Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas

A Revolución Industrial e o Movemento Obreiro

Historia2,63 KB

A expresión de "Revolución Industrial" refírese ao conxunto de transformacións económicas baseadas na aplicación da máquina á produción que ocasionaron un enorme crecemento dos diversos sectores da economía. O proceso iníciase en Inglaterra no século XVIII e esténdese por Europa, Xapón e os EE. UU. ao longo do século XIX. Xa desde o século XVII se viña dando un proceso de renovación tecnolóxica que incrementaba progresivamente a produción, xa que as enerxías utilizadas anteriormente a esta revolución condicionaban a produción debido a depender de factores alleos ao home; por isto é fundamental a invención da máquina de vapor e a súa aplicación para mover as máquinas. Isto favoreceu a organización do traballo industrial...

Seguir lendo "A Revolución Industrial e o Movemento Obreiro" »

A Transición democrática en Galicia: Historia e contexto

Historia2,57 KB

A transición cara á democracia en Galicia

Galicia mantiña, a fins da ditadura franquista, un considerable atraso económico e social a respecto do conxunto do Estado. A inicios da Transición, continuaba a ser un país maioritariamente rural. O crecemento económico veu acompañado dun desenvolvemento urbano, cunha sociedade que comeza a mudar a medida que as cidades crecen, asumindo novos valores e costumes que nin o poder político nin o innegable peso da xerarquía eclesiástica puideron impedir.

Forzas políticas e oposición

Quen asumían posturas contra o réxime integraban forzas políticas da esquerda:

  • Partido Comunista (PCE): Coa mellor organización na época da clandestinidade.
  • Socialismo democrático: Caracterizado pola pluralidade
...
Seguir lendo "A Transición democrática en Galicia: Historia e contexto" »

Evolución do Constitucionalismo en España (Século XIX)

Historia2,76 KB

Cortes de Cádiz

  • Decretan a proclamación da soberanía nacional e a separación de poderes.
  • Abolición dos señoríos xurisdicionais e dos privilexios de orixe feudal.
  • Liberdade de imprenta sen censura previa.
  • Regulación do poder executivo.
  • Formación dos consellos populares e das deputacións provinciais.
  • Creación do Tribunal Supremo de Xustiza, partidos xudiciais e reforma das audiencias.

Constitución de 1812

  • Soberanía da nación.
  • Monarquía como forma de goberno.
  • Separación de poderes.
  • Defensa dos dereitos e liberdades dos cidadáns.
  • Unitarismo e centralismo político.
  • Catolicismo de Estado.

Liberalismo moderado

  • Monarquía constitucional.
  • Soberanía compartida.
  • Restrición da participación política.
  • Sufraxio censatario.
  • Limitación dos dereitos individuais.
...
Seguir lendo "Evolución do Constitucionalismo en España (Século XIX)" »

Cortes de Cádiz: decretos e Constitución de 1812 (A Pepa)

Historia3,31 KB

A labor das Cortes de Cádiz

A labor das Cortes de Cádiz foi destruír os fundamentos do A.R. pouco a pouco mediante os decretos. En Cádiz aparecen definidas varias posturas políticas:

Posturas políticas en Cádiz

  • Jovellanistas: modelo intermedio entre absolutistas e liberais.
  • Absolutistas: defenden os dereitos sagrados do monarca. Pretenden botar os franceses e repoñer a Fernando VII no trono, volvendo ao Antigo Réxime.
  • Liberais: burgueses e clases medias; loitan pola liberdade e por reformar o sistema político, acabando co Antigo Réxime. Queren o voto individual.

Os decretos

A obra lexislativa dos decretos das Cortes de Cádiz podemos dividi-la en aquelas leis que destrúen o A.R. (1810-1812) e aquelas que crean un novo réxime (1812-1814)...

Seguir lendo "Cortes de Cádiz: decretos e Constitución de 1812 (A Pepa)" »

Democracias, Totalitarismos e Crises: Anos 20 e 30

Historia2,99 KB

As Democracias Parlamentarias e os Felices Anos 20

Crecemento Económico eivado

  • Caída dos prezos agrarios.
  • Crise do téxtil e da siderurxia.
  • Proteccionismo.
  • Incremento das desigualdades sociais.
  • Endebedamento e sobreprodución.

Patrón cambio ouro.

Os Anos 30: A Gran Depresión

O Crack do 29

Primeiro os bancos, logo as empresas, despois o paro.

Resposta á Crise (ata o 33)

Repatriación de capitais, proteccionismo, deflación e redución do gasto público.

