Conceptos clave de agricultura, pesca e desenvolvemento

Xeografía2,66 KB

Glosario de termos económicos e agrarios

  • Acuicultura: Conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo biolóxico de animais e plantas, permiten controlar a súa reprodución; principalmente peixes, moluscos e crustáceos. Xorde debido á redución de capturas polo esgotamento dos caladoiros.
  • Agricultura ecolóxica: Aquela que aproveita de xeito racional e equilibrado os recursos naturais para producir, sen empregar produtos químicos nin transxénicos, conservando a fertilidade da terra e respectando o medio ambiente.
  • Denominación de orixe: Marca de calidade que se aplica a produtos orixinarios dunha zona xeográfica da que toman o nome e con características que os diferencian doutros.
  • Desagrarización: Perda de poboación dedicada á actividade agraria, así como a perda de importancia económica da actividade agrícola nun territorio.
  • Explotación extensiva: Explotación agraria na que a produción é elevada en conxunto pero escasa en relación á superficie utilizada.
  • Explotación intensiva: Explotación agraria e gandeira que require un grande investimento de capital e traballo.
  • PPC: Adopción das directrices comunitarias en materia de pesca.
  • PAC: Política europea composta por unha serie de leis e normas que regulan a produción, o comercio e o tratamento dos produtos agrarios na UE co fin de incrementar a produción.
  • Silvicultura: Cultivo e explotación racional dos bosques ou montes. Os produtos que se obteñen do monte son a madeira, a cortiza, etc.
  • Transxénicos: Plantas modificadas xeneticamente, sometidas a unha alteración dos seus xenes ou que recibiron xenes procedentes doutros organismos para dotalas de certas propiedades.
  • Enerxía renovable: Aquelas de creación e investigación recente, que veñen substituír as enerxías antigas ante a posibilidade de escaseza (solar, eólica).
  • Fondos estruturais: Axudas da UE destinadas a apoiar ás rexións comunitarias máis desfavorables no que se refire a melloras estruturais.
  • Industrias verdes: Constitúen unha nova rama industrial. Teñen como obxectivo desenvolver tecnoloxías limpas para a industria.
  • Parque tecnolóxico: Espazo acoutado, xeralmente como polígono urbano, para a implantación de industrias que se benefician de servizos comúns, e que teñen como obxectivo a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.

Descargar

PDF Word HTML