Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Xeografía de Bacharelato

Glosario de termos de economía e xeografía

Xeografía5,83 KB

Economía

Balanza comercial

É un rexistro dos pagos e as cobranzas resultado do comercio de mercadorías. O saldo da balanza comercial é o resultado de restar as importacións ás exportacións realizadas por un país, podéndose reflectir superávit ou déficit.

Ex: A balanza comercial en España é negativa, aínda que nos últimos anos mellorou.

Economía somerxida

Conxunto de actividades económicas que se desenvolven de maneira subrepticia e escapan ao control fiscal e ás leis e normativas laborais.

Ex: O traballo doméstico non declarado.

Ecoturismo

É a actividade turística que se desenvolve sen alterar o equilibrio do medio ambiente e evitando os danos á natureza. Trátase dunha tendencia que busca compatibilizar a industria turística...

Seguir lendo "Glosario de termos de economía e xeografía" »

Dicionario de Termos Clave: Urbanismo, Xeografía e Sociedade

Xeografía4,75 KB

Área Suburbana

Territorio próximo ás cidades que polas súas características constitúe unha zona de transición entre o núcleo urbano propiamente e o espazo rural adxacente.

Área Metropolitana

Unha área ou zona metropolitana é unha rexión urbana que engloba unha cidade central que dá nome á área e unha serie de cidades satélites que poden funcionar como cidades dormitorio, industriais, comerciais e servizos, todo iso organizado dun xeito centralizado. Tamén se coñece como rede urbana.

Cualificación do Solo

Determinación do plan urbanístico consistente en detallar ou establecer pormenorizadamente o destino do chan previamente clasificado (urbano, urbanizable e non urbanizable). Con ela determínanse os usos e a edificabilidade...

Seguir lendo "Dicionario de Termos Clave: Urbanismo, Xeografía e Sociedade" »

O Sector Servizos en España: Características, Causas e Localización

Xeografía3,76 KB

O Sector Servizos

O sector servizos abrangue todas aquelas actividades que non se consideran agrícolas ou industriais. En España, este sector ocupa o maior número de traballadores. O sector servizos medrou tanto en importancia, como no número de persoas que ocupa e pola riqueza que xera. A distribución amosa grandes desigualdades e desequilibrios, e tende a concentrarse nas zonas con maiores niveis de renda.

Características do Sector Servizos

O sector terciario abrangue o conxunto de prestacións orientadas a satisfacer as necesidades e demandas da sociedade. É un sector moi heteroxéneo formado por actividades moi diversas. As características son:

  • Actividades intanxibles e inmateriais. O que se ofrece e se valora é a calidade da prestación
...
Seguir lendo "O Sector Servizos en España: Características, Causas e Localización" »

Transformacións Agrarias e Impacto Ambiental en España: PAC e Cambio Climático

Xeografía9,34 KB

Transformacións Recentes na Estrutura Agropecuaria Española

O espazo rural é o territorio non urbanizado da superficie terrestre. Historicamente, foi un espazo agrario onde se desenvolvían as actividades agrícolas, gandeiras e forestais.

A Poboación Rural e o Éxodo

A poboación ocupada nas actividades agrarias é escasa. A causa principal foi o éxodo rural entre 1960 e 1975. Posteriormente, a crise económica desacelerou o éxodo e incrementou a actividade agraria. Desde a década de 1990 obsérvase unha dualidade:

  • Descenso demográfico e envellecemento nas áreas desfavorecidas (debido á emigración e xubilación).
  • Recuperación e rexuvenecemento das áreas rurais máis dinámicas, favorecido polo asentamento de inmigrantes, o desenvolvemento
...
Seguir lendo "Transformacións Agrarias e Impacto Ambiental en España: PAC e Cambio Climático" »

Demografía e Movementos Naturais da Poboación Española

Xeografía3 KB

A demografía é a ciencia que estuda as características da poboación nun territorio dado. Estes datos obtéñense de dúas fontes oficiais:

  • O Censo de Poboación

    É o reconto dos habitantes dun país nun momento dado, que nos achega información sobre as características desa poboación, pero tamén sobre as vivendas. Realízase de xeito periódico cada 10 anos. Facíase levando un rexistro a cada casa ata o 2011, cando se comezou a facer un mostraxe estatístico e só se preguntou ao 10% dos fogares.

  • O Padrón Municipal

    É a ferramenta que se usa para computar de xeito oficial os habitantes do país e tamén o censo electoral, ou sexa, as persoas que teñen dereito a voto. Nútrese dos datos diarios que o concello lle proporciona.

