Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Xeografía de Bacharelato

Termos xeográficos e vexetais: maquis, landa, laurisilva, umbría e outros conceptos

XeografíaActualizado o 3,3 KB

Maquis: Formación Arbustiva Densa

O maquis é unha formación arbustiva de máis de dous metros de altura, moi densa e case impenetrable. As súas especies características son:

  • A xara
  • O breixo
  • O lentisco
  • A xesta

Landa: Vexetación de Matogueira

A landa é unha vexetación densa de matogueira, cuxa altura pode ser baixa ou alcanzar os catro metros. As súas especies máis abundantes son:

  • O breixo
  • O toxo
  • A xesta

Representa unha forma de degradación do bosque caducifolio.

Umbría: Ladeiras na Sombra Orogáfica

A umbría refírese ás ladeiras e vertentes das zonas montañosas que están orientadas ás costas do sol, é dicir, na zona de sombra orográfica. Por iso, a cantidade de radiación solar que recibe é moito menor que a que tería se o relevo non...

Seguir lendo "Termos xeográficos e vexetais: maquis, landa, laurisilva, umbría e outros conceptos" »

Xeografía de España: relevo peninsular e composición do territorio

XeografíaActualizado o 2,56 KB

O Espazo Xeográfico Español

A Composición do Territorio

España é un estado europeo de tamaño medio, situado na zona temperada do hemisferio norte. Comprende un territorio peninsular, dous arquipélagos (Baleares e Canarias) e as cidades norteafricanas de Ceuta e Melilla.

  • A España peninsular presenta unha posición orixinal entre dous continentes, Europa e África, e entre dúas masas de auga, o océano Atlántico e o mar Mediterráneo.
  • O arquipélago balear localízase no mar Mediterráneo. Comprende as illas de Mallorca, Menorca, Eivissa, Formentera e Cabrera, e máis de 150 illotes.
  • O arquipélago canario sitúase no océano Atlántico, a uns 100 km das costas do noroeste de África. Comprende sete illas principais: La Palma, El Hierro,
...
Seguir lendo "Xeografía de España: relevo peninsular e composición do territorio" »

A vexetación de Galicia: bosques, matogueiras e flora de ribeira e dunas

XeografíaActualizado o 3,47 KB

A Vexetación Galega: Biodiversidade e Ecosistemas

Galicia posúe unha gran porcentaxe de monte e bosque, sendo unha das comunidades autónomas con máis masa forestal. Sen embargo, tamén se estima que a maior parte dos bosques permanecen abandonados, estando cheos de maleza.

Bosques Caducifolios e o Impacto Humano

O bosque galego típico está formado por especies caducifolias, como o carballo e o castiñeiro, cuxas formacións víronse moi reducidas nos últimos anos pola acción humana (introdución de especies como o eucalipto e o piñeiro), quedando un número de fragas reducido, en particular no centro-norte da provincia de Lugo e no norte da provincia da Coruña (Fragas do Eume).

Rexións Bioxeográficas de Galicia

O noroeste peninsular...

Seguir lendo "A vexetación de Galicia: bosques, matogueiras e flora de ribeira e dunas" »

Glosario de termos xeomorfolóxicos e vexetais da paisaxe galega

XeografíaActualizado o 3,53 KB

Ría

Val fluvial somerxido baixo o nivel do mar a causa da elevación deste. A orixe xeomorfolóxica está relacionada cun asolagamento do val fluvial relacionado con movementos isostáticos e un afundimento tectónico asociado á rede de fracturas preexistentes.

Estiaxe

Caudal mínimo que acada un río ou lagoa en determinadas épocas do ano, debido específicamente á seca. O termo deriva de estío ou verán, período do ano en que se producen as mínimas precipitacións no clima mediterráneo, predominante na Península Ibérica. A estiaxe está asociada non só ao déficit de precipitacións, senón tamén ao incremento da evapotranspiración por elevación das temperaturas medias.

Cunca fluvial

Porción de terreo que drena a un colector principal...

Seguir lendo "Glosario de termos xeomorfolóxicos e vexetais da paisaxe galega" »

Glosario de termos de xeografía física e ecoloxía: laurisilva, landa, marisma e efecto invernadoiro

XeografíaActualizado o 3,14 KB

Glosario de Termos Xeográficos e Ecolóxicos

Laurisilva

É un tipo de bosque que se localiza nalgunhas illas dos arquipélagos das Azores, Madeira e Canarias. É moi esixente en humidade e prefire as vertentes das illas montañosas onde se forman néboas frecuentes. Ao non existiren grandes contrastes estacionais, a maior parte das especies non perden a folla durante todo o ano. O estrato arbóreo está formado por diversas especies, polo que se trata dun bosque pluriespecífico.

Maquis

Matogueira arbustiva que pode acadar uns dous metros de altura, composto, entre outras especies, por lentiscos e palmeiras.

Landa

Formación vexetal de matogueira, característica da rexión eurosiberiana e consecuencia da degradación do bosque mixto atlántico....