New Deal (ata o 39)

  • Regulación do sistema financeiro.
  • Construción de obras públicas.
  • Fixación de prezos mínimos e elevación dos salarios.
  • Creación dun sistema de protección social.
  • Diminución da produción agrícola.
  • Favorecemento ás grandes empresas e imposición dunha mellora das condicións sociais.
...
Seguir lendo "Democracias, Totalitarismos e Crises: Anos 20 e 30" »

Literatura Galega: Posguerra, Exilio e Renovación (1936-1976)

Lingua e literatura4,14 KB

Contexto histórico e cultural

Os avances que Galicia experimentara no primeiro terzo do século XX víronse interrompidos pola sublevación militar de 1936 e a posterior derrota da República na Guerra Civil, dando paso á ditadura franquista. Este réxime supuxo unha forte represión política e cultural, coa censura e a redución do uso público do galego, limitado ao ámbito familiar e rural. Moitos intelectuais foron exiliados ou silenciados, freando o desenvolvemento da literatura galega.

A partir dos anos 60, prodúcese unha mellora económica e unha modernización social, aínda que a recuperación cultural comeza xa nos anos 50 coa creación da editorial Galaxia.

O galeguismo na posguerra

Na posguerra, o galeguismo sobreviviu principalmente...

Seguir lendo "Literatura Galega: Posguerra, Exilio e Renovación (1936-1976)" »

A comunicación humana e a linguaxe

Lingua e literatura9,33 KB

Diferenzas entre comunicación animal e humana

A comunicación animal non ten dobre articulación, ao contrario da humana. Os animais usan diversas formas de comunicación:

  • Auditiva: sons.
  • Química: feromonas.
  • Visual: cores.
  • Táctil: apertas.
  • Corporal: movementos.
  • Eléctrica: estímulos.

A comunicación animal está ligada a situacións concretas e expresa estados específicos, mentres que a humana permite a transmisión cultural e é creativa. A animal mantén unha estrutura invariable e non pode enganar, en contraste coa humana. Ademais, a comunicación animal é unha reacción instintiva, mentres que a humana é voluntaria e adaptativa, con alcance ilimitado en comparación coas limitacións da animal.

A comunicación humana mestura verbalidade e...

Seguir lendo "A comunicación humana e a linguaxe" »

Poesía Galega Contemporánea: Tendencias e Xeracións (1970-2000)

Lingua e literatura5,84 KB

Os cambios que afectaron á sociedade galega a partir de mediados dos anos 70 (morte de Franco, promulgación da Constitución, Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística…) tamén se deixaron sentir na literatura, en xeral, e na poesía, en particular. As últimas décadas do século XX trouxeron consigo profundas transformacións no panorama poético galego. A pluralidade e heteroxeneidade de estilos, propostas e tendencias, dentro duns parámetros de calidade satisfactorios, marcan este período que coñeceu catro momentos importantes:

1. A Consolidación do Socialrealismo: Os Novísimos

Este primeiro momento caracterízase pola consolidación da estética do socialrealismo da man dos chamados "Novísimos". Son autores...

Seguir lendo "Poesía Galega Contemporánea: Tendencias e Xeracións (1970-2000)" »

Historia do teatro galego no primeiro terzo do século XX

Lingua e literatura5,06 KB

O teatro galego no primeiro terzo do século XX

A literatura galega do primeiro terzo do século XX conta xa cunha apreciable tradición histórica, a diferenza da do Rexurdimento, na que os autores tiveron que partir practicamente de cero á hora de escribir en galego. O acontecemento decisivo desta etapa é a aparición en 1916 das Irmandades da Fala, unhas asociacións que tiñan como obxectivo a defensa do idioma galego, combinada con todo un plan de rexeneración do país.

Como sabemos, o teatro é unha manifestación artística só parcialmente literaria e falar de teatro é falar de representación, de espectáculo e todo o que iso acarrexa: interpretación, dirección escénica, deseño dos decorados, vestiario, iluminación, música,...

Seguir lendo "Historia do teatro galego no primeiro terzo do século XX" »

A Literatura Galega no Século XX: Das Irmandades á Posguerra

Lingua e literatura2,93 KB

A renovación literaria no século XX

A principios do século XX, a calidade dos textos poéticos era inferior á dos do Rexurdimento. No 1916 xorden na Coruña as Irmandades da Fala, co obxectivo de expandir e dignificar o noso idioma. Para iso, botaron man da creación de editoriais como Lar e Céltiga, a tradución de obras universais e a diversificación dos xéneros literarios.

Os autores desta asociación intentaron superar a dexeneración estética que se estaba a dar na poesía do momento, caracterizada pola imitación dos tópicos e liñas temáticas do Rexurdimento (costumismo, reivindicación social e anticaciquil). Pretendían diversificar e renovar a poesía combinando a innovación das correntes europeas cos elementos tradicionais....

Seguir lendo "A Literatura Galega no Século XX: Das Irmandades á Posguerra" »