais e por procesos de reestruturación no seu interior. Aparecen centros comerciais, parques empresariais... Prodúcese un proceso de fragmentación do espazo urbano con pezas conectadas entre si por autovías e estradas.

a) Cidade Difusa

O modelo de cidade mediterránea foise substituíndo polo tipo de cidade difusa de modelo anglosaxón. A cidade difusa esténdese horizontalmente e está separada...

Seguir lendo "Transformación Urbana en Cidades Españolas: Da Cidade Difusa ao Centro Histórico" »

Xosé Luís Méndez Ferrín: Vida e Obra Literaria

Outras linguas estranxeiras2,51 KB

Xosé Luís Méndez Ferrín: Vida e Obra

Nado en Ourense, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o ano 2000 e presidente da mesma dende 2010 até 2013, cando dimitiu. O 13 de marzo de 2013 renunciou definitivamente á súa carreira de académico.

Características das súas obras

  • Preocupación crítica e revolucionaria polos problemas de Galicia.
  • Intertextualidade: utiliza materias e autores e tráelos ata nós.
  • Reflexiona sobre a propia creación literaria.
  • Aparece unha constante flutuación entre o real e o ficticio.
  • Recorre a miúdo ao mundo dos soños, sendo ás veces difícil distinguilos do real.
  • Presenza constante do misterioso
...
Seguir lendo "Xosé Luís Méndez Ferrín: Vida e Obra Literaria" »

Historia de Galicia: Irmandiños, Portugal e Ilustración

Historia4,29 KB

A revolta dos irmandiños

Ó longo da Baixa Idade Media, a debilidade do poder real no reino de Castela ocasionou unha serie de trastornos, inquietudes, abusos e crimes, fronte ós que se constituíron as Irmandades en Galicia e fóra dela, case sempre co consentimento dos monarcas. Estas Irmandades chegaron a constituír unha unidade en 1467 cunha plasmación de obxectivos e normas.

Contexto histórico

Coa entronización dos Trastámara desapareceu o antigo sentido xerárquico (nobreza eclesiástica e laica) e a súa representación política. A nobreza tradicional renovouse con linaxes non galegas que aportaban unha nova forma de vida e que ostentaban os cargos de goberno (ex. os Sarmiento, Enríquez e Osorio). O resultado do cambio traduciuse...

Seguir lendo "Historia de Galicia: Irmandiños, Portugal e Ilustración" »

O Prerrexurdimento Galego: Contexto Histórico e Literario

Lingua e literatura4,66 KB

O Prerrexurdimento Galego

Contexto Histórico

Primeira Metade do Século XIX

No Estado Español
  • Guerra da Independencia.
  • Enfrontamentos entre liberais e absolutistas.
  • Constitución de 1812 (a *Pepa*).
  • Guerras Carlistas.
En Galiza
  • Crecemento demográfico.
  • Sistema foral.
  • Economía agrícola e pouca industrialización.
  • Forte emigración.
  • Sociedade estamental (*nobreza*, *clero* e *campesiñado*).

Contexto Lingüístico e Cultural

O centralismo español provoca que o galego se asocie coa pobreza e co atraso, mentres que o español se asocia co progreso. Isto acelera a substitución do galego polo castelán (*diglosia*).

A educación e os medios de comunicación funcionan como un aparello adoutrinador e desgaleguizador, xa que o castelán era o único idioma oficial....

Seguir lendo "O Prerrexurdimento Galego: Contexto Histórico e Literario" »

Moral e natureza: ética, virtude e determinismo humano

Filosofía e ética2,35 KB

Moral e natureza

A conduta do ser humano xorde a partir da súa constitución natural, biolóxica, do medio natural no que vive e do medio social no que nace e crece.

A dimensión moral do ser humano ten a súa base, por tanto, na propia natureza deste, unha natureza que lle é dada.

Para Dewey, a moral debe basearse no coñecemento que nos proporcionan as ciencias da natureza e as ciencias sociais do home. Para propoñer e resolver intelixentemente os problemas que máis preocupan ás persoas, hai que recoñecer a unión entre a moral e a natureza humana.

