A Industria e o Catastro en Galicia: Historia e Desafíos
A Industria
O proceso de industrialización comezou máis tarde que no resto de Europa. A finais do XIX, España seguía sendo un país basicamente rural. Caracterizouse por ser un proceso tardío, feble e asimétrico. Destacamos cinco etapas:
- a) Inicio (1830-1900): localízase no Norte Peninsular e Cataluña. Destaca a extracción de ferro e carbón e a industria téxtil.
- b) Lento crecemento (1900-1959): cun primeiro período de (1900-1930) de crecemento industrial e un segundo período (1936-1959) de estancamento ligado á guerra civil e á autarquía.
- c) Forte crecemento (1960-1975): liberalización económica, industrialización con fortes desequilibrios territoriais. Producción na industria básica: siderurxia, petroquímica, construción naval; nos bens de consumo: automóbil, confección, moble e electrodoméstico; escaseza nos bens de equipo. Sistema fordista e tradicional. Man de obra abundante e barata. Atraso tecnolóxico. Dependencia técnica, financeira e tecnolóxica.
- d) Crise e reconversión industrial (1975-1985): Causas: subida do prezo do petróleo, atraso tecnolóxico, crise do sistema fordista, globalización da economía, maior esixencia na demanda e deficiencias na estrutura industrial española. Consecuencias: reconversión industrial. Reindustrialización: Zonas de Urxente Reindustrialización (ZUR).
- e) A industria na sociedade posindustrial (de 1985 ata a actualidade): recuperación como resultado da incorporación á Unión Europea e adaptación aos cambios da terceira Revolución Industrial. Saneamento das empresas públicas españolas. Predominan os sectores maduros e os sectores dinámicos que dependen financeira e tecnoloxicamente do exterior.
Desafíos da industria española: aumentar a produtividade, mellorar a intensidade tecnolóxica, manter a cota de mercado dentro da UE.
Consecuencias da globalización: tendencia á terciarización do emprego nas sociedades avanzadas (posindustriais).
A industria en Galicia ten os mesmos niveis de poboación activa que a media do Estado, aínda que iniciou con moito atraso o proceso de industrialización. Padeceu unha forte reconversión industrial, sobre todo no sector naval. Predominan os sectores maduros e dinámicos. Pouca presenza do sector punta.
Catastro
Rexistro administrativo para controlar a propiedade do solo, sobre todo a efectos fiscais. Pode ser de rústica ou de urbana. Xeralmente contén información sobre o propietario de cada parcela, a súa extensión e o uso do solo.