Evolución

...
Seguir lendo "Demografía e Movementos Naturais da Poboación Española" »

Conceptos Demográficos e Urbanísticos Esenciais en Galego

Xeografía3,21 KB

  1. Poboación Activa

    Parte da poboación en idade de traballar. Se está traballando, denomínase ocupada; se non o está, desempregada.

  2. Esperanza de Vida

    Cálculo do número de anos que un individuo pode vivir, de media, no momento de nacer e ao acadar unha determinada idade, sempre que a mortalidade permaneza constante. Obtense a partir da taxa de mortalidade. A esperanza de vida en mulleres é de 85 anos, mentres que en homes é de 80 anos.

  3. Réxime Demográfico

    Modelo demográfico con determinadas características canto ao comportamento da natalidade e da mortalidade, coa conseguinte repercusión no crecemento natural ou vexetativo.

    • Antigo réxime demográfico: altas taxas de natalidade e mortalidade que dan lugar a un crecemento vexetativo escaso.
...
Seguir lendo "Conceptos Demográficos e Urbanísticos Esenciais en Galego" »

Crecemento Demográfico e Urbano no Século XIX: Impacto da Revolución Industrial

Xeografía2,35 KB

Crecemento Demográfico e Desenvolvemento Urbano no Século XIX

O século XIX marcou un punto de inflexión no crecemento demográfico e o desenvolvemento urbano. A urbanización foi unha resposta directa aos cambios económicos, sociais e tecnolóxicos da Revolución Industrial, pero tamén xerou desafíos sociais, sanitarios e ambientais que influíron na planificación urbana e nas políticas públicas dos séculos posteriores.

Crecemento Demográfico

O século XIX foi unha época marcada por un significativo aumento da poboación, especialmente en Europa e América do Norte. Entre 1800 e 1900, a poboación europea duplicouse, pasando de 200 a 400 millóns de habitantes. As causas principais foron as seguintes:

Revolución Agrícola e Industrial

  • A
...
Seguir lendo "Crecemento Demográfico e Urbano no Século XIX: Impacto da Revolución Industrial" »

Movemento Natural e Migratorio da Poboación en España

Xeografía3,32 KB

Desequilibrios Territoriais no Movemento Natural

O movemento natural é o crecemento ou decrecemento da poboación dun lugar por causas naturais. Actualmente, todas as Comunidades Autónomas posúen baixas taxas de natalidade, de mortalidade e de crecemento natural. As súas causas pódense dividir en:

  • Causas herdadas: o distinto comportamento tradicional da natalidade e as diferenzas de desenvolvemento económico, causantes das migracións.
  • Causas actuais: os novos factores de desenvolvemento económico a partir da crise e a inmigración estranxeira.

Comunidades con Maior Dinamismo Demográfico

Estas comunidades contan, respecto á media española, con taxas de natalidade máis elevadas, taxas de mortalidade máis baixas e crecemento natural máis...

Seguir lendo "Movemento Natural e Migratorio da Poboación en España" »

Impacto da actividade humana no efecto invernadoiro e na paisaxe galega

Xeografía3,29 KB

Efecto invernadoiro

Situación que se dá no planeta de forma natural pero que, nas últimas décadas, se acentuou pola actividade humana. A acumulación de emisión de gases procedentes da queima de combustibles fósiles crea unha capa que, como o teito dun invernadoiro, impide saír ao espazo a calor emitida pola terra e os océanos. Esta calor acumúlase e favorece o quecemento global. España emite 1.5 veces máis gases de efecto invernadeiro que a media europea.


Landa

Formación vexetal de matorral, característica da rexión euroibérica, resultado da degradación do bosque mixto atlántico. Presenta mato, aulaga e toxo, adaptándose a solos non aptos para cultivo.

Cordilleiras de plegamento

Elevacións montañosas da era Terciaria, resultado...

Seguir lendo "Impacto da actividade humana no efecto invernadoiro e na paisaxe galega" »

Conceptos económicos e demográficos importantes

Xeografía4,9 KB

Balanza Comercial

A balanza de pagamentos é unha conta que rexistra todas as transacións monetarias entre un país e o resto do mundo. Estas transacións poden incluír pagamentos polas exportacións e importacións do Estado en cuestión de bens, servizos, capital financieiro e transferencias financieiras. As fontes de fondos para un país rexístranse como datos positivos, mentres as importacións ou os investimentos en países estranxeiros se rexistran como datos negativos. Das subdivisións nas que se estrutura a balanza de pagamentos dun país, a balanza comercial é das máis coñecidas, na que entran o valor das exportacións e das importacións

Economía somerxida

Conxunto de actividades económicas que se desenvolven clandestinamente...

Seguir lendo "Conceptos económicos e demográficos importantes" »