Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas

A Transmisión Xeracional do Galego e os Prexuízos Lingüísticos

Lingua e literatura1,57 MB

A perda do galego como lingua inicial: datos e tendencias

Nesta gráfica observamos unha tendencia moi significativa en relación á lingua inicial: a adquisición do galego descende a medida que se descende en idade. Analizando os grupos de idade, vemos:

  • No grupo de persoas de máis idade (65 ou máis), o galego é a lingua inicial de case o 70% da poboación.
  • Para o grupo máis novo (de 5 a 14 anos), éo para apenas un 17,5% (aprox.).

Entre ambas franxas de idade, o descenso é gradual, pero é máis brusco nas bandas de idade de entre 50 e 64 anos e de 40 e 49 anos, que se corresponden cos proxenitores dos máis novos. Nesta xeración de 40 a 49 anos xa non é maioritario o galego como lingua inicial (case un 35%) fronte ao castelán (superior...

Seguir lendo "A Transmisión Xeracional do Galego e os Prexuízos Lingüísticos" »

Poesía Galega de Posguerra (1936-1976): Autores e Obras

Lingua e literatura3,25 KB

Poesía Galega entre 1936 e 1976

A poesía galega sufriu unha gran paralización despois da Guerra Civil. A primeira obra poética publicada relevante foi Cómaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño.

En 1950 fundouse a Editorial Galaxia. Esta editorial, aínda que se dedicou máis á narrativa e ao ensaio, tamén publicou importantes obras poéticas como Antifonía da cantiga de Ramón Cabanillas.

Principais tendencias da poesía de posguerra

As principais tendencias desta poesía, onde se produciron numerosos cambios sociais e culturais, foron:

  • Tendencias herdadas da preguerra: imaxinismo ou hilozoísmo, neotrobadorismo e ruralismo.
  • Paisaxismo renovador: céntrase na paisaxe dun sitio diferente.
  • Clasicismo e culturalismo: integra referencias doutras
...
Seguir lendo "Poesía Galega de Posguerra (1936-1976): Autores e Obras" »

Historia da Lingua Galega: Contexto e Normalización (1930-1936)

Lingua e literatura6,9 KB

O Galego na Primeira Metade do Século XX: Contexto e Normalización

1. Contexto Demográfico e Económico

En 1930, a poboación galega chegou a 2.230.000 habitantes, a pesar das persoas que emigraran nas décadas precedentes. Comezou a ser notoria a súa concentración en espazos urbanos e costeiros, en paralelo ao despoboamento da Galiza interior.

A economía galega caracterízase por:

  • Exportación de materias primas.
  • Escasa industrialización.
  • Fuga de capitais e de recursos humanos.
  • Inmobilismo nas estruturas agrarias.
  • Precariedade nas vías de comunicación.

Na agricultura iníciase unha renovación pola mecanización, a introdución de fertilizantes e o labor da Misión Biolóxica de Pontevedra. Na industria vaise producir un desenvolvemento, asentado...

Seguir lendo "Historia da Lingua Galega: Contexto e Normalización (1930-1936)" »

Promoción e Dignificación do Galego no Primeiro Terzo do Século XX

Lingua e literatura4,7 KB

A Situación Lingüística do Galego no Primeiro Terzo do Século XX

Neste tema imos falar da situación lingüística do galego durante o primeiro terzo do século XX e sobre as tres organizacións encargadas da promoción da lingua galega, que son: as Irmandades da Fala, o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos.

No primeiro terzo do século XX, Galicia segue tendo unha situación diglósica. O galego é a lingua maioritaria, pero considérase unha lingua inferior ao castelán. Prodúcense unha serie de cambios sociopolíticos:

Cambios Sociopolíticos Relevantes

  • O Agrarismo: É un movemento social que ten lugar no primeiro terzo do s. XX en Galicia. Consiste na loita do campesiñado (que abranguía o 90% da poboación) contra o caciquismo,
...
Seguir lendo "Promoción e Dignificación do Galego no Primeiro Terzo do Século XX" »

Rosalía de Castro: Obras e Legado Literario

Lingua e literatura3,04 KB

Obras en galego: Cantares gallegos

Cantares gallegos é o primeiro libro en galego. Estrutúrase cunha dedicatoria a Fernán Caballero e defínese como un libro folclórico e dignificador de Galicia. Consta de 36 poemas precedidos dun prólogo, no que a autora pide perdón polas faltas do libro. Ten un triplo obxectivo:

  • Reivindicar a capacidade do galego para o verso.
  • Denunciar o maltrato e a marxinación de Galicia.
  • Combater a falsa e negativa imaxe que tiña Galiza nesa época.

Os catro grupos de Cantares gallegos

  1. O prólogo e o epílogo: son a introdución e a despedida.
  2. Poemas folclórico-etnográficos: describen aspectos da vida en Galicia.
  3. Poemas de temática social e patriótica: tratan a situación de penuria e marxinación, con denuncia social
...
Seguir lendo "Rosalía de Castro: Obras e Legado Literario" »

Normalización Lingüística en Galicia: Retos e Accións Institucionais e Sociais

Lingua e literatura3,71 KB

1. Normalización Lingüística

A normalización lingüística é a recuperación dunha lingua que, sendo propia dunha comunidade, foi desprazada por outra foránea e viu restrinxidos os seus usos.

