Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Xeografía de Bacharelato

Conceptos Clave de Xeografía Agraria e Industrial

Xeografía2,74 KB

Conceptos de Agricultura e Pesca

  • Acuicultura: Conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo biolóxico dos animais ou plantas acuáticas, permiten controlar a súa reprodución e crecemento.
  • Agricultura ecolóxica: Aquela que aproveita de xeito racional e equilibrado os recursos naturais para obter alimentos orgánicos.
  • Denominación de orixe: Marca de calidade que se aplica a produtos orixinarios dunha zona xeográfica.
  • Desagrariación: Perda da poboación dedicada á actividade agraria, así como a perda da importancia económica desta actividade nun territorio.

Sistemas de Explotación e Produción

  • Explotación intensiva: Forma de explotación en agricultura e gandaría localizada sobre unha superficie reducida que
...
Seguir lendo "Conceptos Clave de Xeografía Agraria e Industrial" »

Conceptos clave de agricultura, pesca e desenvolvemento

Xeografía2,66 KB

Glosario de termos económicos e agrarios

  • Acuicultura: Conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo biolóxico de animais e plantas, permiten controlar a súa reprodución; principalmente peixes, moluscos e crustáceos. Xorde debido á redución de capturas polo esgotamento dos caladoiros.
  • Agricultura ecolóxica: Aquela que aproveita de xeito racional e equilibrado os recursos naturais para producir, sen empregar produtos químicos nin transxénicos, conservando a fertilidade da terra e respectando o medio ambiente.
  • Denominación de orixe: Marca de calidade que se aplica a produtos orixinarios dunha zona xeográfica da que toman o nome e con características que os diferencian doutros.
  • Desagrarización: Perda de poboación
...
Seguir lendo "Conceptos clave de agricultura, pesca e desenvolvemento" »

Desafíos e retos da industria española actual

Xeografía2,93 KB

Os desafíos da industria española

Os novos retos veñen determinados pola economía global e as consecuencias do ingreso na UE, que nos obrigan a competir en calidade e produtividade. Este reto pon de manifesto os problemas estruturais da industria española.

O tamaño das empresas

O primeiro problema é o tamaño das empresas. Predominan as PEMES con menos de 250 traballadores (95% das empresas e xeran o 67% do emprego), das cales o 80% teñen menos de 20 traballadores e escasos recursos, o que supón unha dificultade para a incorporación de innovacións. A cambio, as PEMES presentan unha gran flexibilidade para adaptarse a un mercado cambiante e desenvolver series curtas e moi diversificadas de produtos que seguen o gusto dos consumidores...

Seguir lendo "Desafíos e retos da industria española actual" »

A Industria e o Catastro en Galicia: Historia e Desafíos

Xeografía2,69 KB

A Industria

O proceso de industrialización comezou máis tarde que no resto de Europa. A finais do XIX, España seguía sendo un país basicamente rural. Caracterizouse por ser un proceso tardío, feble e asimétrico. Destacamos cinco etapas:

  • a) Inicio (1830-1900): localízase no Norte Peninsular e Cataluña. Destaca a extracción de ferro e carbón e a industria téxtil.
  • b) Lento crecemento (1900-1959): cun primeiro período de (1900-1930) de crecemento industrial e un segundo período (1936-1959) de estancamento ligado á guerra civil e á autarquía.
  • c) Forte crecemento (1960-1975): liberalización económica, industrialización con fortes desequilibrios territoriais. Producción na industria básica: siderurxia, petroquímica, construción
...
Seguir lendo "A Industria e o Catastro en Galicia: Historia e Desafíos" »

Dicionario de Termos Xeográficos e Ecolóxicos Esenciais

Xeografía2,25 KB

Dicionario de Termos Xeográficos e Ecolóxicos

Efecto Invernadoiro

Proceso que explica o quentamento da atmosfera terrestre. Consiste en que a atmosfera pode ser atravesada pola radiación solar calorífica, de onda curta, pero non por toda a radiación terrestre, de onda longa, gran parte da cal é absorbida polo vapor de auga e o CO2. O incremento deste gas, por contaminación, fai temer un reforzamento deste efecto e un quentamento da Terra.

Endemismo

Limitación dunha especie animal ou vexetal a unha área concreta. Trátase de especies que, por diversas razóns, quedaron restrinxidas a unha zona da que, ademais, son oriundas.

Especie Termófila

Ser vivo adaptado a medios climáticos cálidos, polo que non resiste as baixas temperaturas.