Seguir lendo "Glosario de termos de xeografía física e ecoloxía: laurisilva, landa, marisma e efecto invernadoiro" »

As Areas Litolóxicas e o Modelado do Relevo en Galicia e España

Xeografía2,71 KB

Práctico Tema 1: As Áreas Litolóxicas e o Relevo

Área Calcárea

Na era secundaria prodúcese a erosión e a sedimentación, e nos deportes mariños aparecen os rebordes do zócolo e fosas mariñas. Na era terciaria prodúcese a oroxénese alpina, na que están as cordilleiras intermedias (Sistema Ibérico, zona occidental da Cordilleira Cantábrica e Montes Vascos) e as fosas mariñas (Sistema Ibérico e Pirineos). Na era cuaternaria prodúcense fenómenos de erosión, sedimentación, glaciarismo e terrazas fluviais. No modelado hai:

  • Lapias, canóns cársticos ou lennar: sucos ou cavidades separadas por tabiques máis ou menos agudos. Fórmanse polas augas de escorrentía sobre as vertentes (lapias de vertente) ou sobre as superficies chairas
...
Seguir lendo "As Areas Litolóxicas e o Modelado do Relevo en Galicia e España" »

Dominios climáticos e climogramas en España

Xeografía4,59 KB

Dominios climáticos de España

  • Oceánico:
    • Oceánico puro
    • Oceánico de interior ou transición
  • Mediterráneo:
    • Mediterráneo marítimo ou de costa
    • Mediterráneo de costa levantina ou catalá
    • Mediterráneo andaluz
    • Mediterráneo de interior:
      • Submeseta Norte
      • Submeseta Sur
      • Andalucía Occidental e Extremadura
    • Mediterráneo árido
  • Alta Montaña
  • Clima Canario

Resumo dos climas de España

Clima oceánico

  • Precipitacións: > 800 mm, 150 días ao ano, máximas en inverno.
  • Temperaturas: suaves, veráns < 22 ºC, inverno 6-10 ºC, amplitude térmica (A.T.) 9-12 ºC. Diferenza entre zonas costeiras e de interior (nestas últimas a A.T. sitúase entre 12-15 ºC).

Clima mediterráneo

Características xerais: precipitacións < 800 mm e choivas torrenciais.

Mediterráneo

...
Seguir lendo "Dominios climáticos e climogramas en España" »

Historia xeolóxica e relevo da Península Ibérica

Xeografía3,13 KB

O relevo actual da Península Ibérica é o resultado dunha historia xeolóxica de millóns de anos na que se alternaron fases oroxénicas con outras de calma, nas que predominaron a erosión e a sedimentación.

Era Arcaica (Precámbrico)

Emerxeu do mar unha banda arqueada de noroeste a sueste, formada por lousas e gneis, que comprendía case toda a actual Galicia.

Era Primaria (Paleozoico)

Tivo lugar a oroxénese varisca. Dos mares que cubrían a maior parte da Península xurdiron as cordilleiras variscas, formadas por materiais silíceos como o granito, a lousa e a cuarcita. Ao leste formouse o Macizo Hespérico, convertido en zócolo ou meseta inclinada cara ao Mediterráneo. Ao noroeste apareceron os macizos de Aquitania, Catalano-Balear e...

Seguir lendo "Historia xeolóxica e relevo da Península Ibérica" »

Cordilleiras Exteriores da Meseta: Pirineos e Béticas

Xeografía2,38 KB

As cordilleiras exteriores á Meseta

Os Pirineos

Os Pirineos constitúen un aliñamento montañoso duns 440 km dende o golfo de Biscaia ata o cabo de Creus. A cordilleira disponse nunha serie de aliñamentos paralelos que descenden en forma de xigantescos chanzos. Dúas unidades forman esta cordilleira.

O Pirineo axial ou central

Aquí atópanse as altitudes máis destacadas, como o Aneto na Maladeta, o Monte Perdido e a Pica d'Estats. Debido á súa altitude, os portos de montaña son difíciles e escasos; destaca o de Somport. Aquí persisten os últimos restos de glaciares, grazas tamén ao clima de alta montaña.

O Prepirineo

O Prepirineo, de menor altitude e de formas máis suaves, son dous aliñamentos montañosos paralelos á zona axial: as...

Seguir lendo "Cordilleiras Exteriores da Meseta: Pirineos e Béticas" »

Diversidade física de España e Galicia: o relevo

Xeografía7,65 KB

Tipos de unidades morfoestruturais:

- Os zocalos son chairas ou mesetas formadas na era primaria ou Paleozoico como resultado do arrasamento pola erosión das cordilleiras situadas nas oroxenesis. Actualmente ocupan a metade occidental peninsular.

- Os macizos antigos son montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento dun zocalo polas presións da oroxenese alpina. Actualmente atópanse nas serras do interior da meseta, no Macizo Galaico e na parte occidental da cordilleira Cantábrica.

- As cordilleiras de pregamento son grandes elevacións montañosas xurdidas na oroxenese alpina da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios depositados na era secundaria. Presentan fortes pendentes e formas escarpadas. Hai dous tipos:...

Seguir lendo "Diversidade física de España e Galicia: o relevo" »