Acuicultura: Conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo biolóxico dos animais ou plantas acuáticas, permiten controlar a súa reprodución e crecemento.
Agricultura ecolóxica: Aquela que aproveita de xeito racional e equilibrado os recursos naturais para obter alimentos orgánicos.
Denominación de orixe: Marca de calidade que se aplica a produtos orixinarios dunha zona xeográfica.
Desagrariación: Perda da poboación dedicada á actividade agraria, así como a perda da importancia económica desta actividade nun territorio.
Sistemas de Explotación e Produción
Explotación intensiva: Forma de explotación en agricultura e gandaría localizada sobre unha superficie reducida que require un gran investimento de capital e traballo.
Explotación extensiva: Explotación agraria na que a produción é elevada en conxunto, pero escasa en relación á superficie utilizada.
PPC: Adopción das directrices comunitarias en materia de pesca.
Silvicultura: Cultivo e explotación racional dos bosques ou montes.
Transxénicos: Plantas modificadas xeneticamente, sometidas a unha alteración de xenes ou que recibiron xenes doutros organismos para dotalas de certas propiedades.
Industria e Economía
Difusión industrial: Tendencia da industria a trasladarse cara aos espazos periféricos debido aos problemas que presentan as grandes concentracións industriais.
Economías de escala: Aforro de custes que acada unha empresa por producir a gran escala.
Enerxías renovables: Aquelas de creación e investigación recente que veñen substituír as enerxías antigas ante a posibilidade de escaseza (ex. enerxía solar).
Desenvolvemento e Estruturas Económicas
Fondos estruturais: Axudas da UE destinadas a apoiar ás rexións comunitarias máis desfavorecidas no que se refire a melloras estruturais.
Industrias verdes: Teñen como obxectivo desenvolver tecnoloxías limpas para a industria.
Materias primas estratéxicas: Aquelas que condicionan o crecemento da produción ou a riqueza mundial e que son a clave para a economía das potencias.
Parque tecnolóxico: Espazo acoutado como polígono urbano para a implantación de industrias que se benefician de servizos comúns. Os seus obxectivos son a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.