Dicionario de Termos Xeográficos e Ecolóxicos Esenciais

Xeografía2,25 KB

Dicionario de Termos Xeográficos e Ecolóxicos

Efecto Invernadoiro

Proceso que explica o quentamento da atmosfera terrestre. Consiste en que a atmosfera pode ser atravesada pola radiación solar calorífica, de onda curta, pero non por toda a radiación terrestre, de onda longa, gran parte da cal é absorbida polo vapor de auga e o CO2. O incremento deste gas, por contaminación, fai temer un reforzamento deste efecto e un quentamento da Terra.

Endemismo

Limitación dunha especie animal ou vexetal a unha área concreta. Trátase de especies que, por diversas razóns, quedaron restrinxidas a unha zona da que, ademais, son oriundas.

Especie Termófila

Ser vivo adaptado a medios climáticos cálidos, polo que non resiste as baixas temperaturas.

Especie Higrófila

Ser vivo acomodado ou adaptado a vivir en medio húmido e ao que lle prexudica a sequidade no seu crecemento.

Especie Xerófila

Vexetación que se desenvolve en ambiente árido, estacional ou permanente, onde as plantas se acomodan ao déficit hídrico e á elevada insolación.

Frondosas

Árbores con froitos moi variados e follas anchas. Emprégase este termo en contraposición ao de coníferas.

Garriga

Asociación vexetal propia das áreas máis secas do clima mediterráneo, constituída basicamente por matogueiras e arbustos ou plantas espiñosas, matas aromáticas (como chumbeiras, pitas, esparto, romeu, tomiño, lavanda, etc.), que se desenvolven nos terreos calcáreos destas áreas. Ás veces aparecen algunhas especies arbustivas, como a palmeira anana (palmito). Trátase dun mato perennifolio, xerofítico, baixo, pero denso.

Landa

Formación vexetal densa e de baixo porte na que predomina a familia das ericáceas e das leguminosas (como fentos, toxos, breixos, uces, gramíneas atlánticas), que se localiza sobre solos incultos, rochosos e ácidos. É propia da Europa atlántica e subatlántica, é dicir, de territorios con clima húmido (oceánico). Débese á degradación das formacións vexetais arbóreas como consecuencia da acción antrópica deforestadora. Ocupa en Galicia preto do 25% da superficie xeográfica.

Descargar

PDF Word HTML