Vocabulario Xeográfico e Meteorolóxico Galego
Glosario de Termos Xeográficos e Meteorolóxicos
Estiaxe
É o período durante o cal unha corrente de auga acada o seu caudal máis baixo.
Esteiro
Zona da costa onde desemboca un río e que queda cuberta pola preamar.
Fronte
Superficie que separa dúas masas de aire de características diferentes.
Gota Fría
Depresión ou borrasca pechada localizada na alta atmosfera, consistente nun embolsamento de aire frío, rodeado por outro máis cálido.
Humidade Atmosférica
É a cantidade de vapor de auga que contén o aire.
Insolación
É a cantidade de radiación solar que recibe a superficie terrestre.
Inversión Térmica
Aumento da temperatura do aire ao aumentar a altura, cando debería diminuír segundo o gradiente térmico normal.
Infiltración
Movemento lento de descenso das augas superficiais no solo ou nas rochas.
Inundación
Estado da corrente dun río cando as augas exceden as marxes e se estenden pola chaira de inundación.
Isobaras
Liña que une os puntos con igual presión.
Isohieta
Liña que une os puntos de igual precipitación.
Isoterma
Liñas que unen puntos con igual temperatura.
Marisma
Chaira de lama típica das baías baixas, formada polos sedimentos que achegan os ríos que as atravesan.
Microclima
Clima dunha área específica de reducidas dimensións.
Nivel Freático
Nivel superior que acada a auga subterránea nas rochas permeables.
Precipitación
Caída da auga procedente das nubes.
Presión Atmosférica
Peso da columna de aire sobre unha unidade de superficie.
Rambla
Río de leito amplo que leva pouca auga.
Rede Fluvial
Conxunto formado por unha serie de cursos fluviais xerarquizados que drenan un territorio máis ou menos extenso.
Réxime Fluvial
Evolución do caudal dun río ao longo do ano.
Réxime Pluviométrico
Distribución mensual das precipitacións dun ano.
Réxime Térmico
Distribución de temperaturas ao longo do ano.
Ría
Val fluvial asolagado polas augas do mar.
Solleiro
Zona dun relevo montañoso que está exposta ao sol de cheo.
Sotavento
Ladeira a resgardo do vento.
Tempo
Estado da atmosfera sobre un lugar nun momento determinado.
Torrente
Corrente de auga rápida.
Tropopausa
Capa que marca o límite entre a troposfera e a estratosfera.
Troposfera
Capa interior da atmosfera onde teñen lugar os fenómenos meteorolóxicos.
Umbría ou Avesío
Ladeira ou vertente que, pola súa orientación, está sempre en sombra ou recibe menor insolación.