Glosario de termos históricos en galego
Glosario de termos históricos
Aula Regia
Aula Regia: órgano asesor real na etapa visigoda, formado por altos funcionarios, aristócratas e cregos. Entre as súas funcións estaban a elección do rei e a colaboración co rei na preparación de leis e, en xeral, o asesoramento militar, político e xurídico.
Bárbaros
Bárbaros: estranxeiros segundo os romanos. É un termo pexorativo empregado na época romana para referirse ás persoas alleas á civilización que non falaban grego ou latín.
Castro
Castro: poboado fortificado prerromano, constituído por murallas, foxos e terrapléns que acollen no seu interior construcións domésticas realizadas en pedra, nas que domina a planta redondeada. Están situados no noroeste peninsular. Desenvolveuse...