Está constituída por todas as medidas e accións legais, políticas, sociais e lingüísticas que teñen como obxectivo o uso normal dunha lingua.

O Caso Galego: Precedentes Históricos

Dende finais da Idade Media produciuse unha imposición do castelán. Esta política fixo que o galego se desenvolvese nunha situación de anormalidade lingüística durante máis de cinco séculos.

No último cuarto do século XX iniciouse o proceso de recuperación institucional. Na década dos 80, o proceso de normalización lingüística prodúcese dentro dun marco...

Seguir lendo "Normalización Lingüística en Galicia: Retos e Accións Institucionais e Sociais" »

O galego no primeiro terzo do século XX: Historia e lingua

Lingua e literatura3,31 KB

O galego no primeiro terzo do século XX

Características lingüísticas fundamentais

Inquedanza pola elaboración dun estándar para o galego. As Irmandades e o Seminario de Estudos Galegos levarán a iniciativa coa publicación do Vocabulario castellano-gallego e algunhas normas para a unificación do idioma galego. Algunhas son:

  • A escolla do i latino fronte ao grego.
  • As grafías ll e ñ.
  • A elección de x.
  • O abandono do apóstrofo.
  • A redución do uso do guión.
  • O uso do h etimolóxico.

Ademais, nesta época apareceron varias gramáticas, como a de Carré Alvarellos e a de Lugrís Freire.

Contexto histórico

  • Fúndase a RAG en 1905.
  • O movemento agrario remove as vellas estruturas sociais galegas.
  • Fúndanse as Irmandades da Fala; un obxectivo fundamental
...
Seguir lendo "O galego no primeiro terzo do século XX: Historia e lingua" »

A Literatura Galega na Postguerra: Xeracións e Autores

Lingua e literatura2,92 KB

A literatura galega na postguerra

Como consecuencia da Guerra Civil, desaparece case por completo a produción literaria en galego. Só continúa no exilio, onde poetas como Luis Seoane ou Emilio Pita fan poesía crítica e de compromiso. En Galicia hai unha tímida recuperación en 1947 coa publicación de “Cómaros verdes” e, dous anos despois, coa creación da editorial Galaxia.

Esta situación provoca que vexan a luz obras de tres xeracións diferentes:

  • Xeración do 36: Poetas nacidos entre 1910 e 1920. A guerra cólleos na súa xuventude e son de culturas e estilos moi diferentes. Destacan: Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro...
  • Nacidos entre 1920 e 1930: Viven o drama da posguerra e a pobreza cultural dunha sociedade censurada. Destacan:
...
Seguir lendo "A Literatura Galega na Postguerra: Xeracións e Autores" »

Historia de Galicia: galego e literatura (s. XV–XVIII)

Lingua e literatura2,57 KB

Galicia a fins da Idade Media (s. XV)

O reino de Galicia na Coroa de Castela

  • Desgaleguización da nobreza.
  • Desgaleguización da Igrexa.
  • Centralización do poder a partir do reinado dos Reis Católicos.
  • Galicia asiste ao desenvolvemento da Idade Moderna desde unha posición marginal.
  • Existía unha corrente de opinión defensora dos intereses galegos.

Galego-portugués, galego e portugués

  • Os portugueses inician unha expansión ultramarina que vai supoñer tamén o espallamento do idioma por África, Asia e América.
  • En Galicia non será posible a conformación dunha norma culta debido á crecente castelanización.

A etapa do galego medio (s. XVI–XVIII)

  • A decadencia política produciu un retroceso no ámbito da administración.
  • 300 anos nos que non houbo
...
Seguir lendo "Historia de Galicia: galego e literatura (s. XV–XVIII)" »

O Prerrexurdimento Galego: Contexto Histórico e Literario

Lingua e literatura4,66 KB

O Prerrexurdimento Galego

Contexto Histórico

Primeira Metade do Século XIX

No Estado Español
  • Guerra da Independencia.
  • Enfrontamentos entre liberais e absolutistas.
  • Constitución de 1812 (a *Pepa*).
  • Guerras Carlistas.
En Galiza
  • Crecemento demográfico.
  • Sistema foral.
  • Economía agrícola e pouca industrialización.
  • Forte emigración.
  • Sociedade estamental (*nobreza*, *clero* e *campesiñado*).

Contexto Lingüístico e Cultural

O centralismo español provoca que o galego se asocie coa pobreza e co atraso, mentres que o español se asocia co progreso. Isto acelera a substitución do galego polo castelán (*diglosia*).

A educación e os medios de comunicación funcionan como un aparello adoutrinador e desgaleguizador, xa que o castelán era o único idioma oficial....

Seguir lendo "O Prerrexurdimento Galego: Contexto Histórico e Literario" »