Especie

...
Seguir lendo "Dicionario de Termos Xeográficos e Ecolóxicos Esenciais" »

Factores Termodinámicos e Circulación Atmosférica en España

Xeografía2,17 KB

Factores Termodinámicos do Clima

Os factores termodinámicos do clima son os responsables da circulación atmosférica ou sucesión de masas de aire, que determina os distintos tipos de tempo atmosférico e de clima. A circulación atmosférica está rexiada en altura pola corrente en chorro, e en superficie, polos centros de acción, as masas de aire e as frontes.

Na zona temperada na que se sitúa España, a circulación atmosférica en altura está dirixida pola corrente en chorro ou jet stream. Trátase dunha forte corrente de vento, de estrutura tubular, que circula en dirección oeste-leste entre os nove e os once quilómetros de altitude, na diferenza de altura existente entre a tropopausa polar e a tropical. O chorro separa as baixas...

Seguir lendo "Factores Termodinámicos e Circulación Atmosférica en España" »

Recursos Hídricos en España: Situación e Xestión da Auga

Xeografía2,54 KB

Situación dos recursos hídricos en España

España é unha área xeográfica árida, agás nas zonas de clima oceánico, onde se superan os 1000 mm anuais. Nas zonas de interior e mediterráneas, as chuvias son escasas e irregulares, con veráns secos e unha intensa evaporación. Isto deriva na escaseza dos recursos hídricos, aínda que, en España, os recursos dispoñibles son superiores ás demandas totais, unha pequena diferenza comparada con outros países europeos. A auga é un recurso repartido desigualmente.

Distribución dos recursos hídricos

Os recursos hídricos son importantes nas confederacións do Norte, Douro, Texo e Ebro. Existe un precario equilibrio nas do Guadiana, Xúcar, Pirineo oriental e Canarias, mentres que son deficitarias...

Seguir lendo "Recursos Hídricos en España: Situación e Xestión da Auga" »

Terminoloxía Xeográfica: Demografía, Medio Ambiente e Paisaxe

Xeografía3,3 KB

Demografía e Poboación

  • Censo de poboación. Instrumento de rexistro da poboación que se executa en España cada dez anos para coñecer as características demográficas, sociais, culturais e económicas do conxunto da poboación.
  • Esperanza de vida. Media da cantidade de anos que vive unha poboación nun momento histórico determinado.
  • Padrón Municipal. Instrumento de rexistro da poboación dun municipio que inclúe datos semellantes aos do censo. É competencia dos concellos e o empadroamento resulta imprescindíbel para o acceso aos servizos públicos como a sanidade ou a educación.
  • Poboación activa. Poboación en idade laboral que traballa ou busca emprego.
  • Réxime demográfico. Situación demográfica na que as tendencias de natalidade,
...
Seguir lendo "Terminoloxía Xeográfica: Demografía, Medio Ambiente e Paisaxe" »

Vocabulario Xeográfico e Meteorolóxico Galego

Xeografía2,78 KB

Glosario de Termos Xeográficos e Meteorolóxicos

Estiaxe

É o período durante o cal unha corrente de auga acada o seu caudal máis baixo.

Esteiro

Zona da costa onde desemboca un río e que queda cuberta pola preamar.

Fronte

Superficie que separa dúas masas de aire de características diferentes.

Gota Fría

Depresión ou borrasca pechada localizada na alta atmosfera, consistente nun embolsamento de aire frío, rodeado por outro máis cálido.

Humidade Atmosférica

É a cantidade de vapor de auga que contén o aire.

Insolación

É a cantidade de radiación solar que recibe a superficie terrestre.

Inversión Térmica

Aumento da temperatura do aire ao aumentar a altura, cando debería diminuír segundo o gradiente térmico normal.

Infiltración

Movemento lento...

Seguir lendo "Vocabulario Xeográfico e Meteorolóxico Galego" »

Xeografía de España: Conceptos Clave, Urbanismo e Ambiente

Xeografía38,28 KB

Bloque 2: Conceptos Clave de Xeografía Física

13. PAISAXE
Aspecto do espazo xeográfico segundo as súas formas naturais e antrópicas. Está composta por elementos abióticos (non vivos), bióticos (resultado da actividade dos seres vivos) e antrópicos (resultado da actividade humana).
28. AMOC
Acrónimo de Atlantic Meridional Overturning Circulation, corrente oceánica que transporta calor e suaviza o clima en Europa occidental. A fusión do xeo ártico en Groenlandia achega auga doce ao Atlántico, ralentizando a corrente do Golfo e poñendo en risco a súa continuidade.
29. VEXETACIÓN CLÍMAX
Vexetación que se establece de forma natural nun ecosistema sen intervención humana, mantendo un equilibrio. Está en retroceso pola silvicultura
...
Seguir lendo "Xeografía de España: Conceptos Clave, Urbanismo e Ambiente" »