Kant defende que existe unha separación entre a razón teórica, a razón científica e a razón práctica.

Hume tamén separa o mundo dos feitos do mundo dos valores.

Nacemos bos?

A integración...

Seguir lendo "Moral e natureza: ética, virtude e determinismo humano" »

Poboación e Economía de Europa no Século XVII

Ciencias sociais2,78 KB

Poboación e economía de Europa

Estancamento demográfico

A poboación europea creceu pouco no século XVII, pasando de 106 a 130 millóns de persoas. As causas deste escaso crecemento foron:

  • As malas colleitas.
  • A dureza da Guerra dos Trinta Anos.
  • O rebrote da peste (1650-1670).

En moitos países, especialmente nos mediterráneos e no sur de Europa, a poboación decreceu.

Crise agraria e artesanal

A produción agraria descendeu polas anomalías climáticas, as guerras e as deficiencias técnicas. Esta crise afectou principalmente a Europa oriental e mediterránea. Pola contra, os Países Baixos e Inglaterra adoptaron novas técnicas para conservar a fertilidade do solo, como a substitución do barbeito por plantas forrageiras e a selección das especies...

Seguir lendo "Poboación e Economía de Europa no Século XVII" »

Glosario de Termos Históricos de España: Restauración e Ditadura

Historia3,05 KB

Glosario de Termos Históricos

Ludismo

Primeira forma de manifestación obreira que se deu na primeira fase da Revolución Industrial, consistente na destrución da maquinaria dentro dunha fábrica.

Caciquismo

Sistema que foi implantado de forma xeneralizada no ámbito rural. É a práctica política que tivo o maior auxe durante a Restauración Borbónica, utilizando na maioría das veces o uso de favores persoais a cambio do apoio a un candidato oficial ou o fraude electoral.

Desastre de Annual

Derrota militar española producida na guerra colonial de Marrocos ante os rifeños comandados por Abd el-Krim.

Directorio Militar

Primeira etapa da ditadura de Miguel Primo de Rivera. O Directorio está integrado exclusivamente por militares, presidido polo...

Seguir lendo "Glosario de Termos Históricos de España: Restauración e Ditadura" »

Conceptos clave da Historia de España: Do Antigo Réxime

Historia2,29 KB

Mouriscos

Denominación dada aos musulmáns convertidos ao cristianismo tras a pragmática dos Reis Católicos de 1502, tanto na Coroa de Castela como na de Aragón. No reinado de Felipe II participaron na revolta das Alpujarras, tras a cal foron expulsados cara a outros territorios do reino de Castela, para ser definitivamente expulsados en 1609 durante o reinado de Felipe III.

Terzos

Unidades de combate durante a época dos Austria, formadas por soldados profesionais a soldo que defendían as posesións españolas do Imperio. Os gobernadores da monarquía utilizábanos para combater en primeira liña da fronte. Tiveron un gran protagonismo no norte de Europa, e sobre todo en Flandres.

Unión de Armas

Proxecto elaborado polo Conde-Duque de Olivares...

Seguir lendo "Conceptos clave da Historia de España: Do Antigo Réxime" »

Guía da Literatura Galega: Nova Narrativa e Teatro

Lingua e literatura6,41 KB

A Nova Narrativa Galega

A Nova Narrativa Galega xorde na década dos 50. O seu desenvolvemento abrangue dende 1954, coa publicación de Nace unha árbore de Gonzalo Mourullo, ata 1970, con Cara a Times Square de Camilo Gonsar.

Características principais

  • Formación: Os autores comparten formación universitaria, inquietudes galeguistas e experiencia como viaxeiros por Europa.
  • Estilo: Levan a cabo unha narración renovadora e experimental. Interésalles a narración sen andadura lóxica, sen protagonista individual e sen historia lineal.
  • Influencias: M. Proust, Kafka, J. Joyce, W. Faulkner e Sigmund Freud.
  • Temas: A ditadura, a industrialización, a sociedade de consumo, a soidade, o terror e a angustia.
  • Técnicas: Narrador-protagonista, narrador observador,
...
Seguir lendo "Guía da Literatura Galega: Nova Narrativa e Teatro" »